Caída da natalidade, desigualdade e precariedade

Chama a atención que os organismos económicos internacionais, por exemplo o FMI, que deberían ter unha visión xeral do estado da economía e das medidas a tomar para dar unha resposta axeitada, reflictan na maior parte das súas análises con criterios dunha empresa privada, onde o emprego e a produtividade son subsidiarios do incremento da produción-vendas e dos beneficios. Daquela que nun recente informe sobre a América Latina poñen o acento na caída da taxa da natalidade e de como esta vaise reflectir no medre do PIB, sen ter en consideración a relación directa entre demografía-produción-condicións laborais-prestacións públicas-urbanización-infraestruturas-ecoloxía,… Ou sexa: substentabilidade e calidade de vida.

Continue reading →

Xogar co emocional ou debate de proxectos

Pódense crer ou non os resultados da última enquisa do CIS que dan un aumento moi grande para o PSOE, superando en case que dez puntos ao PP, e amosando un forte cambio na tendencia do voto respecto da maioría das enquisas realizadas antes do período de reflexión de Pedro Sánchez. O resultado do CIS corresponden a unha mostra feita nun dos días que se tomou Pedro Sánchez para decidir se continuaba o non como Presidente do Goberno. Os resultados da enquisa reafirman a sua figura e ademais amosan un reaxer positivo dun sector importante da sociedade contra a utilización política do insulto, os ataques carentes de argumentos, e as falsas denuncias de corrupción como medio político.

Continue reading →

Día Internacional da Clase Traballadora

Mais unha vez a clase traballadora mundial lembrará o seu día o vindeiro 1º de maio. A data foi instituída pola Segunda Internacional no ano 1889, reunida en París, como unha xornada reivindicativa e en lembranza das loitas e sacrificios do movemento obreiro e como homenaxe aos mártires de Chicago. Folgas e mobilización masivas que reclamaban en 1886 a xornada laboral de oito horas nos Estados Unidos, e que foron duramente reprimidas cun criterio exemplarizante. A nación galega non foi allea ao momento e sentir na clase obreira mundial e da decisión da Internacional. No ano 1890 celebrouse o 1º de maio, e no ano 1891 realizouse unha folga xeral na Coruña a prol da xornada de oito horas (para unha semana laboral de seis días); e en 1892 saia do prelo o periódico “El Obrero” en Ferrol.

Continue reading →

A revolución dos Caraveis, o exército e o povo toman as rúas e o poder

A Revolución de abril foi un berro de liberdade, que hai medio século escoitouse moi forte desta banda do Miño, na Galiza, xa que deu folgos aos partidos políticos e organizacións sociais que loitaban dende a clandestinidade contra a ditadura franquista. Ademais, despois da represión sobre o nacionalismo en agosto de 1975, algúns militantes cruzaron a fronteira e na súa residencia temporal en Portugal recolleron experiencias que contribuíron ao desenvolvemento posterior do movemento político e social na nación galega.

Continue reading →

“Estilo Galicia”

Alfonso Rueda, na súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galiza, reivindicou o “estilo Galicia”. Segundo os medios este estilo fai fincapé: “na moderación política, fuxir dos extremismos, alentar a estabilidade e reclamar o que se necesita, mais sempre respectando as regras de xogo e o marco autonómico e constitucional”. Ou sexa, segue a mesma liña do PP das últimas décadas, que cómpre recoñecer que até agora deulle tan bo resultado electoral. Aínda que a postura do Alcalde de Ferrol, figura destacada no seu partido, respecto da lingua galega coloca a Galiza nun carácter subalterno nun aspecto esencial da súa identidade… Era tan evidente a contradición que tivo que dar marcha atrás axiña pola presión social, mais tamén, seguramente, polo tirón de orellas do partido a nivel galego,… a actitude de submisión ao centralismo era demasiado ostentosa e agresiva.

Continue reading →

Primeiro de Maio: lembranza e reivindicacións

No ano 1889 noPrimeiro Congreso da 2ª Internacional, realizado en París, acordouse celebrar todos os anos o 1º de maio como xornada reivindicativa do proletariado mundial (centrada naquel intre na redución da xornada). A clase traballadora da nación galega non era allea ao sentir da Internacional, e no ano 1891 realizouse unha unha folga xeral na Coruña a prol das oito horas de xornada (para unha semana laboral de seis días).

Continue reading →

Uruguai e Allariz unidos polos “Charrúas”

Manuel Suárez publicou hai máis dunha década un artigo, moi documentado e interesantei no que sinalaba que a denominación dos indios Charrúas provén, con toda seguridade, do nome das máscaras que se utilizan durante o entroido na vila de Allariz (máscaras que en Laza e Verín chámanse “peliqueiros” e en Xinzo “pantallas”). Súarez, emigrante desde neno no Uruguai, e que retornou xa hai anos a Galiza, ten varios libros sobre o tema emigratorio e a pegada deixada polos galegos e galegas alén mar (Memorias rioprantenses; Emigración galega no tango riopratense) así como numerosos artigos.

Continue reading →

A auto-organización a nivel nacional é fundamental

Na súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda reivindicou con todo o cinismo do mundo que o proxecto do PP é o “estilo Galicia”, o que xustificaría os bos resultados nas eleccións, xa que serían unha proba da identificación entre o povo galego e a dereita españolista. Obvia que o censo electoral é de 2.245 mil persoas (excluíndo o voto externo) e que obtivo un respaldo do 32,07%. Vale, non hai dúbidas, o PP foi o partido máis votado entre as persoas que o fixeron, obtivo a maioría dos deputados/as, mais iso non implica que ten o respaldo de todo o povo galego. Unha parte votou por outros partidos e moitos/as abstivéronse. En poucas palabras, en cada tema a Xunta debe gañar as votacións no Parlamento, algo que ten garantido, porén tamén o debate social, e isto non está revalidado máis que parcialmente e depende de cada cuestión, aínda que pretenda ignoralo.

Continue reading →

Arxentina, inflación e axuste social

Todas as expectativas de Milei, para manter vivo algún dos obxectivos prometidos na campaña electoral, están hoxe centradas na caída da inflación, que superou o 20” mensual nos dous primeiros meses do ano, xa que as previsións son de que en marzo suba o 13% (outros falan que sería do 15%), aínda que en termos anuais superará o 280%. O aumento este mes dos prezos do gas, electricidade, telecomunicacións e transporte (como mínimo) pode dar un carácter moi conxuntural a esta tendencia á baixa, e mesmo estancala ou revertela durante os próximos meses, aumentado a pobreza e desemprego, diminuíndo o consumo, e mantendo unha tendencia do PIB regresiva.

Continue reading →

Gaza, medio ano de masacre e destrución

Xa hai máis de medio ano que o exército israelí está masacrando ao povo palestino, especialmente en Gaza. Moitos analistas, partidos e países o cualifican como un xenocidio, tendo en consideración que van máis de 33 mil persoas mortas  (un 70% mulleres e nenos/as) e 75 mil feridas, 1,9 millóns de desprazados, pra un total de 2,4 millóns de habitantes. Agora ben, tampouco se pode obviar que en Cisxordania, que non está en guerra, durante este período os colonos israelís mataron e feriron a centos de palestinos e expulsáronos a moreas; e son uns 5 mil os detidos desde o 7 de outubro. 

Continue reading →