A revolución dos Caraveis, o exército e o povo toman as rúas e o poder

A Revolución de abril foi un berro de liberdade, que hai medio século escoitouse moi forte desta banda do Miño, na Galiza, xa que deu folgos aos partidos políticos e organizacións sociais que loitaban dende a clandestinidade contra a ditadura franquista. Ademais, despois da represión sobre o nacionalismo en agosto de 1975, algúns militantes cruzaron a fronteira e na súa residencia temporal en Portugal recolleron experiencias que contribuíron ao desenvolvemento posterior do movemento político e social na nación galega.

Continue reading →

O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

Alxeria e Galiza, para alén do gas

Alxeria está de actualidade polo conflito orixinado co Estado español respecto do subministro de gas, por mor do recoñecemento por parte do Governo de Sánchez do Sáhara occidental como parte do territorio marroquí, rachando co do dereito á autodeterminación en concordancia coa postura da ONU. Daquela que algúns medios destacasen que o cinco de xullo celebrouse en Alxer o sesenta aniversario da declaración da independencia cun gran desfile militar.

Continue reading →

Autonomía, estado libre, república galega

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O 28 de xuño cúmprense 86 anos da aprobación do Estatuto de Autonomía da Galiza durante a 2ª República. O texto aprobado en 1936 recoñecía ao noso país como unha “rexión autónoma no Estado español dacordo coa Constitución da República e o presente Estatuto”. Unha das particularidades é que permitía a incorporación posterior de territorios limítrofes con características históricas, culturais, económicas e xeográficas iguais, en clara referencia ao Bierzo, á zona galego falante de Asturias e da Seabra en Zamora.

Continue reading →

Insurrección de 1846:para que nos teman e nos respecten

O levantamento de abril de 1846 fixo que a atención do Estado español se centrase na Galiza. Todo comezou o 2 dese mes cando se pronunciou en Lugo o segundo batallón do Rexemento de Zamora que estaba de paso para Valladolid, baixo o mando de Miguel Solís. O obxectivo do exército español era afastalo da Coruña, unha cidade liberal na que xunto con Ferrol estábase a preparar unha insurrección contra o governo conservador de Ramón Narvaez (reinaba Isabel II)

Continue reading →

Cando Portugal proclamou a República

A proclamación da República en Portugal, o 5 de outubro de 1910, tivo unha grande repercusión na Galiza. A revista “Vida Gallega” de Vigo adicáballe tres páxinas ao tema con numerosas fotos, informando que o triunfo chegou: “despois dunha breve loita entre as tropas e o povo sublevado e as escasas forzas leais á causa monárquica (…) Este movemento revolucionario foi provocado polos desacertos dos últimos governos da monarquía, que non souberon dar resposta ás xustas reivindicacións liberais do povo (…) a República ficou instaurada baixo un governo provisional que preside o ilustre catedrático Teófilo Braga”. Nas fotos aparece unha única muller, Amelia Santos, sostendo un revolver nas barricadas, que seica era galega. Daquela había unha numerosa colonia de emigrantes galegos e galegas en Lisboa.

Continue reading →

A século e medio da Comuna de París

En 1866 Francia tiña 38 millóns de habitantes, daquela era o país máis povoado de Europa. París atinxía 1.850.000 habitantes. De 1830 a 1850 a industria téxtil empurrou pola economía, e a partir dese momento fíxoo a metalurxia e os ferrocarrís, de tal xeito que en 1870 a rede de camiños de ferro acadaba os 18.000 quilómetros. Esta mellora económica non chega á clase obreira, que perde poder adquisitivo. A xornada laboral en París é de 11 horas ao día e, como media, e de 12 horas nas provincias. En 1868 organízase a Federación Central de Sindicatos Obreiros en estreita relación coa Primeira Internacional. Sucédense acotío conflitos laborais, que son cruelmente reprimidos; por exemplo: en 1869 nas minas Saint Etienne, o exército matou a trece persoas e feriu outras nove.

Continue reading →

Camilo Torres, un crego na guerrilla

Camilo Torres naceu o 3 de febreiro de 1929 en Bogotá, Colombia, e simboliza na América Latina o papel dun sector da igrexa católica profundamente comprometido na loita contra a desigualdade, a inxustiza. Daquela que no ano 1965 se unise ao movemento guerrilleiro no seu país, o que lle custaría a vida xa que morrería o 15 de febreiro de 1966, hai 55 anos, nunha emboscada do exército. Pertencía a unha familia acomodada. En 1954 foi ordenado crego, e un ano despois sería nomeado vicerrector do Colexio para América Latina, seminario fundado en Lovaina polo bispado belga. No ano 1958 graduase como licenciado en Ciencias Sociais. No ano 1959 volve a Bogotá e comeza a traballar na Universidade Nacional como profesor do Departamento de Socioloxía.

Continue reading →

Tixolo a tixolo

Ficamos nunha conxuntura histórica como consecuencia da crise do sistema capitalista, acentuada pola pandemia. Ou sexa, atopámonos nun intre onde a disputa entre potencias é tan aguda que se pode transformar a realidade da humanidade, abrindo ademais unha nova etapa na loita de clases. Mais este cambio, que podería ser favorábel ás clases populares e nacións subalternas, non está garantido e pode substituírse (por un tempo) utilizando novas medidas represivas e realizando cambios cosméticos. Polo tanto a esta altura son varios os escenarios posíbeis, polo que ninguén sabe cando se vai producir este cambio cualitativo, tanto no aspecto nacional como social, porque implica un mundo multipolar e unha forte modificación da correlación de forzas a prol das clases populares. E neste aspecto, ademais da planificación e organización en cada país, é fundamental que en distintos lugares e mesmo por diferentes razóns xurda e se estenda a ruptura co capitalismo.

Continue reading →

O México da constitución máis avanzada

O vindeiro 20 de novembro cúmprense 110 anos da proclamación de Francisco Madero convocando ao povo mexicano a se erguer en armas contra o ditador Porfirio Díaz, que governaba dende había 34 anos. O levantamento fracasou, mais algúns grupos de campesiños e obreiros rurais armados, sen conexión co partido de Madero, iniciaron a loita armada nas provincias do norte, dirixidos por figuras como Francisco Villa e Pascual Orozco, e axiña sucedería o propio no sur do país, onde destacou Emiliano Zapata. Polo que esta proclama considerase o inicio da longa e cruenta loita revolucionaria que transformou México. Lembremos algúns dos feitos máis relevantes.

         Continue reading →