“Estilo Galicia”

Alfonso Rueda, na súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galiza, reivindicou o “estilo Galicia”. Segundo os medios este estilo fai fincapé: “na moderación política, fuxir dos extremismos, alentar a estabilidade e reclamar o que se necesita, mais sempre respectando as regras de xogo e o marco autonómico e constitucional”. Ou sexa, segue a mesma liña do PP das últimas décadas, que cómpre recoñecer que até agora deulle tan bo resultado electoral. Aínda que a postura do Alcalde de Ferrol, figura destacada no seu partido, respecto da lingua galega coloca a Galiza nun carácter subalterno nun aspecto esencial da súa identidade… Era tan evidente a contradición que tivo que dar marcha atrás axiña pola presión social, mais tamén, seguramente, polo tirón de orellas do partido a nivel galego,… a actitude de submisión ao centralismo era demasiado ostentosa e agresiva.

Continue reading →

Boas palabras

A intervención de Sarkozy no Foro de Dávos pedíndolle aos homes máis ricos do mundo, e aos que os arroupan na loita das ideas, unha reforma do sistema financeiro e mesmo unha redifinición das bases do capitalismo, polo ben do propio sistema, é predicar no deserto. Sen dúbida o presidente de Francia sabe abondo isto, e o único que pretende é amosar diante da opinión pública do seu país, critica diante de como se esta saldando a crise, que está facendo todo o que pode para rematar coa especulación financeira e as burbullas económicas. Claro que, para calquera que pense un chisco, resulta paradoxal que tendo a capacidade de gobernar non converta os desexos en leis, a menos que a dependencia dos grupos económicos sexa tan grande que necesite previamente o seu aval. Se fora deste xeito pode esperar sentado…
Continue reading →