Gaza, medio ano de masacre e destrución

Xa hai máis de medio ano que o exército israelí está masacrando ao povo palestino, especialmente en Gaza. Moitos analistas, partidos e países o cualifican como un xenocidio, tendo en consideración que van máis de 33 mil persoas mortas  (un 70% mulleres e nenos/as) e 75 mil feridas, 1,9 millóns de desprazados, pra un total de 2,4 millóns de habitantes. Agora ben, tampouco se pode obviar que en Cisxordania, que non está en guerra, durante este período os colonos israelís mataron e feriron a centos de palestinos e expulsáronos a moreas; e son uns 5 mil os detidos desde o 7 de outubro. 

Continue reading →

Gaza, a negociación é a única solución (con futuro)

Malia o control que ten os Estados Unidos e Israel, e seus aliados máis próximos, sobre os medios de comunicación, a visión que ten unha parte moi grande da humanidade dos bombardeos e ocupación da Franxa de Gaza, así como da situación na Cisxordania, é que se trata dunha verdadeira masacre do povo palestino. Na maior parte do mundo, especialmente nos países musulmáns e da periferia, vese a acción militar como unha persecución por parte do Governo israelí para despoxar aos palestinos/as do territorio, e mesmo un xenocidio se temos en consideración que número de mortos civís multiplica varias veces o de combatentes de Hamás. Ao que se engade a destrución de infraestruturas, igrexas, mesquitas, centros da ONU, así como escolas, hospitais, vivendas e todo tipo de edificios cun fin económico, deportivo, cultural…

Continue reading →

Quen debe pagar a reconstrución?

A medida que se prolonga a guerra, aumenta a desfeita de infraestruturas e a masacre da povoación de Gaza, por parte do exército israelí, os planes do Governo de Netanyahu semellan cada vez máis claros, respecto de que a liberación dos reféns e a destrución de Hamás son a gran escusa pra facer inhabitábel polos palestinos/as a Franxa, cando menos a curto prazo. Non sería unha novidade, o Estado Israelí construíuse ocupando territorio e desprazando á povoacion palestina a países limítrofes (Xordania, Líbano, Siria…). Ademais, neste caso concreto, non se pode obviar o interese de Israel nas importantes reservas de gas que hai na costa da Franxa de Gaza, e non son poucos os que especulan coa construción dunha nova canle que una o Mar Roxo e o Mediterráneo suplindo en boa medida a canle de Suez.

Continue reading →

A reconstrución de Gaza

Sen dúbida é difícil poñer datas ao final da guerra entre Israel e Hamas, máxime cando a  confrontación pódese estender aos países limítrofes, e Netanyahu tampouco aclara cal é o final da súa folla de ruta. Só así se entenden as ofensivas militares e ameazas de invasión contra os grupos que atacan esporadicamente o norte de Israel desde o sur do Líbano e Altos do Golán en Siria. Ou a pasividade que amosou o governo de Netanyahu, malia a presión social, para abrir negociacións con Hamas respecto do resto dos reféns israelís, e que este tema pasase a primeiro plano na última semana. Todo fai pensar que se adían os tempos xogando con temas sentidos pola povoación israelí, mentres se manteñen como unha constante as accións devastadoras en Gaza e represivas en Cisxordania.

Continue reading →

A única saída é a negociación

Con toda seguridade cando se publique este artigo o número de persoas mortas en Gaza supere as vinte mil, unha gran parte delas menores e mulleres, aínda que para alén da idade e o sexo, o realmente importante é que falamos de persoas, que ademais son civís, e que son considerados polo Governo israelí como se fosen inimigos, milicianos, polo simple feito de seren palestinos/as. Utilizar o argumento de que foi Hamas quen rachou a tregua, é unha escusa moi pobre, cando nos días que durou houbo incumprimentos por ambos bandos.

Continue reading →

Israel, perder a guerra no humanitario

Non son dos que pense, como algúns medios e analistas especulan, que Hamas e outras milicias rexionais terminaran por derrotar a Israel e aliados, ou cando menos alongar durante moitos meses a guerra converténdoa nunha pesádela a ofensiva na Franxa de Gaza. Tomar unha cidade non é doado, máxime cando falamos de máis de dous millóns de persoas, e que os grupos milicianos cos que confronta seica superan os 25 mil. Mesmo así arrodear por mar e terra o territorio é sinxelo, agás unha estreita franxa. Límita con Exipto que, lembremos, ten pechado o libre paso.

Continue reading →

A dobre vara de medir ao descuberto

Os países occidentais non queren aceptar que a correlación de forzas variou sensibelmente no mundo nas últimas décadas, malia as inmensas expectativas que se depositaron na globalización neoliberal polas corporacións do Estados Unidos e tamén, aínda que nun lugar secundario, pola Unión Europea e outros aliados. Era a permanencia secular do sistema imperialista. Non foi así porque a historia da humanidade vive nunha constante transformación, e porque o sistema está ateigado de contradicións: graves problemas ecolóxicos, dependencia da periferia respecto de materias primas esenciais e de procesos industriais, mobilidade estrema, medre demográfico nas potencias emerxentes fronte a unha crise de natalidade no centro,… Ou sexa, un cambio na correlación de forzas. Existe polo tanto un fortalecemento do mundo multipolar, e cunhas cadeas de valor moito menos mundializadas e moi diversas.

Continue reading →

Israel-Palestina, reaxer con perspectivas de futuro

Os feitos amosan atrevemento e capacidade, mais os métodos son arrepiantes. Falo do modo no que os milicianos de Hamás asaltaron o territorio limítrofe de Israel coa Franxa de Gaza, ocupando a zona, collendo reféns co obxecto de trocalos por palestinos presos nas cadeas israelís, e disparando indiscriminadamente sobre a xuventude reunida nun festival, deixando moreas de mortos e feridos. Son métodos terroristas que non se poden xustificar, mesmo tendo presente a actitude represiva dos governos israelitas e que Gaza sexa un inmenso campo de concentración, onde impera a precariedade, a pobreza e o terror. Temos unha situación semellante na Cisxordania. Cunha axuda internacional que evita a fame, máis non aporta solucións de futuro.

Continue reading →