Día Internacional da Clase Traballadora

Mais unha vez a clase traballadora mundial lembrará o seu día o vindeiro 1º de maio. A data foi instituída pola Segunda Internacional no ano 1889, reunida en París, como unha xornada reivindicativa e en lembranza das loitas e sacrificios do movemento obreiro e como homenaxe aos mártires de Chicago. Folgas e mobilización masivas que reclamaban en 1886 a xornada laboral de oito horas nos Estados Unidos, e que foron duramente reprimidas cun criterio exemplarizante. A nación galega non foi allea ao momento e sentir na clase obreira mundial e da decisión da Internacional. No ano 1890 celebrouse o 1º de maio, e no ano 1891 realizouse unha folga xeral na Coruña a prol da xornada de oito horas (para unha semana laboral de seis días); e en 1892 saia do prelo o periódico “El Obrero” en Ferrol.

Continue reading →

Discurso de guerra e reaxuste a todos os niveis

Ás declaracións do Primeiro Ministro polaco, respecto de que a Unión Europea está nunha situación de preguerra, súmase a de outros mandatarios europeos, como as de Macron presidente de Francia que anticipa que estaría disposto a enviar tropas á Ucraína, para evitar que venza nesta guerra a Federación Rusa, ou que se asine un pacto de paz que favoreza a Moscova e fortaleza un mundo multipolar. Ou sexa, que na UE sen consultalo coa povoación, nen tratalo nos parlamentos, estase impoñendo desde os executivos e medios de comunicación sistémicos a mensaxe da belixerancia como única saída. E isto implica que en calquera momento pódese converter o conflito entre Ucraína+OTAN nunha guerra europea e mesmo mundial, malia que ese non sexa o obxectivo final dos que aumentan a tensión. O perigo dunha guerra nuclear son evidentes, cando cada día dáse un novo paso no enfrontamento, e ambas partes contan con medios abondo neste aspecto. Daquela non habería triunfadores, xa que ninguén pode garantir que os ataques fosen localizados e moi limitados.

Continue reading →

De xardíns e selvas en todas partes

Ficamos nunha etapa na que as potencias (o gran capital) non dan resolto o papel que lle corresponde a cada unha na cadea de valor, polo que foise agudizando a confrontación en todos os ámbitos, tanto nos contidos como nas formas. A tendencia é especialmente negativa para os Estados Unidos e aliados (baixo aumento do PIB), mentres non deixa de medrar o papel económico e militar das potencias emerxentes (Rusia, China, India, Brasil, Indonesia, Iran, Turquía…). Algunhas desta últimas están agrupadas agora nos BRICS que se ven como unha alternativa (en construción e de diversidade), e por parte de moitos países que buscan rachar as súas relacións neocoloniais, de intercambio desigual co imperialismo de Estados Unidos; así como coa UE, Reino Unido, Xapón… que xogan un papel sub-imperialista, dado a súa dependencia de Washington.

Continue reading →

Dependencia e exportación de recursos

Son preocupantes as análises respecto da crise da industria en Alemaña, a locomotora da UE, tendo en consideración que é un sector central na actividade económica, polo que as eivas que atrancan o desenvolvemento son importantes. Entre os motivos da crise sen dúbida están o aumento do prezo da enerxía e materias primas, tanto sexa pola guerra na Ucraína e as sancións a Rusia, como polo afastamento planificado nas relacións comerciais con China. Unha estratexia coa que se pretende frear e reverter o avance das potencias emerxentes, e impedir a consolidación dun mundo multipolar. Aínda que até agora os maiores custes desta folla de ruta son para a Unión Europea, que pretendía manter con esta estratexia intacto seu papel subimperialista, xa que na práctica fortaleceu a súa dependencia militar e económica de USA e foi perdendo peso internacional en todo os eidos. 

Continue reading →

A UE sen unha alternativa viábel

As cousas non van ven para Unión Europea; aínda que viña de antes, e trátase dunha situación que se consolidou coa guerra na Ucraína. En termos económicos destaca que o PIB está conxelado ou con crecementos mínimos, especialmente nas súas dúas locomotoras, Alemaña e Francia. Así mesmo resulta evidente que se perdeu capacidade competitiva (por un custe da enerxía máis alto), a caída do sector industrial e das exportacións, polos cativos avances en tecnolóxica e innovacións, e unha actitude belixerante co principal socio comercial: China. Ademais, o rol desempeñado no plano internacional reflexa a incapacidade de dobregar a Rusia na guerra na Ucraína, o que dá forza en materia de soberanía aos países que tiñan un papel subalterno na cadea de valor, así como ás potencias emerxentes: E, o máis grave, aumenta a dependencia da UE respecto dos Estados Unidos, un papel secundario, por debaixo da dinámica de aliados e un rol subimperialista que viña cumprindo con anterioridade.

Continue reading →

A UE sen folla de ruta?

As cousas non van ven pra Unión Europea. En termos económicos o medre do PIB está conxelado ou con crecementos mínimos, especialmente nas súas dúas locomotoras, Alemaña e Francia. Por motivo da perda de capacidade competitiva (por un custe da enerxía máis alto), a caída do sector industrial e das exportacións, e unha actitude belixerante co seu principal socio comercial: China. Ademais, en termos do rol desempeñado no plano internacional, a incapacidade de dobregar a Rusia na guerra na Ucraína, dá azos aos países que tiñan un papel subalterno na cadea de valor, así como ás potencias emerxentes, e aumenta a dependencia da UE respecto dos Estados Unidos.

Continue reading →

Afastamento entre os governantes e o povo

Se Rusia foran os Estados Unidos ou algún dos seus países aliados as declaracións de Macron abrindo a porta a unha intervención directa de tropas de países da Europa occidental na guerra da Ucraína serian antidemocráticas, autoritarias, xa que non foron debatidas previamente consultadas en ningún parlamento. Daquela que semelle que esta ameaza ten a finalidade de distraer a atención do povo francés en relación coa crise económica, causada en boa medida polas sancións a Rusia; ou incidir nas eleccións presidenciais na Federación Rusa evitando a continuidade de Putin. Se fose este ultimo o obxectivo sería difícil de logralo porque en xaneiro un 85% da povoación aprobaba a xestión de Putin e ademais este ultimo mes consolidáronse os avances rusos na fronte da guerra. 

Continue reading →

Macron xogando aos vaqueiros

Unha guerra é un tema moi serio, tráxico, como amosan na Ucraína os centos de miles mortos e feridos, así como a destrución de infraestruturas, dos desprazamentos de povoacion, da queda da actividade económica, e da mala situación anímica das persoas afectadas. Polo tanto buscarlle unha saída inmediata é o lóxico e necesario, sabendo que implica concesións e garantías por ambas partes, especialmente por aquela que orixinou o conflito. E no caso da guerra da Ucraína malia que Rusia foi quen decidiu a intervención había causas previas. A OTAN colocaba en perigo a seguridade estratéxica da federación, e Kiev incumpriu os acordos para outorgar a Donetsk e Lugansk unha ampla autonomía e mantivo bombardeos continuos desde 2014 (causando 14 mil mortos civís) sobre as dúas repúblicas que se opuxeron ao centralismo de Kiev e ao golpe de Estado do “Maidan”.  

Continue reading →

O agro esperta

Durante os últimos meses as protestas no agro son cada vez máis fortes. Estas encetaron nos países do leste da Unión Europea fronteirizos coa Ucraína, por mor da entrada da produtos agrarios libres de calquera taxa coa escusa da guerra con Rusia, aos que ademais non se lle exixían os mesmos requisitos de calidade que aos producidos dentro da Unión. O corte de estradas dos agricultores contou cun gran apoio social, aínda que desde organismos executivos da UE houbo máis sensibilidade en relación co conflito na Ucraína que preocupación pola situación do agro.

Continue reading →