Primeiro de Maio: lembranza e reivindicacións

No ano 1889 noPrimeiro Congreso da 2ª Internacional, realizado en París, acordouse celebrar todos os anos o 1º de maio como xornada reivindicativa do proletariado mundial (centrada naquel intre na redución da xornada). A clase traballadora da nación galega non era allea ao sentir da Internacional, e no ano 1891 realizouse unha unha folga xeral na Coruña a prol das oito horas de xornada (para unha semana laboral de seis días).

Continue reading →

A mobilización, conciencia e a hexemonía do relato

Este 1º de maio as mobilizacións da CIG acolleron un número de manifestantes maior ao de anos anteriores en case todas as cidades e vilas. Por exemplo, na realizada na Coruña calculo que a participación superou as 1.500 persoas, axuntando máis xente que a realizada por CC.OO-UGT, malia o protagonismo que os medios sistémicos lle dan a estas centrais sindicais, porque fan do pacto o seu eixo da acción sindical. Ademais, un dato de importancia a ter en consideración é que había unha presenza salientábel da mocidade e de familias.

Continue reading →

Un 1º de maio pra marcar liña

Un ano máis neste Primeiro de Maio as principais centrais sindicais na Galiza realizaran convocatorias distintas. Ten súa lóxica porque, como tamén acontece co 10 de Marzo, trátase dunha data na que ademais das reivindicacións especificas do momento, marcase a liña estratéxica e a folla de ruta. Resulta evidente que nas últimas décadas abriuse unha fenda entre un sindicalismo que toma a iniciativa na mobilización e na divulgación social pra chegar cunha postura de forza aos convenios, e outro que parte dun derrotismo histórico aceptando o marco global imposto polo capital, o que o fixo moi dependente nas negociacións das posturas da patronal e da política económico-social do/dos partidos no Governo.

Continue reading →

O 1º de maio e os mártires de Chicago

No ano 1886 o presidente dos Estados Unidos promulgou a lei que fixaba a xornada de oito horas, porén non entrou en vigor. Polo que a Federación de Organizacións de Sindicatos de Traballo e Comercio dos EEUU decidiron realizar unha folga xeral a partires do 1 de maio. Ese día uns 190.000 traballadores/as pararon. A maior parte conseguían que a patronal cedese para evitar a folga, e outros 50.000 acadarían este obxectivo antes de rematar o mes.

Continue reading →

Non son tempos para as ambigüidades

A caída do PIB no Estado español nun -0.5% no primeiro trimestre do ano, respecto do ultimo trimestre do ano anterior, non é unha boa noticia, máxime cando o consumo das familias baixou nun -1% e as axudas das organizacións sen fin de lucro aos fogares nun -2,1%. Son dados que deixan en evidencia, que os efectos beneficiosos dos ERTEs, o IMV, ademais das súas limitacións non compensan a degradación dos ingresos, especialmente nos colectivos vulnerábeis, en precario e por debaixo da liña de pobreza.

Continue reading →

1º de maio, lembranza e reivindicación

Este será o segundo ano no que o 1º de maio estará condicionado pola pandemia do covid-19, polo que as centrais sindicais convocaran mobilizacións na Galiza con todas as precaucións sanitarias necesarias. Este día, ademais da lembranza histórica aos mártires de Chicago, hai reivindicacións urxentes, como consecuencia da crise do capitalismo. Un sistema que a pandemia deixou espido, evidenciando a fraxilidade do ser humano, a ruptura do equilibrio coa natureza, a desigualdade social e territorial, a precariedade, a militarización, e a utilización da mentira e especulación financeira.

Continue reading →

O 1º de maio e os mártires de Chicago

Este ano non se poderá celebrar con mobilizacións o Dia Internacional da Clase Traballadora, na inmensa maioría dos países do mundo; por mor do confinamento que ten como finalidade reducir os efectos do Covid-19. Aínda que con seguridade realizarase algún tipo de acción simbólica, especialmente por parte do sindicalismo combativo. Hai que se remontar á ditadura franquista, cando as mobilizacións estaban prohibidas, para atopar unha situación semellante. A principios da década dos setenta comezáronse a realizar pequenas concentracións, disolvidas axiña pola policía con métodos represivos; mesmo foi así na primeira etapa do governo de Adolfo Suárez. Sería no ano 1978 cando se puido realizar por vez primeira con normalidade está manifestación en todas as cidades galegas dende 1936.

Continue reading →