Uruguai e Allariz unidos polos “Charrúas”

Manuel Suárez publicou hai máis dunha década un artigo, moi documentado e interesantei no que sinalaba que a denominación dos indios Charrúas provén, con toda seguridade, do nome das máscaras que se utilizan durante o entroido na vila de Allariz (máscaras que en Laza e Verín chámanse “peliqueiros” e en Xinzo “pantallas”). Súarez, emigrante desde neno no Uruguai, e que retornou xa hai anos a Galiza, ten varios libros sobre o tema emigratorio e a pegada deixada polos galegos e galegas alén mar (Memorias rioprantenses; Emigración galega no tango riopratense) así como numerosos artigos.

Continue reading →

Uruguai e Allariz unidos por un nome

Nun recente artigo, documentado e interesante, titulado “Os Charrúas riopratenses e as alaricanas” Manuel Suárez comenta que a denominación dos indios Charrúas provén, con toda seguridade, do nome das mascaras que se utilizan durante o Entroido na vila de Allariz (que en Laza e Verín chámanse peliqueiros e en Xinzo pantallas). O mesmo autor, emigrante desde neno no Uruguai, e que retornou fai anos a Galiza, ten varios libros sobre o tema emigratorio e a pegada deixada polos galegos e galegas alén mar (Memorias rioprantenses; Emigración galega no tango riopratense) e numerosos artigos.

Continue reading →