A auto-organización a nivel nacional é fundamental

Na súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda reivindicou con todo o cinismo do mundo que o proxecto do PP é o “estilo Galicia”, o que xustificaría os bos resultados nas eleccións, xa que serían unha proba da identificación entre o povo galego e a dereita españolista. Obvia que o censo electoral é de 2.245 mil persoas (excluíndo o voto externo) e que obtivo un respaldo do 32,07%. Vale, non hai dúbidas, o PP foi o partido máis votado entre as persoas que o fixeron, obtivo a maioría dos deputados/as, mais iso non implica que ten o respaldo de todo o povo galego. Unha parte votou por outros partidos e moitos/as abstivéronse. En poucas palabras, en cada tema a Xunta debe gañar as votacións no Parlamento, algo que ten garantido, porén tamén o debate social, e isto non está revalidado máis que parcialmente e depende de cada cuestión, aínda que pretenda ignoralo.

Continue reading →

O voto exterior e a igualdade de trato

Non é doado saber até que punto vai incidir o voto exterior nas próximas eleccións autonómicas, mais podería ser decisivo, tanto porque representa un 18% do electorado como porque mesmo que fose unha minoría a que o exercese pode mudar os resultados definitivos nas catro provincias a prol do PP ou das alternativas de oposición. Ou sexa, que se trata de votos que van decidir o futuro das nosas vidas aínda que as decisións que tome a nova Xunta de Galiza non vai incidir sobre este segmento de votantes, porque están vivindo no exterior. Polo tanto neste aspecto teñen unha situación de privilexio, especialmente aqueles/as que naceron no exterior ou son emigrantes que non van retornar.

Continue reading →

Relacións en pé de igualdade

A guerra na Ucraína, polas súas características e o que está en xogo, foi deixando ao descuberto todas as eivas sobre a que se construíu o modelo da Unión Europea e a nova orde neoliberal establecida coa queda da Unión Soviética. Ou sexa, deixou ao descuberto o capitalismo neoliberal. Por exemplo, na teoría, a UE implicaba unha superación da confrontación entre nacións, un modelo que recollía o mellor de ambos sistemas en disputa (socialismo e capitalismo), primando a xustiza social democracia e solidariedade. Axudaba nesta lectura a descolonización (en moitos casos forzada) e o protagonismo dos Estados Unidos como potencia hexemónica, poñendo en primeiro plano os dereitos individuais, mesmo a costa da igualdade, seu carácter cosmopolita (na realidade tamén racista) seus avances tecnolóxicos, e seu control da información e a cultura de masas.

Continue reading →

Darlles poder ás forzas propias

As eleccións municipais do vindeiro 28 de maio na Galiza, aínda que non se esperan grandes cambios, a diferenza do que pode suceder nas autonómicas alí onde se realizan no resto do Estado. Mesmo así vanse evidenciar tendencias que marcan os escenarios futuros, especialmente se a abstención se mantén nos valores actuais. Por exemplo: seguirá o empate na porcentaxe das municipais obtida na Galiza no ano 2019 entre o PP e PSOE, que atinxiron respectivamente o 33,35% e o 32,82% do apoio dos que exerceron o voto? Todo fai pensar que non haberá sorpresas, fora do que suceda en Ourense ou Ferrol, onde as enquisas feitas polos distintos medios reflicten diferencias cativas entre a dereita e a esquerda sistémica. Aínda que en Ourense o PP o terá moi complexo acadar a alcaldía xa que necesitaría do apoio de DO, a menos que dimita como concelleiro Jácome ou que DO vote polo PP sen acordo de governo (opcións que non se poden descartar).

Continue reading →

As Irmandades da Fala, lingua, soberanía e xustiza social

 

Sen dúbida as Irmandades da Fala foron un paso adiante cualitativo do povo galego non só na defensa e promoción da lingua propia, co isto ten de positivo para a nosa identidade e contribución á riqueza da humanidade, senón tamén na loita a prol da soberanía nacional. A iniciativa para constitución das Irmandades foi de Antón Villar Ponte.

Continue reading →

A demografía e o futuro

Cando comecei a comprometerme coa acción política, a mediados da década dos anos sesenta do século pasado como emigrante na Arxentina, apostando pola xustiza social e a soberanía nacional, a cuestión de xénero non tiña a relevancia actual, aínda que a igualdade era un obxectivo na esquerda. Ali as escolas eran mixtas, e en gran parte das empresas nas que traballei, do sector industrial, o persoal feminino era maioritario, e nas organizacións estudantís e políticas que militei a porcentaxe de mulleres era considerábel. Mesmo así existía unha discriminación de xénero nas estruturas de poder e moito machismo. Tampouco tiña o releve actual a problemática ecolóxica, coido que non só polo grao de industrialización do momento senón porque a povoación era moito menor. E esta é hoxe unha cuestión esencial.

Continue reading →

A centralidade do traballo

Hoxe o mundo está diante de fondas e complexas transformacións, tanto pola disputa entre potencias, como polos retos ecolóxicos e os límites na existencia de materias primas, agora ben: cantos destes cambios son só de formas e cantos mudan os contidos?… cales cambian as relacións de produción e cales non?… até que punto existe un desprazamento da centralidade cara novas clases ou ficamos só diante da recomposición das existentes?… Por exemplo, como cualificamos e vai incidir o teletraballo. Estas e moitas outras son preguntas importantes, pras que cómpre ter unha resposta axeitada, pra caracterizar correctamente as contradicións e a súa importancia. Unha cuestión básica pra poder avanzar en xustiza social, soberanía, solidariedade…

Continue reading →

Bos prognósticos para o BNG

Todo indica que o BNG vaise consolidar non só como terceira forza nas eleccións municipais senón que ademais aumentará a porcentaxe de votos, dado que todas as enquisas danlle un avance significativo en todas as cidades galegas, e seguiría a governar Pontevedra. Unha tendencia que sería o lóxico que se estenda a moitos máis concellos do país tendo en conta a actividade realizada durante estes anos no Parlamento galego, no Congreso dos deputados en Madrid e no Parlamento da UE, e fundamentalmente participando activamente na rúa nos reclamos do povo galego (laborais, sociais, culturais, pola igualdade, ecolóxicos….). Sendo así manteríase a evolución ascendente da fronte nacionalista que xa se deu nas pasadas eleccións de 2019 nas que acadou un 12,47% dos votos, e 451 concelleiros/as; case que o dobre de representación que en 2015 nas que atinxiu só o 6,5%. Lembrar que o recuar de hai unha década foi por mor da conflitividade interna e a ruptura de 2012.

Continue reading →

A lista máis votada

A proposta do PP de que governe a lista máis votada nas institucións, o que exixiría unha modificación da normativa, aínda que a primeira vista semelle unha proposta lóxica, cando un partido obtén máis representantes que todos os demais, non é así cando se aplica mecanicamente para dar todo o poder a unha minoría. Ou sexa, a contradición está cando o partido máis votado non atinxe a representación suficiente como para governar en solitario e elude o apoio doutros partidos, e pactar un programa de consenso que conte co aval da maioría. Unha práctica habitual, especialmente nos concellos con máis povoación, onde o voto está máis fragmentado e hai unha vida política máis activa. Forzando unha maioría artificiosa a maior parte da povoación veríase privada da súa participación en moitas medidas tomadas na institución (da que se trate). Cando non se ten á maioría absoluta, ben por falta de votos ou por carecer de pactos con outras forzas, só desposuíndo á maioría do povo da súa representación lexitima é posíbel garantir que governe en solitario o partido máis votado de todos que na práctica son minoría.

Continue reading →