Arxentina, inflación e axuste social

Todas as expectativas de Milei, para manter vivo algún dos obxectivos prometidos na campaña electoral, están hoxe centradas na caída da inflación, que superou o 20” mensual nos dous primeiros meses do ano, xa que as previsións son de que en marzo suba o 13% (outros falan que sería do 15%), aínda que en termos anuais superará o 280%. O aumento este mes dos prezos do gas, electricidade, telecomunicacións e transporte (como mínimo) pode dar un carácter moi conxuntural a esta tendencia á baixa, e mesmo estancala ou revertela durante os próximos meses, aumentado a pobreza e desemprego, diminuíndo o consumo, e mantendo unha tendencia do PIB regresiva.

Continue reading →

Os tempos políticos dependen da velocidade do maquinista

A oposición peronista aínda non se recuperou das derrotas. A primeira, que non fose quen de reducir a inflación e manter o poder adquisitivo dos salarios, pensións e outro tipo de axudas,… elevando por riba do 40% a povoación que está por debaixo do chanzo de pobreza. A segunda, consecuencia da anterior, perder as eleccións fronte a Milei, e sobre todo non estar preparados para responder a un escenario político deste tipo. Daquela que aínda hoxe o peronismo careza dunha estratexia única, por exemplo respecto de cales son os tempos da resposta e como esta debe ser. O que restou algo de empuxe á folga convocada para o pasado día 14, e mesmo así foi un éxito e as manifestacións foron masivas, máxime tendo en consideración que febreiro é un mes do período de vacacións.

Continue reading →

Salario mínimo produtividade e inflación

O pacto entre o Governo central e máis CCOO e UGT fixou o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) en 1.134 euros en 14 pagas. Ou sexa, un aumento de 54 euros ao mes. Un 5% de subida (un café con leite por día). CC.OO di que está ben, porén que é un tema máis ao que se debería engadir unha mellora nas subvencións por desemprego. Semella algo positivo, mais o que sucede na práctica, é que para alén das mesas de negociacións coa patronal e o Governo central, a presión nas cuestións estruturais destas dúas centrais sindicais está ausente, e as melloras non compensan os pasos atrás. E non porque falte conflitividade laboral, que haina a esgalla, cando menos na Galiza.

Continue reading →

Arxentina, co pé no acelerador

Para o vindeiro 24 de xaneiro a CGT, a maior central sindical da Arxentina, así como as dúas CTA, sindicatos máis críticos co sistema e combativos, veñen de convocar unha folga xeral contra as medidas de Milei. Hai quen dirá que levando tan pouco tempo Milei no Governo é unha medida precipitada, mais neste caso é de suma importancia ter en consideración que en tan pouco tempo o novo Governo tomou unha cantidade de medidas que implican un retroceso estratéxico dos dereito laborais, sociais e democráticos, e de iniciativas que benefician ao gran capital. En poucas palabras, os tempos históricos non sempre son iguais, a veces aceléranse, como agora, e noutros momentos relantizanse, mesmo estáncanse. Neste caso están acelerados pola táctica do novo Governo, cuxa finalidade é non dar tempo a que se organice unha resposta contundente e masiva polos sectores afectados, que son maioría social.

Continue reading →

Milei, facer de todo un lameiro

O Presidente arxentino, Milei, mantén a presión ao máximo aprobando decretos lei (DNU) que van contra a maioría social, forzando un axuste en todos os ámbitos en beneficio de empresas e grandes fortunas. Como camiño utiliza a escusa de que estaría xustificado ignorar a súa aprobación no Congreso pola situación de emerxencia nacional. Mais, por si acaso, o Governo acaba de remitir unha nova serie de propostas para o debate parlamentar complementarias en moitos casos das DNU e que ademais modifica a institucionalidade dándolle total primacía ao Executivo sobre o Parlamento (A Lei Ómnibus). Usurparía as competencias do Congreso e implantaría máis leis represivas contra a protesta social. É un Golpe de Estado “brando”.

Continue reading →

Esmagando aos de sempre

Hai uns días asumiu a presidencia da Arxentina Javier Milei, un “anarco-capitalista”, ou sexa: un neoliberal radical. Todo indica que governar non lle vai ser doado, non só pola crise na que está mergullado o país, dende hai unha década, senón porque o Congreso está moi fracturado e a oposición dos sindicatos e da esquerda é total. O apoio electoral a Milei ten moito de voto de cabreo contra o peronismo, e unhas políticas que non foron quen de reverter as desfeitas de Macri cando este hipotecou o futuro da Arxentina pedindo un préstamo ao FMI, impoñendo políticas neoliberais, que se fixeron impagábeis. Hai polo tanto un sector da povoación que lle vai dar un tempo de confianza. Canto?…

Continue reading →

Resultados que reflicten un mundo multipolar

Despois de dúas semanas da tan anunciada contraofensiva, coa que seica “occidente” ía recuperar os territorios ocupados por Rusia, o exército ucraíno practicamente non conseguiu recuperar ningún territorio. Só unhas poucas aldeas e zonas grises nas que ambos bandos se disputan o terreo, a uns custes para Kiev en homes e armamento que son irrecuperábeis. Iso non quere dicir que a Ucraína non manteña algún tempo a ofensiva, nen que a guerra estea rematada, máxime cando a OTAN está disposta a enviar máis armamento: artillería, lanza mísiles, avións… forzando a duración do conflito, para evitar un triunfo ruso, cando menos no inmediato, gañar tempo e buscar unha saída que teña o menor custe no imaxinario colectivo, tanto en “occidente” como no conxunto do mundo.

Continue reading →

Moito máis cun pacto de rendas

Que a patronal (CEOE e CEPYME) acordasen por unanimidade do seu organismo de dirección asinar o pacto de rendas para os vindeiros tres anos con CCOO e UGT, ten súa lóxica tendo en consideración tanto o texto do compromiso e o feito de que a conflitividade laboral para recuperar salarios e mellorar as condicións contractuais estaba indo a máis. O aumento salarial pactado para os anos (2023-2024-2025) varia entre o 4% para este ano, e o 3% para o 2024 e 2025, e ate 1% máis como máximo se a inflación excede estas contías. En principio estas porcentaxes coinciden en boa medida coas previsións de inflación de distintos organismos, mais se esta é superior á porcentaxe pactada o persoal asalariado perdería máis poder adquisitivo, e a complexa situación política e económica dá forza a un contexto deste tipo.

Continue reading →

O pacto que a CEOE votou por unanimidade

Do novo pacto entre a patronal CEOE e máis as centrais sindicais CCOO e UGT, en materia salarial, para alén do contido, chama a atención que se anunciase despois do 1º de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, e que a dirección da CEOE o aprobase por unanimidade. Ambos feitos non son casuais e hai que telos en consideración, nun caso porque amosa que había prevención respecto da polémica que podía xerar unha presentación previa na clase traballadora,… na base dos propios sindicatos pactistas? E por outra banda, a CEOE só pode acadar este grao de unidade cando toda ela se sinte beneficiada, ou sexa, cando aumenta a súa parte “no reparto do PIB” e isto só é posíbel cando este medre se obtén dos salarios e/ou a patronal paga menos impostos,… E como extra: rebaixase a mobilización da clase traballadora

Continue reading →

Un 1º de maio pra marcar liña

Un ano máis neste Primeiro de Maio as principais centrais sindicais na Galiza realizaran convocatorias distintas. Ten súa lóxica porque, como tamén acontece co 10 de Marzo, trátase dunha data na que ademais das reivindicacións especificas do momento, marcase a liña estratéxica e a folla de ruta. Resulta evidente que nas últimas décadas abriuse unha fenda entre un sindicalismo que toma a iniciativa na mobilización e na divulgación social pra chegar cunha postura de forza aos convenios, e outro que parte dun derrotismo histórico aceptando o marco global imposto polo capital, o que o fixo moi dependente nas negociacións das posturas da patronal e da política económico-social do/dos partidos no Governo.

Continue reading →