Debates, rupturas e unidade no nacionalismo

Que Anova non concorra ás eleccións xerais en alianza con Podemos e Esquerda Unida é unha decisión positiva, se a analizamos en termos de país. Unha actitude que, para alén da liorta interna e da preeminencia da cuestión electoral, permite repensar o futuro do nacionalismo galego con maior optimismo, malia que a cuestión da soberanía non fose a diverxencia fundamental.

Continue reading →

Advertisements

Sobra ou falta emprego?

Aínda que non é a primeira vez, nos últimos meses a patronal do naval, da construción e outros sectores argumentan que lles falta man de obra cualificada. Ou sexa, que coidan necesaria a chegada inmediata de inmigrantes pra evitar así unha paralización dos sectores afectados, dramatizando respecto do que este déficit implica pra o conxunto da economía. Lendo esta noticia chocoume, sabendo que un 12% da povoación activa na Galiza está no desemprego, e que a emigración da mocidade é unha lacra dramática que afecta o equilibrio demográfico. Ademais, en sectores como a construción hai máis de 14 mil persoas rexistradas no paro que traballaron nesta actividade. Evidentemente poden existir comarcas onde o déficit sexa real, mais a oferta deberíase estender ao resto de Galiza, como primeiro paso. E, en caso de seguir faltando profesionais, formalos inmediatamente, pra certas actividades non levaría tanto tempo. A menos que o que se pretenda sexa importar man de obra barata, carente de vinculación co entorno, e polo tanto sometida a todo tipo de arbitrariedades laborais.

Continue reading →

Eleccións decisivas en Bolivia

En outubro deste ano vanse realizar eleccións en tres países de América Latina, moi distintos no seu peso político e realidade interna, como son Arxentina, Bolivia e Uruguai. Todos eles formaban parte do Vicerreinado do Rio da Prata, durante a colonia, aínda que Bolivia, no que me vou centrar neste artigo, tardou máis en liberarse (1825), xa que alí se fortaleceron as tropas españolas. Sen dúbida hai provincias arxentinas que teñen moito en común con Bolivia, como Jujuy (nome que seica proven do aturuxo galego). Nesta parte da arxentina falase entre os povos indíxenas o quechua, xa que toda esta zona formou parte do Imperio Incaico.

Continue reading →

Os límites socialdemócratas da redistribución

Asistimos a unha dura pelexa electoral. Está por ver se ademais representa unha confrontación entre sectores do poder económico. Aínda que entre a dereita e socialdemocracia non hai diverxencias de fondo, ambas apoian a globalización neoliberal imperante na Unión Europea, o euro, a OTAN, os tratados de libre comercio. Mesmo así o Goberno de Pedro Sánchez está a tomar medidas que implican unha mellora nas condicións de vida dalgúns segmentos sociais e da igualdade de xénero. Medidas que poñen nerviosos a Casado e Rivera temerosos de que por medo a VOX gañen sectores do centro político, e sobre todo, que isto active a ese segmento da esquerda que se refuxia na abstención, defraudada pola falta de políticas atrevidas en termos de xustiza social.

Continue reading →

Arxentina ao borde do precipicio (de novo)

Ao inaugurar as sesións do Parlamento deste ano Mauricio Macri afirmou que o país estaba mellor que no ano 2015, cando substituíu na presidencia da Arxentina á progresista Cristina Fernández. Estas declaracións pouco teñen que ver coa realidade, son propaganda pensando nas eleccións presidenciais do 27 de outubro. Mais, nen sequera son críbeis pra os seguidores do seu partido (Cambiemos). Non só porque se viu obrigado a recorrer ao FMI, e aceptar as súas imposicións, pra facer fronte a débeda pública e á especulación financeira, senón porque os dados económicos e sociais desmenten calquera optimismo. Así o acaba de destacar a revista Forbes: “a Arxentina está a un paso do colapso”. Tampouco se poden esquecer os custosos acordos cos fondos voitres, que seica ían dar empuxe a fortes investimentos exteriores, que nunca chegaron.

Continue reading →

Día da Clase Obreira Galega

O dez de marzo de 1972 uns catro mil manifestantes, operarios do estaleiro de Bazán, no Ferrol, dirixíronse á entrada da cidade, despois de atopar pechada a factoría. A finalidade era sumar á protesta aos traballadores da construción no barrio de Caranza, así como aos obreiros de Astano que pensaban atravesar a ponte de As Pías para se unir á mobilización. No foi posíbel. Á altura das Casas Baratas sesenta grises (policía armada) cortáronlles o paso. Houbo disparos da policía, os manifestantes guindan pedras e recúan, máis disparos, caen mortos Daniel Niebla e Amador Rey, e outros vinte oito son feridos de bala.

Continue reading →

Dez de marzo de 1972, incidencia colectiva e no persoal

Como resposta ao peche do estaleiro, uns catro mil operarios da Bazán de Ferrol, diríxense á entrada da cidade para sumar á protesta os traballadores da construción de Caranza, así como aos que saíron do estaleiro de Astano, en Fene. Á altura das Casas Baratas sesenta “grises” cortáronlles o paso, houbo disparos da policía, os manifestantes guindan pedras e recúan, máis disparos, caen mortos Daniel Niebla e Amador Rey, e outros vinte oito son feridos de bala. Represión da ditadura e traxedia na clase traballadora.

Continue reading →