“Estilo Galicia”

Alfonso Rueda, na súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galiza, reivindicou o “estilo Galicia”. Segundo os medios este estilo fai fincapé: “na moderación política, fuxir dos extremismos, alentar a estabilidade e reclamar o que se necesita, mais sempre respectando as regras de xogo e o marco autonómico e constitucional”. Ou sexa, segue a mesma liña do PP das últimas décadas, que cómpre recoñecer que até agora deulle tan bo resultado electoral. Aínda que a postura do Alcalde de Ferrol, figura destacada no seu partido, respecto da lingua galega coloca a Galiza nun carácter subalterno nun aspecto esencial da súa identidade… Era tan evidente a contradición que tivo que dar marcha atrás axiña pola presión social, mais tamén, seguramente, polo tirón de orellas do partido a nivel galego,… a actitude de submisión ao centralismo era demasiado ostentosa e agresiva.

Continue reading →

Eleccións transcendentais no Brasil

O mundo está a mudar cunha enorme rapidez, o que é unha necesidade se temos en consideración a gravidade da desfeita ecolóxica, do medre da desigualdade e especialmente da precariedade, da violencia en todas as súas formas. Efectos dos que nen as potencias hexemónicas (Estados Unidos e aliados) se salvan, mais que golpea con gran dureza aos países da periferia, daquela as migracións masivas, polos cambios climáticos, polo papel cada vez máis marxinal na escala de valor, polas intervencións externas, o intercambio desigual…

Continue reading →

Emigración e cidadanía

Moitas análises que se realizan encol da emigración galega no exterior, para alén de que sexa certo de que se mantén o saldo negativo entre as persoas que marchan e as que volven, as cifras que se dan pouco teñen que ver coa realidade. Concretamente deixan en evidencia a confusión entre emigración e cidadanía (casual?…). Dise, por exemplo, que na Arxentina viven 167.244 galegos e galegas, e outros 43.617 en Cuba. En realidade trátase de persoas que teñen a cidadanía española e son adscritos a un determinado concello galego en función da procedencia dos pais, normalmente. Así os meus sobriños, que naceron e viven na Arxentina, e se senten no esencial ligados a esa nacionalidade, e teñen unha idea moi difusa de Galiza, como é lóxico, máxime cando nunca a visitaron, teñen a cidadanía española e poden votar en determinados procesos.En realidade os/as residentes na Arxentina nacidos en Galiza son 42.959 e 374 na Arxentina e Cuba respectivamente.

Continue reading →

O estratéxico no Día da Patria Galega

A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala (IF), do 25 de xullo de 1920, facía un chamamento a que “non houbese fogar galego, aldeán ou vilego, que deixase de exteriorizar o seu patriotismo no Día de Galicia”. Na editorial falábase de nación e patria. Nesta data así como nun artigo de Vitor Casas facíase mención a que “pola derradeira Asembreia qu’en Compostela xuntou ós nacionalistas, foi acordado facer “Día da Patria” o 25 do mes de Santiago”. Nesta xuntanza do ano 1919, a segunda, as Irmandades acordaron propostas como a igualdade absoluta política e civil da muller. Lembrouse a Antolín Faraldo (figura destacada da Revolución de 1846 e antecedente da loita de Galiza como colonia da Corte).

Continue reading →

Un Foro á marxe da realidade

Chama a atención que o “Foro de La Toja vínculo atlántico” que se presenta como un lugar de reflexión e pluralidade, non utilice o topónimo correcto, que o castelanice, máxime cando entre os organizadores hai persoas nacidas no país, e acudiron cargos institucionais e directivos empresariais tanto da Galiza como de Portugal. Tampouco é de recibo que o Rei diga na súa intervención que “España goza dunha lingua e dunha diversidade lingüística”, ou sexa, colocando a pluralidade lingüística nun papel subalterno, é dicir: a lingua galega. Destacan nas eivas a cativa representación feminina, e sobre todo que non estivo presente a sociedade civil; foi un encontro de elites no académico, empresarial e institucional.

Continue reading →

A dobre leitura do encontro Galiza-Asturias

O pasado venres desenvolveuse na Veiga o “Encuentros en el Eo” promovidos pola Voz de Galicia e o patrocinio do Banco Sabadell, ao asistiron como protagonistas principais o Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo (do PP), e o do Principado de Asturias, Adrián Barbón (do PSOE). Tamén estiveron presentes outros cargos institucionais e directivos/as empresariais. La Voz de Galicia adícalle ao evento tres páxinas, nas que destaca as problemáticas comúns, cinguidas á cuestión demográfica e industrial. Galiza perdeu 50 mil habitantes na última década e Asturias 60 mil, e ademais preocupa o incerto futuro da industria electro-intensiva, que atinxe a ambas autonomías. Esta ten unha gran dependencia do prezo da electricidade, e polo tanto de que o Goberno central fixe unha tarifa reducida para este sector.

Continue reading →

Galiza e Portugal. Quen alenta a disputa?

En todos os aspectos da vida é fundamental distinguir entre o principal e o secundario, entre o xeral e a excepción. De non facelo así, correse o risco de tomar iniciativas equivocadas ou de sementar ideas incorrectas, que terminan ampliando os atrancos, perdendo complicidades na sociedade en beneficio das clases dominantes, da explotación e da opresión. Dirase que isto sabeo todo o mundo, mais o certo é que se impón non poucas veces unha visión estreita da realidade económica, social, mesmo laboral, así como política, cultural e histórica. Un relato tacticista que non axuda e mesmo impide a asunción polo imaxinario colectivo dos obxectivos estratéxicos, da folla de ruta segundo os escenarios posíbeis, da política de alianzas, aspectos esenciais para construír o poder popular.

Continue reading →

Globalización e empobrecemento cultural

Hai década e media o profesor e analista norteamericano James Petras, no artigo “O imperialismo cultural no finado século XX”, analizaba o proceso de asimilación que no eido da cultura e os comportamentos sociais se estaba a dar en paralelo coa globalización neoliberal no eido económico. Dicía Petras:“O imperialismo non pode ser entendido só como un sistema económico-militar de control e explotación. A dominación cultural é unha dimensión integrante de calquera sistema sustentábel de explotación global… En relación ao Terceiro Mundo, o imperialismo cultural pode ser definido como a penetración sistemática e a dominación da vida cultural das clases populares polo clase dirixente de Occidente a fin de reordenar os valores, o comportamento, as institucións e a identidade dos povos oprimidos…”.

Continue reading →

Portugal e Galiza, tan lonxe na política

Resulta preocupante o pouco que se fala na Galiza da situación económica e social en Portugal. Tería que ser o contrario, tanto polas relacións históricas, culturais e lingüísticas entre ambos povos, como pola importancia das transaccións comerciais, dos investimentos de capital e da incidencia na actividade turística. Non se pode pensar no futuro da nosa nación, en calquera dos escenarios posíbeis, sen considerar o papel que terá Portugal no proceso e nun escenario de liberdade. Só logo de valorar este aspecto podemos sumar as relacións con Asturias e Castela-León, comezando por aquelas áreas que teñen en común cultura e lingua, e nun terceiro circulo teriamos a outros países.

Continue reading →

Atrancos, eivas e retos da cuestión lingüística

Máis un ano, a manifestación en Compostela a prol da defensa e promoción da lingua nacional de Galiza foi un éxito. Milleiros de persoas de todas as idades, do mundo urbano e rural, participaron dunha mobilización que denuncia a diminución do apoio ao idioma galego e á cultura propia do país por parte da Xunta do PP. Para alén das boas palabras na mensaxe ritual en datas significativas, na práctica, unha boa parte dos recursos públicos para este fin van destinados a xornais que apenas utilizan a lingua galega (como La Voz de Galicia e Faro de Vigo, que son subvencionados cun millón de euros ao ano). Esta non é unha cuestión menor, porque os medios en español son hexemónicos, contan co apoio do aparello do Estado, dos grandes grupos económicos, e son favorecidos polo proceso de globalización neoliberal.

Continue reading →