A auto-organización a nivel nacional é fundamental

Na súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda reivindicou con todo o cinismo do mundo que o proxecto do PP é o “estilo Galicia”, o que xustificaría os bos resultados nas eleccións, xa que serían unha proba da identificación entre o povo galego e a dereita españolista. Obvia que o censo electoral é de 2.245 mil persoas (excluíndo o voto externo) e que obtivo un respaldo do 32,07%. Vale, non hai dúbidas, o PP foi o partido máis votado entre as persoas que o fixeron, obtivo a maioría dos deputados/as, mais iso non implica que ten o respaldo de todo o povo galego. Unha parte votou por outros partidos e moitos/as abstivéronse. En poucas palabras, en cada tema a Xunta debe gañar as votacións no Parlamento, algo que ten garantido, porén tamén o debate social, e isto non está revalidado máis que parcialmente e depende de cada cuestión, aínda que pretenda ignoralo.

Continue reading →

A hexemonía e as referencias políticas

Ese gran loitador italiano contra o fascismo, que foi Antonio Gramsci, militante socialista primeiro e comunista despois (marxista heterodoxo e admirador de Lenin). Nacido en 1891 na Cerdeña, un país cunha identidade moi marcada. Pasou anos en prisión, durante a ditadura de Musolini, sometido a todo tipo de vexacións, mais isto non impediu que unha boa parte dos seus análises e reflexións foran escritos durante esta etapa, concretamente os “Cadernos de cárcere”.

Continue reading →

Volven os bloques ou imponse o mundo multipolar?

Todas as previsións respecto da evolución da economía da Unión Europa a curto e medio prazo, son negativas, e é especialmente grave cando se trata de Alemaña, Países Baixos, etc. en xa que cumpren o papel de “locomotora”. Como se desenvolveu o proceso é máis que evidente, incidiu facer fronte e recuperarse dos efectos do covid, e sumouse un novo atranco por mor das múltiples sancións contra Rusia, principal subministrador da enerxía á Unión Europea. Foron uns afectos negativos non calculados pola Comisión Europea, que se agravaron a medida que se impuxeron máis sancións, coa escusa de que ao final ían conseguir o obxectivo de paralizar á Federación Rusa.

Continue reading →

Cando o espectáculo substitúe a realidade

Ate hai uns días China era un forza insuperabel e agresiva para o “mundo occidental, democrático e defensor das liberades”, mais agora esta potencia, tanto pola súa povoación como por representar o PIB, segundo capacidade de merca (PPA) máis grande do planeta, seica está nunha crise económica que a leva á irrelevancia. Todo isto segundo o relato dominante que se constrúe en Washington e é repetido acriticamente nos países subalternos. Resulta evidente que China ten problemas, como os Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Xapón, Francia, etc. por mor da confrontación entre potencias, o cambio climático,…o esgotamento da globalización neoliberal, ou sexa, do capitalismo na súa etapa senil, como definía con toda claridade Samir Amin. Agora ben, segundo os datos do FMI, mais pro-occidental imposíbel, o PIB de China medrará este ano un 5%, por debaixo da India, mais por riba das potencias occidentais.

Continue reading →

Dando folgos á guerra

O envío dos F-16 por parte dos países occidentais, antes da máis que anunciada ofensiva ucraína, hai que entendelo como unha evidencia das consecuencias da ocupación por parte de Rusia da cidade de Bakhmut, despois de máis de 200 días de combates. Este triunfo deixou en evidencia a superioridade militar de Moscova, que non se reverterá coa entrega de tanques, mísiles de longo alcance, e apoio loxístico e máis asesores,…  Ademais á caída de Bakhmut, e á inmensa eliminación de tropas, súmaselle o fracaso dos Patriot estadounidenses fronte aos mísiles hipersónicos Kinzhal.

Continue reading →

A actualidade de Gramsci

Antonio Gramsci naceu na Sardeña, no ano 1891. Foi primeiro militante socialista, e no ano 1921 formou parte dos fundadores do Partido Comunista Italiano (PCI). Sería deputado polo PCI, membro da dirección do partido, e secretario do mesmo dende 1926 ao triunfar súas teses no congreso de Lyon. Detido no ano 1927, durante a ditadura fascista de Musolini, permanece en prisión até poucos días antes da súa morte no ano 1937. Na cadea foi sometido a todo tipo de vexacións, o que non impediu que moitas das súas análises e reflexións foran realizadas nesta etapa, concretamente os famosos “Cadernos do cárcere”.

Continue reading →

Un novo mundo está emerxendo

Agás as partes moi involucradas na guerra da Ucraína o certo é que a maioría dos países, mesmo moi relevantes de Asía, África, e América Latina, queren que o conflito remate axiña. Esta actitude contrasta coa postura belixerante de Estados Unidos, os países anglófonos e a Unión Europea (G7+OTAN). Sobre o terreo, no ámbito militar, a esta altura, aínda que Rusia atopa moita resistencia por parte do exército da Ucraína e avanza moi de vagar, a Kiev cústalle como contrapartida un prezo moi alto en vidas humanas e perda de armamento.

Continue reading →

Non é doado acadar a paz demonizando ao adversario

Era lóxico que agora, que comeza o inverno no norte do planeta, recobre forza a alternativa dunha saída negociada para acadar a paz na guerra da Ucraína. As razóns son, as baixas temperaturas afectaran moi fortemente ao país ao que se suma a destrución dunha parte do sistema eléctrico. Por outra banda, as sancións a Rusia, malia cada vez ser máis duras, non evita que regresen aos estados que as promoven como un búmerang. E, para alén das declaracións triunfalistas e da soberbia, boa parte da UE non contará con gas abondo para a industria e as calefaccións dos fogares se a tempada de frío extremo se alonga. Mesmo se fala de cortes da electricidade, por exemplo na Francia.

Continue reading →

No comezo dunha transformación irreversíbel

O acordo da Unión Europea polo que, para facer fronte a un posíbel corte do gas parcial ou total de Rusia, pretende reducir o consumo de enerxía nun 15%, e un 7% no caso de Portugal e do Estado español (que máis unha vez deu pasos atrás na súa oposición frontal). A finalidade sería acumular reservas suficientes para o inverno. Esta solución aínda que se presenta como transitoria todo indica que se manterá durante algúns anos. Conseguir países que substituían a Rusia como subministrador de enerxía e materias primas non é algo doado, especialmente en relación co petróleo, gas e carbón. Ademais é un gran exportador de: madeira, o ouro, paladio, platino, cobalto, níquel, vanadio, tungsteno,…

Continue reading →

Non abonda con cambios formais

Cada día que pasa resulta máis evidente que cómpre unha nova orde mundial, no político, no económico e social, tamén respecto do ecosistema e do comportamento humano. Coidar que os avances técnicos, que son esenciais, van solucionar cuestións como o equilibrio demográfico e a mobilidade estrema, ou o medre da desigualdade tanto entre países como entre clases sociais, ou a desaparición de culturas e linguas que son parte da riqueza do mundo, é a maior das mentiras. Ademais, tampouco evitan o aumento das contradicións, das guerras, da represión e da explotación baixo novas formas.

Continue reading →