A auto-organización a nivel nacional é fundamental

Na súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda reivindicou con todo o cinismo do mundo que o proxecto do PP é o “estilo Galicia”, o que xustificaría os bos resultados nas eleccións, xa que serían unha proba da identificación entre o povo galego e a dereita españolista. Obvia que o censo electoral é de 2.245 mil persoas (excluíndo o voto externo) e que obtivo un respaldo do 32,07%. Vale, non hai dúbidas, o PP foi o partido máis votado entre as persoas que o fixeron, obtivo a maioría dos deputados/as, mais iso non implica que ten o respaldo de todo o povo galego. Unha parte votou por outros partidos e moitos/as abstivéronse. En poucas palabras, en cada tema a Xunta debe gañar as votacións no Parlamento, algo que ten garantido, porén tamén o debate social, e isto non está revalidado máis que parcialmente e depende de cada cuestión, aínda que pretenda ignoralo.

Continue reading →

Que governe o partido máis votado?

Unha e outra vez o PP repite a consigna de que debería governar o partido máis votado, mesmo non tendo unha maioría de representantes no parlamento ou corporación e que a oposición xunte unha maioría de apoios. Obviando que hai que governar pra todos e todas, mais atendendo a vontade maioritaria, expresada nos representantes electos de cada partido. Entren ou non estas forzas despois no governo, xa que garanten un compromiso de mínimos que axuda á governabilidade.

Continue reading →

Tarefas pendentes do nacionalismo galego

A manifestación do Día da Patria Galega foi máis unha vez un éxito para o nacionalismo galego e non era algo doado, tendo en consideración o paron que significou a pandemia, e o desprestixio e perda de peso político dos partidos, tanto no centro como na periferia do sistema, por mor da crise, do cambio climático, da desigualdade en ascenso, e dun modelo económico e social que está na súa etapa senil, algo que se nota especialmente na Unión Europea… Ademais os partidos e os medios sistémicos focalizan os actos do “Día Galiza” (para lle restara valor?… en todo caso ignorando o carácter nacional da autonomía, segundo o Estatuto). Daquela que tanto previamente como no Día da Patria galega poñan énfase nas celebracións relixiosas, nas cerimonias institucionais, e no mellor dos casos en temas da conxuntura. Ignorando o constante recuar de Galiza no PIB e no seu peso demográfico no Estado español, o abandono do rural, o peche de empresas, a exportación neta de capital e emigración cualificada, que as empresas máis dinámicas pertenzan a capital foráneo, etc..

Continue reading →

A clave: participación e protagonismo

As eleccións do pasado domingo 19 de xuño, tanto en Colombia como en Francia, deixan en evidencia, un contexto de incerteza no económico e fundamentalmente unha presión cada vez máis intensa a prol dun mundo multilateral, e contra o neoliberalismo. Non se trata de que esta xa sexa a tendencia hexemónica, porque os Estados Unidos e aliados, aínda seguen a contar con moitos mecanismos de poder, porén a disputa mesmo sendo cada vez máis dura, estase resolvendo na maior parte dos casos en contra dos intereses destes centros de poder (político, militar, da comunicación, tecnolóxico, financeiro,…).

Continue reading →

Para a liberación o orgánico conta moito

Neste intre o BNG está nunha situación na que ten posibilidades de medrar e mesmo, se o PSOE vira algo á esquerda e ten unha maior compromiso co país na súa práctica, especialmente en urbes como Vigo, poder no futuro substituír ao PP na Xunta de Galiza. É verdade que aparentemente Feijóo está consolidado, mesmo seguro da súa maioría, mais vivimos en tempos moi complexos, nos que a pandemia a desfeita ecolóxica e os cambios estruturais e políticos son moi rápidos. Un escenario distinto non é imposíbel en poucos anos. E para convertelo en realidade cómpre que a fronte non só alargue a base do nacionalismo senón que ademais sexa referencia daquelas clases populares que, malia que non se definen neste tema, necesitan de transformacións económicas e sociais que lle garantan un futuro mellor.

Continue reading →

Portugal e a folla de ruta

O debate pendente na esquerda liberadora

As eleccións en Portugal deron o triunfo ao Partido Socialista, que deste xeito tiraba rédito da súa xestión durante os últimos catro anos, aínda que non fose abondo para acadar a maioría dos/as deputados na Asemblea da República, como era seu obxectivo. Agora ben, para alén deste feito moi evidente, non se poden obviar tres aspectos de suma relevancia: que este avance electoral foi consecuencia de políticas económicas e sociais en beneficio das clases populares; que estas medidas foron pactadas ou impostas mediante a mobilización polo PCP e BE, que logo non foron quen de lle sacar rendibilidade electoral a esta iniciativa; e que malia a viraxe a esquerda do Governo aumentou a abstención.

Continue reading →

O que dá folgos á fragmentación

Hai tempo que lles digo ás persoas máis próximas, que a realidade social e política actual ten cada vez ten máis semellanza coa que eu coñecín de cativo e mozo na Arxentina. Non na sucesión de ditaduras militares, que tampouco son agora tan comúns naquela rexión, senón na fragmentación da sociedade e polo tanto da representación política, algo que resulta máis evidente co auxe do nacemento e desaparición de siglas. Demostrase así que esta singularidade non era un produto de sociedades periféricas e atrasadas, como algúns teorizaban dende os países centrais, senón consecuencia da dependencia. Porén, tamén da diversidade cultural subxacente sen canles de participación, ven fose dos pobos autóctonos e/ou dunha inmigración masiva (e cuxo proceso de integración leva décadas), así como por unha oferta partidaria que se facía subestimando ou ignorando a incidencia a todos os niveis que tiña o carácter subalterno destes países.

Continue reading →

O principal e o secundario

Resulta preocupante que o secundario se impoña ao principal no relato, especialmente nas cuestións que atinxen á sociedade. Moitos medios non axudan neste tema, e tampouco significados dirixentes políticos que din querer terminar coa corrupción, coas complicidades entre cargos públicos e grandes grupos económicos. Semella que todo vale para derrotar o partido contrario, mesmo para desprazar a dirixentes do propio que compiten polo cargo. Así é imposíbel que a política sexa sinónimo de responsabilidade, solidariedade, democracia, de superación do individualismo, que se converta nun proxecto colectivo.

Continue reading →

Sindicalismo e política no Uruguai

O Uruguai, onde por certo emigrou tanta xente da Galiza, é unha das poucas nacións onde existe unha central sindical única de traballadores/as. Non é por imposición do governo, senón como consecuencia da experiencia histórica da clase traballadora dese país, que comprobou as vantaxes da unidade, malia que existan dificultades pra conservala nos momentos de maior confrontación. Evidentemente, a unión só se pode garantir na práctica partindo dunha premisa: manter a independencia de clase, sexa cal sexa o partido no poder. Por esta razón, aínda que o PIT-CNT chame a votar nas eleccións políticas pola “Fronte Amplia”, e que esta governe o país, a central utiliza a mobilización para presionar cando o considera necesario.

Continue reading →

Primarias: o mito e a realidade

Desde hai uns anos abriuse o debate sobre as primarias nos partidos, alentado polos novos suxeitos políticos. Estes agromaban por mor do descontente fronte aos partidos que administraban os intereses do capital desde había décadas, alternándose nos governos. Presentouse as primarias como un modelo de democracia, de control sobre as direccións pra que cumpran os programas. Porén, malia que este modelo se estendeu mesmo aos partidos sistémicos, cada un fai unha interpretación propia das primarias e, sobre todo, non parece que só con este mecanismo se podan corrixir as eivas que responden a cuestións de fondo, tanto na caracterización da conxuntura, como da folla de ruta, e nos obxectivos.

Continue reading →