Gaza, medio ano de masacre e destrución

Xa hai máis de medio ano que o exército israelí está masacrando ao povo palestino, especialmente en Gaza. Moitos analistas, partidos e países o cualifican como un xenocidio, tendo en consideración que van máis de 33 mil persoas mortas  (un 70% mulleres e nenos/as) e 75 mil feridas, 1,9 millóns de desprazados, pra un total de 2,4 millóns de habitantes. Agora ben, tampouco se pode obviar que en Cisxordania, que non está en guerra, durante este período os colonos israelís mataron e feriron a centos de palestinos e expulsáronos a moreas; e son uns 5 mil os detidos desde o 7 de outubro. 

Continue reading →

A reconstrución de Gaza

Sen dúbida é difícil poñer datas ao final da guerra entre Israel e Hamas, máxime cando a  confrontación pódese estender aos países limítrofes, e Netanyahu tampouco aclara cal é o final da súa folla de ruta. Só así se entenden as ofensivas militares e ameazas de invasión contra os grupos que atacan esporadicamente o norte de Israel desde o sur do Líbano e Altos do Golán en Siria. Ou a pasividade que amosou o governo de Netanyahu, malia a presión social, para abrir negociacións con Hamas respecto do resto dos reféns israelís, e que este tema pasase a primeiro plano na última semana. Todo fai pensar que se adían os tempos xogando con temas sentidos pola povoación israelí, mentres se manteñen como unha constante as accións devastadoras en Gaza e represivas en Cisxordania.

Continue reading →

O crecemento depende da industria

Non pretendo restarlle importancia ao turismo dentro da economía galega, aínda que a inmensa maioría das vendas na hostaleira e comercio débense ao consumo interno. Algo que as veces se esquece. Ou sexa, que as actividades primarias e a industria transformadora son esenciais nun país como o noso, e de como estas evolucionen depende a consolidación do sector servizos. Neste aspecto a economía galega contrasta coa de Canarias, Baleares, e mesmo con outras que tendo un gran desenvolvemento industrial, e mesmo agrícola, como Cataluña e Valencia, son receptoras dunha importante masa turística peninsular e europea.

Continue reading →

Next Generation, a proposta e a estratexia

Os numerosos recursos que na Unión Europea teñen como finalidade reconstruír a economía, do que o máis importante é o Next Generation, pretenden facelo sen mudar as características esenciais do sistema, ou sexa garantindo a centralización e concentración da riqueza e do poder. Neste caso, dado a situación de confrontación mundial, seica será dando un maior peso ás actividades que se completen no marco da Union Europea. Un proceso que implicará un reaxuste do papel de cada nacionalidade no proceso produtivo, en beneficio dos estados máis fortes. Unha restruturación que iría ademais acompañada dunha maior fragmentación e menor capacidade mobilizadora da clase traballadora, como xa está a suceder, aproveitando o control das empresas sobre a dixitalización e alentando as diversidades identitarias subxectivas, para aumentar a taxa de lucro do capital.

Continue reading →

Os límites do triunfalismo

Todo indica que ficamos na terceira onda da pandemia, e que o aumento do número de contaxios implica que en poucos días que suceda algo semellante en cantidade de mortes, malia que se conten con máis recursos e experiencia para confrontar o covid-19. A loita inicial contra o virus asentouse en tres premisas: limpeza de mans, distancia entre persoas, rebaixar a mobilidade. Socializar estas consignas e modificar os comportamentos non foi doado, porque implicou reducir a actividade económica e conseguir a complicidade na disciplina social necesaria. Outro dos retos da pandemia era mellorar os servizo sanitario, dotándoo tanto de maiores medios técnicos como de persoal. Neste aspecto semella que non se fixo todo o esforzo necesario, tendo en consideración o escenario máis negativo, como era lóxico, máxime cando todo amosa que esta roto o equilibrio entre o ser humano e a natureza, polo que estas situacións pódense repetir con novos virus, catástrofes climáticas…

Continue reading →

Os retos que nos deixa o ano da pandemia

Con toda seguridade o ano que deixamos atrás será lembrado polos efectos do covid-19, e non só polas consecuencias no ámbito sanitario: millóns de contaxios e mortes e persoas con secuelas, que reflicten a fraxilidade dos seres humanos. Lembrarémolo tamén porque deixou en evidencia os límites do capitalismo, así como dos hábitos e o modo de vida actuais. Estaba prevista unha nova crise do sistema, afirmábase que polo carácter astronómico da débeda; mais tamén pola estrema centralización e concentración da riqueza e do poder, que agravou a precariedade e desigualdade, minguando o medre do PIB, acentuando en todos os ámbitos a disputa entre as grandes potencias.

Continue reading →

Cando a dependencia ten un forte reflexo interno

 

Despois obter unha ampla maioría de votos a favor dos orzamentos no Congreso, deixando acurrunchada á dereita e cun argumentario reducido ao ideolóxico, todo indica que serán aprobados sen cambios. Son uns presupostos máis ambiciosos que os anteriores, marcados polas preferencias do PP, xa que viñan da etapa de Montoro. Polo tanto teñen unha postura de partida progresista e están condicionados por unha política expansiva para superar a crise, un modelo de enerxía ecolóxica e a dixitalización impulsados pola UE. No acordo ten un papel destacado o nacionalismo catalán e vasco, co que isto pode implicar en relación a procura dunha saída negociada ao conflito con Cataluña e recoñecer no futuro a realidade plurinacional. No relativo á cuestión social quedan cortos, e pendentes dunha reforma fiscal máis equitativa, xa que a actual é moi favorábel as grandes fortunas e corporacións, mesmo en comparanza cos estados da UE que serven de modelo á socialdemocracia.

Continue reading →

Orzamentos, oportunidade perdida

Malia que o Presidente da Xunta de Galiza presentou os orzamentos de 2021 como os máis grandes da historia da autonomía, os datos amosan que non é así e que ademais resultan insuficientes. Teñamos en consideración a urxencia dos gastos extras que implica a pandemia, tanto sanitaria como para soster unha parte do tecido produtivo e manter o emprego, así como a necesidade de dar un pulo que adapte a economía a nova etapa (dixitalización, confrontación entre potencias…). Daquela que os partidos da oposición cualificasen estes orzamentos como os dunha oportunidade perdida, tendo en consideración as políticas expansivas da UE na materia.

Continue reading →

Abondará co confinamento e a vacina?

Semella lóxico e necesario que o Estado de Alarma, mesmo sendo xestionado polas autonomías, sexa valorado nun pleno do Congreso cada dous meses como mínimo. Despois de todo a coordinación e última palabra sempre a ten o Governo central. Sen dúbida trátase dunha medida excepcional que en principio implica recorte de liberdades co obxectivo de beneficiar a saúde colectiva. Daquela que sexa necesario que ao mesmo tempo existan mecanismos que garantan o exercicio da protesta laboral, social e política, a este dereito non se lle pode tratar igual que a reunión dun grupo de amigos/as, aínda que se esixan medidas especificas. Polo tanto é lóxico que a esquerda votase a favor, con todo tipo de prevencións e criticas a como se realizou a proposta polo Governo e os criterios; porque o importante e superar esta pandemia máis non a calquera prezo.

Continue reading →

Economía e sociedade en tempos pandemia

Organismos tan ligados á globalización neoliberal como o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial recoñecen que a superación da pandemia levará tempo, e que contribuirá ao aumento da desigualdade, como consecuencia dun medre do desemprego, precariedade e caída dos ingresos. Cun segundo gromo do covid-19 consideran que no Estado español paro atinxiría o 22% da povoación activa no próximo ano, e unha caída do PIB do 12,8% este ano (FMI). Para o Banco de España o PIB medrará no 2021 entre o 4,1% e o 7,3% no mellor dos escenarios.

Continue reading →