Uruguai e Allariz unidos polos “Charrúas”

Manuel Suárez publicou hai máis dunha década un artigo, moi documentado e interesantei no que sinalaba que a denominación dos indios Charrúas provén, con toda seguridade, do nome das máscaras que se utilizan durante o entroido na vila de Allariz (máscaras que en Laza e Verín chámanse “peliqueiros” e en Xinzo “pantallas”). Súarez, emigrante desde neno no Uruguai, e que retornou xa hai anos a Galiza, ten varios libros sobre o tema emigratorio e a pegada deixada polos galegos e galegas alén mar (Memorias rioprantenses; Emigración galega no tango riopratense) así como numerosos artigos.

Continue reading →

Galegos na defensa de Bos Aires

Na historia do noso país, hai éxitos e derrotas, tamén feitos que nos vencellan en momentos chaves con outras nacións. Por exemplo coa Arxentina. Un deses feitos que non se debe esquecer aconteceu no ano 1806, cando 1.600 soldados británicos con oito canóns, ao mando do coronel Beresford, atacaron por vez primeira Bos Aires.

Continue reading →

Emigrantes galegos na defensa de Bos Aires

No ano 1806, en xuño, hai máis de dous séculos, 1.600 soldados británicos con oito canóns, ao mando do coronel Beresford, atacaron por vez primeira Bos Aires. Daquela a cidade tiña uns 42.000 habitantes. Non había ningunha urbe dese tamaño na Galiza, e Montevideo da outra banda do río, a 200 quilómetros, non chegaba aos 10.000. Bos Aires era capital do Vicerreinado do Río da Prata (colonia española), fundouse no ano 1776, e comprendía ademais do que hoxe é Arxentina, Uruguai, Paraguai e Bolivia, aínda que grandes zonas destes territorios non foran conquistadas, e os povos autóctonos aínda mantiñan o control destas áreas.

Continue reading →

Galegos na defensa de Bos Aires

En xuño do ano 1806 un total de 1.600 soldados británicos con oito canóns, ao mando do coronel Beresford, atacaron por vez primeira Bos Aires, aproveitando a Guerra con Francia e a ocupación do Reino de España por esta. Daquela esta cidade do río da Prata tiña uns 42.000 habitantes, Montevideo da outra banda do río, a 200 quilómetros, non chegaba aos 10.000. Non había ningunha cidade dese tamaño na Galiza. Bos Aires era capital do Vizrreinato do Río da Prata, que se fundou no ano 1776, e comprendía ademais do que hoxe é Arxentina, Uruguai, Paraguai e Bolivia, aínda que grandes zonas do territorio, no sur e no Chaco, estaban baixo dominio dos povos autóctonos.

Continue reading →

Galegos na defensa de Bos Aires

Hai pouco máis de dous séculos, os galegos tiveron un protagonismo importante en Bos Aires, cando esta cidade, de 45.000 habitantes, capital do Vicerreinado do Río da Prata, rexeitou por dúas veces a invasión das tropas británicas. Vexamos o contexto. Inglaterra cobizaba as colonias da Coroa de Castela, e tiña daquela como escusa a convivencia desta coa Francia napoleónica. A primeira invasión comezou co desembarco en Quilmes o 25 de xuño de 1806. O Vicerrei Sobremonte optou covardemente pola retirada ao interior, mentres chamaba ás milicias a resistir. A resistencia das tropas e voluntarios permitiu reconquistar Bos Aires no mes de agosto.

Continue reading →

A forza das cacerolas

Hai agora tres décadas producíase no Uruguai unha forte vaga mobilizadora, que mudou o rumbo da historia dese país de América Latina; no que por certo hai tantos descendentes de galegos e galegas e aspectos culturais comúns. O 25 de setembro de 1983 saían ás ruas de Montevideo,  cunha povoación de un millón de habitantes, máis de 100.000 persoas batendo nas cacerolas e garrafas, e facendo soar pitos, pra esixir o fin da ditadura militar. Segundo a revista Terceiro Mundo: “o clima que reinava em 25 de Setembro já não era o mesmo de 25 de Agosto”, facendo a seguinte valoración “do espontaneismo do barulho do 25 de Agosto, passa-se a uma segunda jornada de resistência con palavras de ordem bem concretas: apagon e cacerolas. Levar a desobediência civil ao límite”.
Continue reading →