Uruguai e Allariz unidos polos “Charrúas”

Manuel Suárez publicou hai máis dunha década un artigo, moi documentado e interesantei no que sinalaba que a denominación dos indios Charrúas provén, con toda seguridade, do nome das máscaras que se utilizan durante o entroido na vila de Allariz (máscaras que en Laza e Verín chámanse “peliqueiros” e en Xinzo “pantallas”). Súarez, emigrante desde neno no Uruguai, e que retornou xa hai anos a Galiza, ten varios libros sobre o tema emigratorio e a pegada deixada polos galegos e galegas alén mar (Memorias rioprantenses; Emigración galega no tango riopratense) así como numerosos artigos.

Continue reading →

“Gallego” Soto, a emigracion rebelde

Cando se fala da Arxentina, así como de América Latina, en relación coa Galiza, normalmente destacase a masiva emigración, tanto durante a segunda metade do século XIX como boa parte do XX. Mais os galegos e galegas tiveron ademais un importante papel, non só como man de obra, senón tamén no ámbito político, sindical e mesmo cultural de moitos deses países. Este é o caso do “Gallego Soto”. Así se lle chama na Arxentina ao principal dirixente das folgas de 1920-1921 realizadas na Patagonia, na provincia de Santa Cruz, cuxa capital é Río Gallegos (…que casualidade).

Continue reading →

Galegos e sindicalismo na Patagonia

O “Gallego Soto”, así chamaban na Arxentina ao dirixente das folgas de 1920-1921 realizadas na actual provincia de Santa Cruz, na Patagonia. Antonio Soto naceu o 8 de Outubro de 1897 na cidade de Ferrol, e morreu en Punta Arenas, na Patagonia chilena, o 11 de Maio de 1963. emigrou por segunda vez a Bos Aires no ano 1914 (xa estivera uns anos de cativo), e no ano 1920 chegou á Patagonia arxentina, como tramollista nunha compañía de teatro. Alí incorporouse axiña á Sociedad Obrera de Rio Gallegos, da que o 24 de Maio de 1920 foi elexido Secretario Xeral; varios paisanos máis forman parte da dirección.

Continue reading →

O Galego Soto líder da Patagonia Rebelde

Hai un século da segunda folga dos traballadores rurais da Patagonia arxentina, que comezou a mediados de setembro de 1921 e rematou traxicamente no mes de decembro, coa masacre na facenda “La Anita” e posteriormente noutras “estancias” (facendas). Calcúlase que perante o paro foron fusilados (asasinados) entre 300 e 1.500 peóns polo exército. Nestas folgas tivo un papel destacado o ferrolán Antonio Soto Canalejo, que será homenaxeado o xoves nesta cidade pola CIG, a CTA-a de Arxentina e a CUT de Chile.

Continue reading →

No Día da Patria, lembranza e reivindicación

Este ano cúmprese un século da primeira vez que se celebrou o Día Nacional de Galiza, despois de que en setembro de 1919 se tomase a decisión na 2ª Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala. Este ano estará marcada por dous feitos de enorme transcendencia, por unha banda a vertixinoso crecemento da representación no Parlamento Galego dunha forza soberanista como é o BNG, e que a CIG sexa a maior central sindical en número de delegados/as, e por outro lado, pola situación de emerxencia mundial que implica a pandemia do covid-19. Un virus que amosou a fraxilidade da humanidade, porén que asemade acelerou a confrontación entre potencias e a crise económica, deixando un evidencia un sistema que alentou a desigualdade, precariedade, guerras destrutivas, desfeita ecolóxica… malia a importancia dos avances científico técnicos e na capacidade produtiva.

Continue reading →

Era inevitábel o fin do Centro Galego de Bos Aires?

Estes días, varios medios de comunicación informaban que os/as socios e traballadores/as do Centro Galego de Bos Aires acordaron vender a sede principal desta entidade. A decisión implica a súa entrega a un consorcio formado pola empresa valenciana Ribera Salud, e a arxentina Fundación Favaloro. A primeira adicada á xestión sanitaria e a segunda á prestación, ensinanza e investigación sanitaria. Deste xeito, saldaríanse as débedas e manteríase a continuidade a efectos do cadro de persoal, con axustes. Era algo que se vía vir. Especialmente porque a xestión non sempre foi a máis axeitada nas últimas décadas. Así manifestáronmo hai anos, traballadores da entidade, nalgunha das viaxes que fixen á Arxentina. E todo indica que neste aspecto, non contribuíu positivamente a colaboración da Xunta, que seica condicionou a súa axuda a que fose xestionado esta entidade por unha empresa privada, por suposto non galega (ligada ao PP?).

Continue reading →

Privatización españolista

2008 08 11 arxentina bos aires 1450184Afilieime ao Centro Galego de Bos Aires en febreiro de 1968, co número de socio 251.627, un ano e medio despois participaría activamente nas eleicións internas nas que Mourente intentou virar a liña e establecer relacións coa Embaixada Española e, por medio dela, coa ditadura franquista. Dicíase que entidade tiña nese intre uns cen mil afiliados e afiliadas. Na Arxentina eran tempos delicados, xa que estaba governando unha ditadura presidida por Ongania, que derrocara mediante un golpe militar ao radical Arturo Umberto Illia. Un proceso eleitoral nunha institución tan grande non foi ben visto polo governo.
Continue reading →

A protesta sanitaria

Onde menos se esperaba, no sector da saúde, Núñez Feijóo abriu non só unha vía senón varias canles de auga, que non semella que poida pechar nen rápido nen totalmente. O anceio privatizador dos conservadores, de aforricas cando se trata de temas sociais e abrir as mans sen medo cando os favorecidos son as clases altas, estalle abrindo demasiadas frontes, malia contar cun apoio sen fendas no empresariado e importantes medios de comunicación. Porén, as clases dominantes nunca o controlan todo porque son minoría social.
Continue reading →