O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

Temidos e respectados

A de 1846 foi unha revolución que tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar o governo do conservador Narváez do Partido Moderado (sería substituído por Istúriz en plena revolta), e recobrar a unidade territorial de Galiza, perdida por mor da Constitución de 1833. A rebelión comezou o 2 de abril cando se pronunciou en Lugo o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, ao mando do comandante Miguel Solís, que estaba de paso para Valladolid. Días despois, sumaríanse as cidades de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui. Mentres, as tropas con base na Coruña convertíanse no centro do apoio ao governo. Contra o esperado, a insurrección non prendeu no resto do Estado español, e colleu na Galiza un carácter reivindicativo provincialista (pre-nacionalista). Constituíronse Xuntas Revolucionarias en todas as cidades e vilas nas que houbo pronunciamentos. O 15 de abril a Xunta Suprema de Galiza nomeou presidente Pío Rodríguez Terrazo e secretario a Antolín Faraldo.

Continue reading →

Unha proposta con moita miga

Un dos grandes retos da humanidade é atopar un punto de equilibrio entre a mobilidade necesaria, a curta, media e longa distancia, reducindo o consumo de enerxía e logrando que esta sexa a menos contaminante e perigosa (estou pensando tanto nas que consumen materia fósil como nas centrais nucleares, e mesmo nos materiais necesarios para a constituír células fotovoltaicas e aereoxeradores). Ademais, seria un erro analizar esta cuestión especifica da produción de enerxía por separado do tipo de produción de bens e servizos, da forma de vida, e mesmo da densidade demográfica e organización do territorio, porque todo incide, e o mundo ten limites en moitos destes aspectos.

Continue reading →

1846, insurrección na Galiza: para que nos teman e nos respecten

Van cento setenta e cinco anos do levantamento militar que fixo que os ollos de todo o Estado español miraran cara Galiza. Todo comezou o 2 de abril cando se pronunciou en Lugo o segundo batallón do Rexemento de Zamora que estaba de paso para Valladolid, baixo o mando de Miguel Solís. O obxectivo era afastalo da Coruña, unha cidade liberal, na que xunto con Ferrol, estábase a preparar unha insurrección contra o governo conservador de Ramón Narvaez, reinando Isabel II.

Continue reading →

Loitas que deron pulo ao sindicalismo nacionalista, A folga de agosto de 1977 do transporte de Lugo

Despois da dura represión sobre o movemento obreiro galego por parte da ditadura franquista, como resposta ás folgas xerais de 1972, en marzo no Ferrol e en setembro en Vigo, de vagar foise recuperando a mobilización da clase traballadora. Foi un proceso que abrangueu a toda Galiza, e non só ás grandes empresas do metal, senón que tamén a outros sectores sectores moi postergados, ou porque tiñan un papel secundario na actividade produtiva, pola sua fragmentación, e a baixa cualificación. Sen dúbida axudaba na extensión da conflitividade as tímidas reformas políticas e a legalización das centrais sindicais.

Continue reading →

Electrointensivas, distinta vara de medir?

A última puxa polo prezo da electricidade para o sector electrointensivo resultou para as empresas un fracaso. Polo que saltaron todas as alarmas tanto no noso país, así como en Asturias, Euskadi e Cataluña. As criticas céntranse na actitude pasiva do Goberno en relación con esta problemática, malia as promesas de garantir unha tarifa eléctrica para o sector que lle permita competir en igualdade de condicións con outros fabricantes europeos. Esta postura contrasta coa decisión, seica fundamentada na urxencia e no interese xeral, pola que o Goberno aprobou un Decreto-Lei o pasado 22 de novembro garantindo ás centrais eólicas e fotovoltaicas un mínimo do 7,09% de rendibilidade.

Continue reading →

Centenario da Asemblea Nacionalista

O vindeiro fin de semana conmemorase un século da Asemblea Nacionalista de Lugo, convocada polas Irmandades da Fala, que naceran dous anos antes. Esta primeira xuntanza foi un salto cualitativo, tanto pola redacción dun manifesto, como pola federación de todas Irmandades existentes no País nunha estrutura única. Ademais fíxose da Nosa Terra seu voceiro. No limiar o manifesto proclamaba: ““Tendo Galiza todas as características dunha nacionalidade, nós nomeamonos dende hoxe para sempre nacionalistas galegos, xa que a verba “rexionalismo” non recolle todas as aspiracións nen encerra a intensidade dos nosos problemas”.

Continue reading →

A proposta federativa de Lugo

O 17-18 de novembro cúmprese un século da aprobación do Manifesto Nacionalista de Lugo, unha data sobranceira na historia da Galiza. No Estado español governaba García Prieto, que formou parte dunha ringleira de executivos efémeros, moi condicionados pola guerra en Marrocos, sementada de desastres militares, ao que se sumaba a conflitividade social. García Prieto, ligado a Galiza e emparentado con Montero Ríos, cae ao querer aprobar as “mancomunidades”.

Continue reading →

Para que nos teman e nos respecten. A revolución galega de abril de 1846

1846 Batalla de Cacheiras2Van cento setenta anos do levantamento militar que fixo que os ollos de todo o Estado español miraran cara a Galiza. Unha insurrección que tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar o goberno do conservador Narváez do Partido Moderado (sería substituído por Istúriz en plena insurrección), e recobrar a unidade territorial de Galiza, perdida por mor da Constitución de 1833. O levantamento de 1846 na Galiza “en principio foi un pronunciamento propio do progresismo español, no que tamén participaron destacados progresistas galegos, pero logo do fracaso fóra de Galiza ‘provincialízase’ a través da Xunta Superior do Goberno de Galiza, instalada en Santiago, que preside Rodríguez Terrazo e da que é secretario Antolín Faraldo” (Historia de Galiza, Ramon Villares, Alhambra).

Continue reading →

A folga do lixo en Lugo

V14-06-10 Folga Urbaser (3).grandean dous meses do inicio da folga do lixo na cidade de Lugo. Resulta evidente que ninguén mantén un paro tan longo se non existen razóns moi fortes, máxime cando se trata de asalariados cuns ingresos e condicións laborais que non son nada do outro mundo, aínda que hoxe hai moitos que pensan que só polo feito de traballar as persoas xa deben dar grazas e aceptar calquera condición laboral… Se cadra nesta consideración tan primitiva, e ademais funcional á cobiza empresarial, estea unha das razóns polas que esta folga se alongou tanto, e porque a dirección de Urbaser está pechada a calquera solución que non pase pola claudicación do persoal.

Continue reading →