O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

Guiné, unha colonia liberada coa loita do povo

O 24 de setembro de 1973 cúmprese medio século da proclamación unilateral da independencia de Guiné, realizada pola Asemblea Nacional Popular reunida en Boé, no territorio libre da ocupación portuguesa. “O asasinato de Amílcar Cabral coincidiu, intencionadamente con toda probabilidade, co momento de máximo desenvolvemento militar e político do PAIGC. Xusto cando unha Asemblea Nacional tiña sido elixida por votación directa entre os habitantes das zonas liberadas (…) estaba composta por 120 membros, oitenta dos cales foron elixidos directamente entre os candidatos populares e corenta entre os cadros do Partido” (África negra, dominio blanco; Emilio Menéndez del Valle; Ediciones del Espejo; Madrid 1974). En novembro dese, ano a República de Guiné-Bissau foi recoñecida como membro de pleno dereito da ONU (por 93 votos a favor, 7 en contra e 30 abstencións). Despois da Revolución dos Caraveis o 25 da abril de 1974, o 10 de setembro, Portugal recoñecería a independencia de Guiné-Bissau.

Continue reading →

Para que nos teman e respecten

Todo comezou coa insurrección liberal dun batallón de paso por Lugo o 2 de abril de 1846, e axiña sumáronse tropas de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui, mais ningunha cidade do Estado español. O levantamento adquiriu un carácter provincialista (pre-nacionalista), xa que cuestionaba o goberno conservador de Narváez e pedía recobrar a unidade territorial da Galiza, eliminada coa eliminación do Reino galego no ano 1833. O periódico Revolución da Xunta Superior de Galiza afirmaba en 1846: “galegos, contando co voso apoio lograrase que a nosa provincia [que definía como unha colonia da Corte] sexa temida e respectada”.

Continue reading →

Sáhara: bater no máis débil.

A decisión de Pedro Sánchez de renunciar á postura histórica do Estado español (EE) e agora apostar pola proposta marroquí en relación co Sáhara Occidental, mediante unha carta enviada a Mohammed VI, que este país filtrou aos medios de comunicación, deixa en evidencia a inconsistencia do PSOE, tanto nos contidos como nas formas. A ocupación por Marrocos en 1976, forzou a expatriación a área de Tinduf en Alxeria da maioría da povoación; escusándose o Governo español, que deixou axer a Mohammed V, na delicada situación interna por mor da transición política despois da morte do ditador.

Continue reading →

Programa Mínimo, unidade e participación

A esquerda está a pasar por unha conxuntura difícil, de carencia de alternativas para o medio prazo, aquel que liga o momento actual coas transformacións sistémicas, estratéxicas. Falta unha folla de ruta. Daquela que neste contexto no esencial ofrécense solucións progresistas, dentro do sistema, e cando se expón un relato radical saltase ao obxectivo final, ao socialismo como palabra máxica que todo o resolve. Normalmente este discurso considerado estratéxico está reservado para os actos internos ou simbólicos, de minorías e activistas. Esta eiva no proceso trasladase polo tanto ao relato, e á sociedade. Evidentemente que isto sexa así ten moito que ver co desmantelamento da Unión Soviética, coa falta dunha análise do sucedido asumida colectivamente pola militancia dos partidos e organizacións sociais valorando os erros e os acertos desta etapa, e sobre todo socializar as conclusións. O propio pódese dicir respecto das análises en relación con China, Cuba, etc.

Continue reading →

A derrota española en Annual

A ocupación e as guerras en terra marroquí foron, a partires da primeira década do século pasado, unha sangría de mozos galegos, así como do conxunto do Estado, dando lugar a non poucos motíns contra as quintas e desercións, como antes sucedera coa guerra en Cuba. A resposta foi de tal magnitude que en 1914 as desercións atinxían a un 22,09% dos recrutas. O Estado español buscou na expansión en África un substituto aos territorios perdidos en 1898 en América e Asia, na guerra cos Estados Unidos. Aínda que presenza militar no norte de África era antiga, como tamén o foi a portuguesa, tampouco se pode obviar que a Península estivo ocupada perante séculos polas invasións de árabes e bereberes.

Continue reading →

O Estado Galego, reivindicación histórica

No ano 1931, ou sexa fai agora 90 anos, despois da proclamación da 2ª República, o entusiasmo popular a prol dun cambio fixo pensar que se ían atender as reivindicacións seculares de Galiza, máxime estando as clases populares tan mobilizadas. A declaración do Estado Galego o 25 e 27 de xuño en Ourense e Compostela, ao abeiro da folga do ferrocarril, poñía máis unha vez a cuestión nacional en primeiro plano. En ambos casos cun papel protagonico de Alonso Ríos. Obxectivo que figuraba no anteproxecto do Estatuto de Galiza redactado pola ORGA ese mesmo mes, no que se afirmaba no seu primeiro artigo: “Galiza é un Estado libre dentro da República Federal Española”.

Continue reading →

A Fouce, un voceiro pra fender a rocha

Nunha de tantas conversas con Moisés da Presa, antes das reunións da Irmandade Galega de Bos Aires (IG), nas que este as veces falábame da Sociedade Nacionalista Pondal (SNP), dado que existía moi pouco escrito sobre esta organización, e que el fora unha das figuras centrais, comprometino a que escribise en A Nosa Terra (ANT) sobre o tema. E así o fixo no nº 516, de xuño de 1971 reproducindo un artigo que fixera no ano 1956 para a revista Galicia Emigrante. Neste número de ANT ademais hai dous artigos meus, ambos con alcumes, un sobre o programa da UPG, e outro encol da cuestión nacional co titulo de: “unha consigna, liberación”. Neste exemplar de ANT faise tamén mención á morte do poeta de Meira (aínda que naceu en Riotorto) Avelino Díaz, que me presentou, levándome á súa casa tempo antes, Xerminal Filgueira, nacionalista galego e anarquista, que coidaba importante que o coñecese.

Continue reading →

Hai colonias en Europa?

Durante os últimos meses, no Estado español e especialmente dende algúns sectores auto-proclamados de esquerda, ao fío do proceso de independencia na Cataluña, déronse todo tipo de argumentos para demostrar que o dereito de autodeterminación non é valido (nen posíbel) no contexto actual, e sobre todo no marco da Unión Europea. Neste senso, hai quen considera que este dereito só é aplicábel cando se trata de territorios moi afastados xeograficamente, ou cando se reproducen as condicións de relación centro/periferia, propias do período previo á Segunda Guerra Mundial.

Continue reading →

O medio prazo

Pedro Sánchez desapareceu de escena, despois de apoiar o PP con armas e bagaxes, coa escusa de que estaba en perigo a unidade de España. Mentres, a portavoz do PSOE, Margarita Robles, xustificaba que os membros da Generalitat ingresasen en prisión preventiva, dando azos á postura da xuíz. E Felipe González, o dos pactos do 78, o da entrada na OTAN, o dos contratos temporais e da privatización das empresas públicas, sentenciaba que Carles Puigdemont era un covarde por marchar a Bruxelas. El non é precisamente o que pode dar leccións. Ademais, a viaxe ten máis de internacionalización do conflito que de fuga.

Continue reading →