O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

O valor de coñecer o pasado

Foron unha excepción os medios de comunicación sistémicos que deron información dos actos da celebración do Día da Clase Obreira Galega, non é unha casualidade faise con practicamente todas as datas que fortalecen o carácter singular da nación galega, xa que estas accións revindicativas permiten (aínda que sexa parcialmente) o coñecemento da nosa historia, ou deixan en evidencia a confrontación de clase e a dependencia nacional. Esta non é unha cuestión menor, daquela que os partidos sistémicos, mesmo aqueles que din respectar a Constitución española, que recoñece a Galiza como unha nacionalidade histórica, agochan e ignoran estas datas, ou lembran algunha illadamente para lle restar importancia á nosa singularidade histórica, cultural, lingüística. Saben que o coñecemento da propia historia, e do contexto de cada etapa, é esencial para comprender o actual modelo socio-económico, e o papel que ten o noso país en todos os ámbitos, cales son e porque as tendencias dominantes, e polo tanto, ter máis elementos para decidir cales son as follas de ruta e as forzas necesarias, e as políticas de alianza, para superar eivas e atrancos… para avanzar.

Continue reading →

Galiza: un estado libre e republicano

O 28 de xuño cúmprense 87 anos do referendo do Estatuto de Autonomía da Galiza durante a 2ª República. O texto aprobado en 1936 recoñecía ao noso país como unha “rexión autónoma no Estado español (EE) dacordo coa Constitución da República e o presente Estatuto”. Unha das particularidades é que permitía a incorporación posterior de territorios limítrofes con características históricas, culturais, económicas e xeográficas iguais, en clara referencia ao Bierzo, á zona galego falante de Asturias e da Seabra en Zamora. Neste aspecto superaba en moito o actual Estatuto, xa que cuestionaba os límites administrativos impostos por séculos de dependencia.

Continue reading →

Temidos e respectados

A de 1846 foi unha revolución que tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar o governo do conservador Narváez do Partido Moderado (sería substituído por Istúriz en plena revolta), e recobrar a unidade territorial de Galiza, perdida por mor da Constitución de 1833. A rebelión comezou o 2 de abril cando se pronunciou en Lugo o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, ao mando do comandante Miguel Solís, que estaba de paso para Valladolid. Días despois, sumaríanse as cidades de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui. Mentres, as tropas con base na Coruña convertíanse no centro do apoio ao governo. Contra o esperado, a insurrección non prendeu no resto do Estado español, e colleu na Galiza un carácter reivindicativo provincialista (pre-nacionalista). Constituíronse Xuntas Revolucionarias en todas as cidades e vilas nas que houbo pronunciamentos. O 15 de abril a Xunta Suprema de Galiza nomeou presidente Pío Rodríguez Terrazo e secretario a Antolín Faraldo.

Continue reading →

O Estado Galego, reivindicación histórica

No ano 1931, ou sexa fai agora 90 anos, despois da proclamación da 2ª República, o entusiasmo popular a prol dun cambio fixo pensar que se ían atender as reivindicacións seculares de Galiza, máxime estando as clases populares tan mobilizadas. A declaración do Estado Galego o 25 e 27 de xuño en Ourense e Compostela, ao abeiro da folga do ferrocarril, poñía máis unha vez a cuestión nacional en primeiro plano. En ambos casos cun papel protagonico de Alonso Ríos. Obxectivo que figuraba no anteproxecto do Estatuto de Galiza redactado pola ORGA ese mesmo mes, no que se afirmaba no seu primeiro artigo: “Galiza é un Estado libre dentro da República Federal Española”.

Continue reading →

Estado libre, república galega, autonomía

O vindeiro 28 de xuño cúmprense 83 anos da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galiza durante a 2ª República. O texto aprobado en 1936 recoñecía a Galiza como unha “rexión autónoma no Estado español de acordo coa Constitución da República e o presente Estatuto”. Unha das particularidades é que permitía a incorporación posterior de territorios limítrofes con características históricas, culturais, económicas e xeográficas iguais, en clara referencia ao Bierzo, á zonza galego falante de Asturias e da Seabra en Zamora.

Continue reading →

O Estado Galego, unha loita que vén de lonxe

O vindeiro mes de novembro conmemórase o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo, que foi un paso decisivo na conformación do ideario do nacionalismo galego. Entre outros aspectos, a Asemblea acordaba unha autonomía integral para Galiza nunha Federación Ibérica incluíndo a Portugal. Tamén proclamaba igualdade de dereitos para a muller, pedía a representación proporcional no sistema electoral e a eliminación das deputacións, e exixía a nacionalización dos ferrocarrís. Ademais facía unha enumeración das competencias do poder galego, no ámbito político, económico, xurídico, etc.

Continue reading →

A revolución de 1846 fracasou en Ourense

Antoln-Faraldo_thumbHai 170 anos do levantamento en Lugo de sectores progresistas do exército contrarios a Narváez, quen presidía o Governo. Terían como aliados os “provincialistas”, que reivindicaban a unidade da provincia (Galiza) e un trato xusto. Estes últimos déronlle un perfil galeguista á insurrección, cando non foi apoiada no resto do Reino. Ao levantamento militar uniuse Compostela, a provincia de Lugo e Pontevedra. Formáronse xuntas revolucionarias e incorporáronse carabineiros e gardas civís, así como máis dun milleiro de voluntarios civís, entre eles universitarios. Despois da formación da Xunta Suprema de Galiza o día 15 de abril en Compostela, creáronse dúas divisións, duns 2.500 homes cada unha. A comandada por Solís tiña a finalidade de liberar A Coruña e Ferrol, e a que dirixía Leoncio Rubín de Celis, Ourense.

Continue reading →

Para que nos teman e nos respecten. A revolución galega de abril de 1846

1846 Batalla de Cacheiras2Van cento setenta anos do levantamento militar que fixo que os ollos de todo o Estado español miraran cara a Galiza. Unha insurrección que tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar o goberno do conservador Narváez do Partido Moderado (sería substituído por Istúriz en plena insurrección), e recobrar a unidade territorial de Galiza, perdida por mor da Constitución de 1833. O levantamento de 1846 na Galiza “en principio foi un pronunciamento propio do progresismo español, no que tamén participaron destacados progresistas galegos, pero logo do fracaso fóra de Galiza ‘provincialízase’ a través da Xunta Superior do Goberno de Galiza, instalada en Santiago, que preside Rodríguez Terrazo e da que é secretario Antolín Faraldo” (Historia de Galiza, Ramon Villares, Alhambra).

Continue reading →