O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

Marzo do 72, a loita que a ditadura non gañou

O dez de marzo de 1972 foi un día amargo para Ferrol e toda Galiza, xa que eran asasinados nas rúas da cidade dous operarios de Bazán e uns trinta resultaban feridos (algúns de gravidade) por mor da represión policial ordenada pola ditadura franquista. Ese mesmo día foron detidas 14 persoas. O conflito xurdiu porque os obreiros do estaleiro Bazán querían negociar un convenio a nivel provincial, separándose do inter-provincial no que estaban integrados, xa que neste existía unha correlación de forzas desfavorábel ás reivindicacións da clase obreira do estaleiro galego.

Continue reading →

Temidos e respectados

A de 1846 foi unha revolución que tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar o governo do conservador Narváez do Partido Moderado (sería substituído por Istúriz en plena revolta), e recobrar a unidade territorial de Galiza, perdida por mor da Constitución de 1833. A rebelión comezou o 2 de abril cando se pronunciou en Lugo o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, ao mando do comandante Miguel Solís, que estaba de paso para Valladolid. Días despois, sumaríanse as cidades de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui. Mentres, as tropas con base na Coruña convertíanse no centro do apoio ao governo. Contra o esperado, a insurrección non prendeu no resto do Estado español, e colleu na Galiza un carácter reivindicativo provincialista (pre-nacionalista). Constituíronse Xuntas Revolucionarias en todas as cidades e vilas nas que houbo pronunciamentos. O 15 de abril a Xunta Suprema de Galiza nomeou presidente Pío Rodríguez Terrazo e secretario a Antolín Faraldo.

Continue reading →

Unha proposta con moita miga

Un dos grandes retos da humanidade é atopar un punto de equilibrio entre a mobilidade necesaria, a curta, media e longa distancia, reducindo o consumo de enerxía e logrando que esta sexa a menos contaminante e perigosa (estou pensando tanto nas que consumen materia fósil como nas centrais nucleares, e mesmo nos materiais necesarios para a constituír células fotovoltaicas e aereoxeradores). Ademais, seria un erro analizar esta cuestión especifica da produción de enerxía por separado do tipo de produción de bens e servizos, da forma de vida, e mesmo da densidade demográfica e organización do territorio, porque todo incide, e o mundo ten limites en moitos destes aspectos.

Continue reading →

Para que nos teman e respecten

Todo comezou coa insurrección liberal dun batallón de paso por Lugo o 2 de abril de 1846, e axiña sumáronse tropas de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui, mais ningunha cidade do Estado español. O levantamento adquiriu un carácter provincialista (pre-nacionalista), xa que cuestionaba o goberno conservador de Narváez e pedía recobrar a unidade territorial da Galiza, eliminada coa eliminación do Reino galego no ano 1833. O periódico Revolución da Xunta Superior de Galiza afirmaba en 1846: “galegos, contando co voso apoio lograrase que a nosa provincia [que definía como unha colonia da Corte] sexa temida e respectada”.

Continue reading →

Dez de Marzo. Lembranza e aprendizaxe

Cúmprese medio século das mobilizacións da Bazan a prol dun convenio propio, provincial, rexeitando o de empresa a nivel do Estado español, xa que esquecía reivindicacións fundamentais para o persoal de Ferrol. Daquela este estaleiro era o que tiña a maior número de empregados no país galego, uns 5.500, aos que se sumaban os das empresas auxiliares. O conflito durou uns meses, mais o día 9 de marzo os traballadores foron desaloxados violentamente da empresa, e o 10 atopáronse coas portas pechadas da factoría, polo que en número de 4 mil decidiron realizar unha marcha até Caranza, onde había unha enorme cantidade de obras en construción e moitos obreiros do sector para unir á mobilización; e ademais permitíalles converxer coa mobilización que esperaban partise do estaleiro de Astano en Fene. Mais á altura das casas baratas saiulles ao paso a policía armada para cortar a manifestación, os obreiros do naval guindaron pedras e as forzas represivas responderon con balas, e como resultado: 2 mortos (Amador e Daniel) e uns 40 feridos. Axiña se estendeu a solidariedade ao resto da cidade, e nos días seguintes especialmente a Vigo, así como á Coruña e ao ámbito estudantil en Santiago de Compostela.

Continue reading →

Estado libre nunha República Federal

O 25 de xuño de 1931 en Ourense e o 27 do mesmo mes en Compostela proclamouse simbolicamente o Estado Galego, ao pouco de establecerse a Segunda República. Fixéronse estes pronunciamentos ao abeiro dunha folga laboral, apoiada pola maioría social e moitos concellos, contra a suspensión da construción do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña. Na obra traballaban 12.000 operarios. A medida que se estendeu a noticia da paralización da construción aumentaron as protestas. Entre elas, a concentración realizada por republicanos e galeguistas en Ourense o 13 de xuño no xardín do Posío, na que falaron Eleuterio Salgado, Basilio Álvarez e Otero Pedrayo.

Continue reading →

Estado libre, república galega, autonomía

O vindeiro 28 de xuño cúmprense 83 anos da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galiza durante a 2ª República. O texto aprobado en 1936 recoñecía a Galiza como unha “rexión autónoma no Estado español de acordo coa Constitución da República e o presente Estatuto”. Unha das particularidades é que permitía a incorporación posterior de territorios limítrofes con características históricas, culturais, económicas e xeográficas iguais, en clara referencia ao Bierzo, á zonza galego falante de Asturias e da Seabra en Zamora.

Continue reading →

A proclamación da República Galega

Coa proclamación da 2ª República, o 14 de abril de 1931, moitos pensaban que se ían atender axiña as reivindicacións seculares, o que xerou un enorme entusiasmo popular. Convocáronse pra o 28 de xuño as eleccións pra Asemblea Constituínte. Durante este breve período sucedéronse importantes acontecementos. Maciá proclamou o 14 de abril a República catalá. Prodúcense tensións co Governo central, e o 3 de agosto aprobase o Estatuto de autonomía. No noso País o 4 de xuño celebrase na Coruña, por iniciativa de ORGA, unha xuntanza pra redactar un anteproxecto de Estatuto de autonomía. Preséntanse varias propostas, a do Seminario de Estudos Galegos sinala: ”Galiza é un Estado libre dentro da República Federal Española”.

Continue reading →

Para que nos teman e nos respecten. A revolución galega de abril de 1846

1846 Batalla de Cacheiras2Van cento setenta anos do levantamento militar que fixo que os ollos de todo o Estado español miraran cara a Galiza. Unha insurrección que tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar o goberno do conservador Narváez do Partido Moderado (sería substituído por Istúriz en plena insurrección), e recobrar a unidade territorial de Galiza, perdida por mor da Constitución de 1833. O levantamento de 1846 na Galiza “en principio foi un pronunciamento propio do progresismo español, no que tamén participaron destacados progresistas galegos, pero logo do fracaso fóra de Galiza ‘provincialízase’ a través da Xunta Superior do Goberno de Galiza, instalada en Santiago, que preside Rodríguez Terrazo e da que é secretario Antolín Faraldo” (Historia de Galiza, Ramon Villares, Alhambra).

Continue reading →