O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

O Tío Marcos da Portela

No ano 1876 saia do prelo, na cidade de Ourense, o primeiro exemplar dunha publicación periódica enteiramente en galego: O Tío Marcos da Portela. Era unha obra colectiva, aínda que a iniciativa foi de Valentín Lamas Carbajal. Existiu un periódico anterior, en 1860 na Coruña, que se chamou O Vello do Pico Sacro, porén os estudosos do tema coinciden en que foi o semanario ourensá o que realmente se pode considerar o primeiro, tanto pola súa permanencia como pola súa difusión (ao final do primeiro ano tiraba 4.000 exemplares). Nun principio publicouse bi-semanalmente e despois todos os domingos en oito páxinas de folio. Lamas Carbajal naceu en Ourense no ano 1849 e morreu na mesma cidade en 1906.

Continue reading →

A primeira folga xeral

O pasado 14 de febreiro fixo catro décadas que o sindicalismo nacionalista atreveuse en solitario a realizar unha “folga nacional na Galiza”, aproveitando a convocatoria de CC.OO., UGT e INTG, para facer un paro na comarca de Vigo, e en Astano e Bazán no Ferrol, contra a reconversión no sector naval (atinxía especialmente a Astano que pasaría a ter un cadro de persoal de 2.200 operarios dun total de 5.689 cos que contaba nese intre). A INTG (hoxe CIG) propuxo ás outras dúas centrais alargar a folga a toda Galiza, mais estas contestaron que non había condicións, porque a situación non era o mesma en todos lados, e que facía imposíbel un paro de solidariedade. Dende o nacionalismo retrucábase que se ían parar outros sectores na comarca de Vigo porque non en Ourense ou Lugo, máxime sendo o naval estratéxico e abranguendo o desmantelamento industrial e o desemprego a todo o país.

Continue reading →

A primeira folga xeral

O pasado 14 de febreiro fixo catro décadas que o sindicalismo nacionalista atreveuse en solitario a realizar unha “folga nacional na Galiza”, aproveitando a convocatoria de CC.OO., UGT e INTG, para facer un paro na comarca de Vigo, e en Astano e Bazán no Ferrol, contra a reconversión no sector naval (atinxía especialmente a Astano que pasaría a ter un cadro de persoal de 2.200 operarios dun total de 5.689 cos que contaba nese intre). A INTG (hoxe CIG) propuxo ás outras dúas centrais alargar a folga a toda Galiza, mais estas contestaron que non había condicións, porque a situación non era o mesma en todos lados, e que facía imposíbel un paro de solidariedade. Dende o nacionalismo retrucábase que se ían parar outros sectores na comarca de Vigo porque non en Ourense ou Lugo, máxime sendo o naval estratéxico e abranguendo o desmantelamento industrial e o desemprego a todo o país.

Continue reading →

A folga xeral galega de febreiro do 84

Este mes cúmprense catro décadas da primeira folga nacional galega, posterior á 2ª República. Antes realizouse a folga de 1932 contra o despedimento na Construtora Naval de gran parte do cadro de persoal, así como por exemplo o paro de 1917 que abrangueu a todo o Estado español. O paro de 1984 tivo como detonante o desmantelamento do sector naval, especialmente na Galiza, aínda que tamén había outras razóns de fundo, como: a desindustrialización e desfeita do agro e pesca, e a secular discriminación. O paro convocouse o 14 de febreiro pola INTG, CCOO e UGT nas comarcas de Vigo e Ferrol, que estaban máis directamente atinxidas pola “reconversión naval”, e a Intersindical Nacional de Traballadores Galegos, antecedente da CIG, estendeuno a toda Galiza.

Continue reading →

A primeira folga xeral, un pulo cualitativo

O 14 de febreiro cúmprense catro décadas da primeira folga xeral galega posterior á Segunda República. Foi realizada por iniciativa da INTG (Intersindical Nacional de Traballadores Galegos), antecedente da CIG. Un paro que tiña como eixo central a oposición á “reconversión” da construción naval que afectaba especialmente a Galiza, e daquela era a principal actividade industrial do País. Aínda que Ferrol e Vigo eran as comarcas máis directamente afectadas, en realidade a nación galega sufría tamén noutros sectores o impacto da reconversión proposta polo Governo central dirixido polo PSOE. O reaxuste estaba ligado ás esixencias para a integración na Comunidade Europea. Neste marco as centrais sindicais CCOO e UGT, convocaron un paro exclusivamente nas bisbarras de Vigo e Ferrol, que tiña o éxito garantido, tendo en conta as grandes mobilizacións anteriores. Mais a INTG defendía unha que implicase un salto cualitativo e unha maior presión polo que propuxo e realizou un paro nacional galego.

Continue reading →

Lembrando a Curros

Manuel Curros Enríquez, naceu en Celanova no ano 1851 e morreu na Habana en 1908 é unha figura relevante da Galiza de finais do século XIX e principios do XX. O enterro de Curros fíxose na Coruña, con moita polémica por medio. No concello xurdiu o debate sobre se o enterro debía ser católico ou laico. Acordouse que o fillo do poeta decidise, foi na súa procura Nan de Allariz, partidario do enterro laico. Abelardo, o fillo, decidiuse polo enterro católico, seica influído por Alfredo Vicenti. Á velada fúnebre, celebrada no Teatro Principal non asistiu a representación obreira, que convocou un gran mitin de protesta, no que interveu Manuel Casas. As opinións estaban tan confrontadas que se temeu unha folga xeral. Ao cortello fúnebre asistiron unhas 40.000 persoas, segundo os xornais.

Continue reading →

Folga no siderometal ourensá

Os traballadores/as do siderometal da provincia de Ourense xa realizaron dous días folga a pasada semana, o 28 e 29, que foi seguida maioritariamente, e unha manifestación o último día. E teñen convocado un paro indefinido a partir do día 5 de outubro. A súa principal reivindicación é a recuperación do poder adquisitivo dos salarios. A inflación na Galiza en 2021 foi do 6,7% e a reclamación que fan os sindicatos é: do 6,5% pra este ano, igual porcentaxe no 2023 e do 5% pra o 2024. Esta folga abrangue a uns 5.000 traballadores/as.

Continue reading →

Bóveda: Fixen canto puiden por Galiza e máis faría

“Cando por vez primeira na miña vida, o 12 de abril, fun exercitar o meu dereito a voto e votei pola República non era pra min un fin, senón un medio, como un medio tamén é o Estatuto”. Deste xeito expresábase Alexandre Bóveda. Trátase dun paragrafo no que marca a folla de ruta, o inmediato e o estratéxico, xa que ilustra con toda claridade cales eran os obxectivos do nacionalismo galego durante a Segunda República.

Continue reading →