O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

A Gallaecia e Galiza en fontes non españolas

Quero máis unha vez comentar, polo seu interese respecto da nosa historia, o libro “Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales”, de Ana María Carballeira Debasa, (editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas, no ano 2007). Na súa investigación a autora dá unha extensa información sobre o destacado papel da Galiza durante esa época. Antecedentes que aportan argumentos para valorar acaidamente a cuestión nacional galega, máxime neste intre no que a cuestión das nacionalidades e do Estado plurinacional volve máis unha vez a estar a debate, negándose polo centralismo a realidade histórica da formación do Estado, os distintos centros de poder existentes e a súa diversidade cultural e lingüística.

Continue reading →