O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

1846: insurrección armada na Galiza

Hai 175 anos todas as miradas da península estarían atentas aos acontecementos no noso país. Todo comezou o 2 de abril de 1846 cando se rebelou en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid. Queríase afastalo da Coruña, onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríanse ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

A revolución de 1846 fracasou en Ourense

Antoln-Faraldo_thumbHai 170 anos do levantamento en Lugo de sectores progresistas do exército contrarios a Narváez, quen presidía o Governo. Terían como aliados os “provincialistas”, que reivindicaban a unidade da provincia (Galiza) e un trato xusto. Estes últimos déronlle un perfil galeguista á insurrección, cando non foi apoiada no resto do Reino. Ao levantamento militar uniuse Compostela, a provincia de Lugo e Pontevedra. Formáronse xuntas revolucionarias e incorporáronse carabineiros e gardas civís, así como máis dun milleiro de voluntarios civís, entre eles universitarios. Despois da formación da Xunta Suprema de Galiza o día 15 de abril en Compostela, creáronse dúas divisións, duns 2.500 homes cada unha. A comandada por Solís tiña a finalidade de liberar A Coruña e Ferrol, e a que dirixía Leoncio Rubín de Celis, Ourense.

Continue reading →