O “provincialismo” galego na rebelión de 1846

O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narvaez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.

Continue reading →

O banquete de Conxo, a unidade obreira-estudantil

As irmandades da Fala, o Partido Galeguista, as organizacións fundadas na emigración e no exilio polo galeguismo, conmemoraban entre outras datas senlleiras da historia da nación galega o Banquete de Conxo. Realizado o 2 de marzo de 1856 en Conxo, na contorna de Compostela. Unha data que sen dúbida tamén é importante pra clase obreira galega xa que é a primeira vez que se lle dá un protagonismo especial como suxeito político-social. A iniciativa foi de Aurelio Aguirre, poeta, persoa con predicamento entre os obreiros e estudantes de Santiago de Compostela, e divulgador das ideas socialistas entre a clase operaria (esencialmente artesáns). Estas ideas agromaron en certos sectores, como os tipógrafos, e cidades como Compostela e Pontevedra. A esta tarefa divulgativa sumáronse ademais Rodríguez Seoane, Indalecio Armesto, Paz Novoa, etc.

Continue reading →

Un estado plurinacional

Nos seus estatutos unha parte das autonomías son consideradas nacionalidades históricas, ou sexa: como nacións. Na propia constitución dise respecto do Estado español que: “recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións co integran”. Polo tanto negar o carácter plurinacional do Estado español ten un obxectivo político, claramente centralista e autoritario, que teima en reinterpretar os textos, facendo da “nacionalidade histórica” parte do pasado e non unha caracterización actual (e daquela que se diferencie entre nacionalidades e rexións). Mais esta reinterpretación nesgada (das clases dominantes) non só ignora a historia senón a realidade cotiá, como é a existencia dunha lingua propia, formas culturais particulares. Ao que cómpre engadir a forza do sentimento de pertenza a un colectivo por parte das nacionalidades históricas, que se reflicte nun gran número de organizacións cinguidas en exclusiva a ese ámbito: políticas, sociais, sindicais, culturais, etc.

Continue reading →

Temidos e respectados

A de 1846 foi unha revolución que tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar o governo do conservador Narváez do Partido Moderado (sería substituído por Istúriz en plena revolta), e recobrar a unidade territorial de Galiza, perdida por mor da Constitución de 1833. A rebelión comezou o 2 de abril cando se pronunciou en Lugo o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, ao mando do comandante Miguel Solís, que estaba de paso para Valladolid. Días despois, sumaríanse as cidades de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui. Mentres, as tropas con base na Coruña convertíanse no centro do apoio ao governo. Contra o esperado, a insurrección non prendeu no resto do Estado español, e colleu na Galiza un carácter reivindicativo provincialista (pre-nacionalista). Constituíronse Xuntas Revolucionarias en todas as cidades e vilas nas que houbo pronunciamentos. O 15 de abril a Xunta Suprema de Galiza nomeou presidente Pío Rodríguez Terrazo e secretario a Antolín Faraldo.

Continue reading →

Autonomía, estado libre, república galega

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O 28 de xuño cúmprense 86 anos da aprobación do Estatuto de Autonomía da Galiza durante a 2ª República. O texto aprobado en 1936 recoñecía ao noso país como unha “rexión autónoma no Estado español dacordo coa Constitución da República e o presente Estatuto”. Unha das particularidades é que permitía a incorporación posterior de territorios limítrofes con características históricas, culturais, económicas e xeográficas iguais, en clara referencia ao Bierzo, á zona galego falante de Asturias e da Seabra en Zamora.

Continue reading →

O estratéxico no Día da Patria Galega

A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala (IF), do 25 de xullo de 1920, facía un chamamento a que “non houbese fogar galego, aldeán ou vilego, que deixase de exteriorizar o seu patriotismo no Día de Galicia”. Na editorial falábase de nación e patria. Nesta data así como nun artigo de Vitor Casas facíase mención a que “pola derradeira Asembreia qu’en Compostela xuntou ós nacionalistas, foi acordado facer “Día da Patria” o 25 do mes de Santiago”. Nesta xuntanza do ano 1919, a segunda, as Irmandades acordaron propostas como a igualdade absoluta política e civil da muller. Lembrouse a Antolín Faraldo (figura destacada da Revolución de 1846 e antecedente da loita de Galiza como colonia da Corte).

Continue reading →

A insurrección de 1872 no Ferrol

Ferrol vive dende hai meses mobilizacións acotío, como a masiva do pasado día 17 de outubro, con reivindicacións que son de xustiza, para evitar que morra esta cidade traballadora, que foi a primeira base industrial do país. Tamén están postas nela as miradas da poboación por mor da denuncia que fai o co-secretario comarcal da CIG, López Pintos, por ser golpeado durante e despois da detención no contexto dunha protesta do sector naval. Non son situacións novas porque Ferrol pasou na súa historia por momentos conflitivos, nos que o movemento foi sometido a todo tipo de presións e violencia. Por exemplo, a folga de 1972,  na que foron asasinados Amador e Daniel e feridos varias ducias máis de traballadores o día 10 de marzo; ou o paro comarcal do ano 1932 que durou tres semanas, e nas que por solidariedade toda Galiza fixo unha folga xeral durante tres días.
Continue reading →

O Estado Galego

Na idade moderna foron moitos os intentos que con diversa incidencia social e política fixéronse en Galiza pra recuperar a soberanía perdida na época dos Trastamara, aínda que o proceso de colonización real encetara coa “castración e doma” dos Reis Católicos, logo da última guerra irmandiña. O primeiro intento que coñecemos é inmediatamente posterior á desaparición dos reinos, ou sexa: de Galiza como unha entidade única. Como reaxer en 1843 celebrase unha asembleia en Lugo, pra tratar encol da organización territorial, e nela Antolín Faraldo propón o debate sobre a independencia de Galiza; seica a moción perdeu por só un voto. Seria de novo Antolín Faraldo o que en 1846 a través do periódico Revolución, como órgano da Xunta Suprema de Galiza, caracterizaría ao noso país como unha “colonia da Corte” e argumentaba que a revolta era pra que nos temeran e respetaran. Polo tanto xa se manexaban na política galega dous conceitos importantes: colonia e soberanía.
Continue reading →