A folga do lixo en Lugo

V14-06-10 Folga Urbaser (3).grandean dous meses do inicio da folga do lixo na cidade de Lugo. Resulta evidente que ninguén mantén un paro tan longo se non existen razóns moi fortes, máxime cando se trata de asalariados cuns ingresos e condicións laborais que non son nada do outro mundo, aínda que hoxe hai moitos que pensan que só polo feito de traballar as persoas xa deben dar grazas e aceptar calquera condición laboral… Se cadra nesta consideración tan primitiva, e ademais funcional á cobiza empresarial, estea unha das razóns polas que esta folga se alongou tanto, e porque a dirección de Urbaser está pechada a calquera solución que non pase pola claudicación do persoal.

Continue reading →

A revolución das películas

Hai un século do inicio da Revolución Mexicana, o 20 de novembro de 1910, que durante unha década convulsionou a este país, e encheu as páxinas dos xornais en todo o mundo, e que despois sería tema recorrente nos filmes norteamericanos. A convocatoria foi feita por Francisco Madero desde Texas, onde estaba exiliado, logo de se opor á reelección do ditador Porfirio Díaz, que gobernaba desde 1876. Os preparativos revolucionarios fracasaron, porén sumáronse ao levantamento grupos de campesiños, obreiros e peóns rurais dirixidos por figuras que despois destacarían, como Francisco Villa, Pascual Orozco, Emiliano Zapata, Abraham González…
Continue reading →

México, a revolución anunciada

Francisco Madero que se opuxera á reelección Porfirio Díaz, convocou desde o seu exilio ao pobo mexicano á se erguer en armas o 20 de novembro de 1910 contra o ditador, que levaba gobernando o país desde 1876. A revolución anunciada (fai agora un século) perdeu toda posibilidade de éxito cando foron detidas as súas cabezas en Puebla e na cidade de México. Porén  algúns grupos de campesiños e obreiros rurais armados, sen conexión co partido de Madero, iniciaban ese mesmo día a loita armada nas provincias do norte, dirixidos por figuras como Francisco Villa e Pascual Orozco. No sul do país destacou axiña Emiliano Zapata.
Continue reading →