“Xermolos sindicais”, así xurdiu o sindicalismo nacionalista e combativo

Hai medio século, durante os últimos anos do franquismo, a Fronte Obreira (FO) da Unión do Povo Galego (UPG) daba un novo paso na creación dunha estrutura que servise de base para a construción dunha central sindical nacional, democrática e de clase, unha vez lograda a caída da ditadura. A FO obreira constituirase a nivel nacional na primavera de 1973, nunha reunión de media ducia de persoas, de Vigo e Compostela, feita nun prado rente do rio Ulla, preto da ponte do mesmo nome entre a capital de Galiza e a vida da Estrada.

Continue reading →

Moncho Reboiras, unha lembranza necesaria

Como pasa o tempo, xa hai case medio século, 48 anos, que Moncho Reboiras foi asasinado en Ferrol pola policía da ditadura, o 12 de agosto de 1975. Reboiras foi unha figura clave no nacemento do sindicalismo nacionalista, tanto da Fronte Obreira da Unión do Povo Galego na primavera de 1973, como posteriormente na constitución do Sindicato Obreiro Galego (SOG) en maio de 1975. Co remate da longa noite de pedra do franquismo, o SOG daría lugar á ING, logo á INTG, despois viría a ruptura en 1985 e posteriormente a unificación da INTG+CXTG na Confederación Intersindical Galega (CIG).

Continue reading →

Galiza e a Revolución dos Caraveis

A Revolución dos Caraveis en Portugal, do 25 de abril de 1974, foi un berro de liberdade que se escoitou moi forte desta banda do Miño, na Galiza, e que deu maiores folgos aos partidos políticos e organizacións sociais que loitaban dende a clandestinidade contra a ditadura franquista. Así o foi especialmente para o nacionalismo galego que erguía as bandeiras da soberanía nacional e a xustiza social. Esta complicidade coa “Revolución do Cravos”, fica reflectida no Terrra e Tempo, voceiro da Unión do Povo Galego (UPG), nunha nota baixo o título “Carta ao movemento militar” na que se dicía:“Todo o povo galego vibra de solidariedade e entusiasmo. Os muros das nosas aldeas e cidades énchense de letreiros nos que se le: Viva Portugal!”.

Continue reading →

A Fronte Obreira da UPG

Na primavera de 1973, no mes de abril, un fato de persoas mozas facían como se estiveran descansando e comendo un bocadillo para repoñer forzas nun prado á beira do río Ulla, moi perto de Pontevea, a medio camiño entre Compostela e a Estrada. Mais, na práctica mantiñan unha xuntanza para poñer os primeiros alicerces a nivel nacional da Fronte Obreira da Unión do Povo Galego (UPG). Alí estaban, o que escribe, “Pepiño de Teis”, así como Casal, Lima e dúas persoas máis, tamén traballadores da Citroën. Un grupo pequeno e representativos de moi poucas empresas, eu daquela traballaba no sector da construción como electricista. Converxían na Fronte Obreira (FO) militantes da UPG e de Galicia Socialista (GS) que se acababa de integrar á primeira. Galicia Socialista era unha pequena organización política con base Vigo.

Continue reading →

O dez de marzo represión, solidariedade e afouteza

Hai 51 anos preto de catro mil manifestantes, operarios do estaleiro de Bazán, no Ferrol, dirixíronse á entrada da cidade, despois de atopar pechadas as portas do estaleiro por peche patronal. O obxectivo era sumar aos operarios que ian saír do estaleiro de Astano, en Fene, atravesando a ponte de As Pías, así como aos traballadores da construción de Caranza. Á altura das “Casas Baratas” sesenta grises (policía armada) cortáronlles o paso e dispararon contra os manifestantes, que guindan pedras e recuaron,… continúan os disparos dos “grises” e caen mortos Daniel Niebla e Amador Rey, e son feridos outros vinte oito traballadores

Continue reading →

Setembro de 1972, unha folga decisiva

Cúmprese medio século dunha folga xeral, a de setembro de 1972 na comarca de Vigo, que merece a mesma consideración que a de marzo do mesmo ano no Ferrol. Diría máis, tanto o paro de Barreras en Maio, que contou coa poio solidario doutras en empresas en Vigo, como sobre todo a folga xeral de setembro na cidade foron accións que deixaron patente que o acontecido en Ferrol non era un conflito puntual ou local. Amosaron que a oposición á ditadura, e polos dereitos sociais nacionais e democráticos na Galiza, xa tiña naquela altura unha ampla base social, ou sexa, había unha forte conciencia política e un estado de animo combativo.

Continue reading →

A folga de setembro (de 1972 en Vigo) sementou o cambio

O 11 de setembro de 1972, ou sexa, fai hoxe medio século, comezaba unha folga na Citroën de Vigo, que ese mesmo día estendeuse a outras empresas da cidade e con enorme rapidez a gran parte da comarca durante dúas semanas. Nese período houbo unha forte represión policial, e despedimentos masivos, dos que se concretaron máis 400 (foron enviadas 6.000 cartas). É lóxico polo tanto que esta sexa unha data que mereza unha lembranza moi especial por parte do sindicalismo galego, e moi especificamente da CIG. Xa que a folga, como as súas consecuencias, foron as que lle deron un empuxe definitivo tanto ao nacemento do sindicalismo nacionalista como á súa rápida expansión no movemento obreiro.

Continue reading →

Lembranza dun militante exemplar

Moncho Reboiras Noia criouse en Teis, un dos barrios máis populares de Vigo, moi preto do estaleiro Vulcano. O 12 de Agosto de 1975 foi asasinado pola policía franquista nun portal da rúa da Terra no Ferrol. Tiña 25 anos, titularase de enxeñeiro técnico electricista e traballou en varias empresas de Vigo e A Coruña.

Continue reading →

Folga do metal, ensinanzas do pasado

Hai mais dun mes que comezou o conflito do metal na provincia de A Coruña, centrado na negociación dun novo convenio colectivo, que rematou hai dous anos, e que a patronal negase a renovar non sendo que a clase traballadora acepte condicións moi regresivas. No último mes as centrais sindicais con incidencia (CIG, CCOO e UGT) responderon con catro xornadas de folga que foron un éxito, tendo en consideración a participación nas mobilizacións, a actitude dos medios de información, e a actitude represiva da patronal. As reivindicacións sindicais son lóxicas, mesmo moderadas: que o salario se actualice todos os anos co IPC, un día máis de vacacións, regulación do plus de perigosidade, limitación das ETTS. As pretensións da patronal, poñen as primeiras pedras para un retroceso histórico nas condicións laborais: asinar un convenio por seis anos, sen actualización anual e ademais flexibilizar unha parte da xornada, 176 horas, que se realizarían cando a empresa o estime oportuno, o que crea unha situación de dependencia constante da empresa, que impide que o traballador e traballadora podan programar a súa vida persoal á marxe da actividade laboral

Continue reading →

A primeira folga do transporte na provincia de Pontevedra

Os anos 1976 e 1977 destacáronse polas grandes folgas sectoriais, superando así o retroceso causado pola represión de 1972 na organización e mobilizacións reivindicativas da clase obreira galega. A situación posterior a aquela dura represión era complexa, xa que xunto ás declaracións de abertura ao mesmo tempo empregábase acotío a forza policial. Por exemplo, o primeiro de maio de 1977, xa governando Adolfo Suárez, non se puido celebrar en moitas cidades o Día Internacional da Clase Traballadora en moitas as manifestacións foron disolta pola policía. Agora ben, a situación xa non era a mesma no ámbito sindical na Galiza que en 1972. No ano 1975 nacía o SOG que tería como voceiro o Eixo. E a finais de 1976 dáse un importante debate interno no nacionalismo respecto da formación dunha central sindical galega, sendo o primeiro paso a saída do SOG da ANPG para constituír un sindicato de masas. Este paso adiante consolidarase coa Intersindical Nacional Galega (ING), constituída en marzo e legalizada en maio de 1977 (na que se integran tanto o SOG, como a UTEG, UTSG e SGTM).

Continue reading →