Inmigración: integrar e regular

Que o Congreso español tramitará a iniciativa popular para regularizar a medio millón de persoas que entraron ilegalmente é un paso positivo. Entre os votos favorábeis está o do BNG. Coido que é unha medida correcta, tanto porque permite que estes inmigrantes conten con todos os servizos básicos, así como poder realizar todas as actividades en condicións de legalidade, especialmente con entidades públicas e as sobre todo as de tipo laboral. Fago especial mención a este último aspecto porque o número de regulacións deixa en evidencia a existencia dun importante “mercado negro” de sobre explotación e condicións laborais en precario. E isto non só afecta a este colectivo senón tamén e dun xeito moi negativo ao conxunto da clase traballadora e outros sectores populares, como mínimo en tres aspectos: preme á baixa os salarios e condicións laborais; reduce os ingresos fiscais; e implica un gasto a ter en conta en servizos públicos e axudas sociais.

Continue reading →

Castelao, e a proposta “frentista”

No ano 1950, o 7 de xaneiro, morría en Bos Aires, no exilio, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, sen dúbida unha das figuras sobranceiras da nación galega. Nado en Rianxo en 1886, foi emigrante de rapaz na Arxentina, na provincia de La Pampa entre os anos 1895 e 1900. Xa retornado, a partires de 1908, comezou a publicar seus debuxos na revista Vida Gallega. En 1912 adheriuse a Acción Gallega, dirixida polo polémico e destacado axitador social Basilio Álvarez, abade de Beiro. Na súa andaina de persoa que desexa colaborar no rexurdimento nacional de Galiza ingresa nas Irmandades da Fala cando estas se constitúen en 1917.

Continue reading →

Castelao sempre presente

No mes de xaneiro naceu e morreu Castelao, daquela que o nacionalismo galego faga neste mes unha lembranza tan especial da súa vida e contribución á nación galega. Naceu o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo, e morreu o mesmo mes o día sete do ano 1950, en Bos Aires, no exilio. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi sen dúbida a personalidade galega máis sobranceira do último século. Co gallo do seu falecemento o xornal A Nosa Terra nun especial salientaba, que: “fixo culto do amor a Galiza e ao seu povo, e loitou arreo pola súa liberdade”. O franquismo quixo agochar a súa figura, como intentou esmagar todo aquelo que tiña relación co feito nacional galego, coas xustas reclamacións dos de abaixo, dos labregos pobres e a clase obreira… mais non o conqueriu.

Continue reading →

Viqueira, patria e socialismo

Co gallo da celebración do Día da Patria Galega a Irmandade Galega de Bos Aires, a fronte política no exilio creada a iniciativa de Castelao, fíxose o día anterior no Centro Ourensán un acto, cunha asistencia moi numerosa e receptiva. No evento falou Bieito Cupeiro (de Barallobre), dirixente desta entidade, que presentou o libro “Xohán Vicente Viqueira: Vida, persoalidade, pensamento”. Na súa intervención puxo de releve a contribución intelectual e patriótica do homenaxeado. Os textos que se recollen son unha escolma realizada por Luis Veiga do Campo. A publicación fíxose por iniciativa dunha morea de sociedades, agrupacións e coros galegos de Bos Aires.

Continue reading →

Os derradeiros anos da Irmandade Galega

O 13 de decembro de 1941 nacía en Bos Aires a Irmandade Galega, como entidade cultural e patriótica, á que o Centro Ourensá cedíalle un local pra súa secretaria. Pouco despois en maio de 1942 xurdían as Mocidades Galegas que daban a coñecer seu ideario nun manifesto. Axiña agromaron outras irmandades en Mendoza, Montevideo, etc. A Irmandade Galega tivo como grupo matriz ao Partido Galeguista de Bos Aires, e persoas que proviñan da arredista Sociedade Nazonalista Pondal (que xurdira no ano 1926 e mantivérase activa ate 1936), así como outras con propostas moi diversas no plano económico e social: marxistas, anarquistas… Ou sexa, era unha fronte política.

Continue reading →

Alonso Ríos e a proclamación do Estado Galego

Ao abeiro da folga na construción do ferrocarril A-Coruña-Zamora, ás dúas da mañá do 25 de xuño de 1931, no concello de Ourense izouse a bandeira galega e un mozo dirixiuse aos concentrados declarando constituída a República Galega. O 26 de xuño de 1931, reuniríanse nesta cidade delegacións de toda a Galiza para asistir á asemblea sobre a suspensión das obras. Os operarios acordaron convocar folga xeral pra o día seguinte. Os xornais salientan das reunións a intervención de Antón Alonso Ríos, como presidente da “Comisión Permanente a Prol do Estatuto”. Tamén chegaron á cidade unha morea de obreiros afectados pola paralización doutras localidades, a maioría deles da comarca do Carballiño. Na noite dese día un grupo de manifestantes asaltou o edificio do Governo Civil, rachando a bandeira tricolor e erguendo a bandeira galega ao berro de ¡Viva Galiza ceibe!

Continue reading →

Bieito Cupeiro, o Barallobre emigrante

A filla de Bieito Cupeiro reuniuse co concello de Fene para solicitar axuda a fin de que os restos do seu pai puidesen repousar en Barallobre. Os medios salientaban que a sua filla, nacida na Arxentina, falaba correctamente o galego, como é lóxico co acento porteño, o que deixaba constancia, mesmo a este nivel, da coherencia do seu pai. Sería positivo que repousase en Barallobre, non só polo amor á Terra de orixe que profesaba, senón como recoñecemento daqueles que durante a ditadura mantiveron acesas na emigración as reivindicacións democráticas e de xustiza social. A neste aspecto tanto a Irmandade Galega (IG) de Bos Aires, como o Consello de Galiza, entidades nas que el tivo un papel relevante, son lembranza obrigada da loita contra a ditadura e a prol dos dereitos nacionais de Galiza.

Continue reading →

Castelao, unha lembranza obrigada

O 7 de xaneiro de 1950 morreu en Bos Aires, no exilio, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, sen dúbida unha das personalidades máis destacadas da historia dos últimos dous séculos da nación galega. Nado en Rianxo en 1886, foi emigrante de rapaz na Arxentina, na provincia de La Pampa, entre os anos 1895 e 1900. A partires de 1908 comezou a publicar seus debuxos na revista Vida Gallega. Integraríase en Acción Gallega, e posteriormente ingresa nas Irmandades da Fala en 1917.

Continue reading →

Castelao, a voz do povo

A figura máis sobranceira do nacionalismo galego, Daniel A. Rodríguez Castelao, morreu no exilio, o 7 de xaneiro de 1950. Naceu en Rianxo no ano 1886, e estivo de rapaz como emigrante coa súa familia na Arxentina. Co gallo do seu falecemento dicía A Nosa Terra no número de xullo de 1950, nun especial adicado ao tema, que: “fixo culto do amor a Galiza e ao seu povo, e loitou arreo pola súa liberdade”. O franquismo fixo todo o posíbel por afogar a súa figura, como intentou tamén esmagar todo aquelo que tiña relación co feito nacional galego, coa nosa identidade, coas xustas reclamacións dos de abaixo, cos labregos pobres e a clase obreira… mais non o conqueriu.

Continue reading →

A Galiza na que vivín hai seis décadas

Hai seis décadas por estas datas emigraba por segunda vez á Arxentina, retornaba despois de pasar todo o ano 1962 vivindo en Ourense, concretamente na rúa Tras-estación San Francisco. As razóns, non podía convalidar totalmente os tres anos de estudos que fixera na escola industrial en Bos Aires (unha carreira de seis anos, despois dos sete de primaria, da que se saia co titulo de técnico, coido equivalente ao de enxeñeiro técnico aquí). Esta segunda emigración non foi unha decisión sinxela, xa que co regreso a Galiza remataba unha experiencia, que tamén abranguía aos meus pais e irmá, coa que pretendiamos deixar no pasado a morriña pola Terra. A miña decisión afectou a toda a familia que meses despois regresou a Bos Aires.

Continue reading →