Discurso de guerra e reaxuste a todos os niveis

Ás declaracións do Primeiro Ministro polaco, respecto de que a Unión Europea está nunha situación de preguerra, súmase a de outros mandatarios europeos, como as de Macron presidente de Francia que anticipa que estaría disposto a enviar tropas á Ucraína, para evitar que venza nesta guerra a Federación Rusa, ou que se asine un pacto de paz que favoreza a Moscova e fortaleza un mundo multipolar. Ou sexa, que na UE sen consultalo coa povoación, nen tratalo nos parlamentos, estase impoñendo desde os executivos e medios de comunicación sistémicos a mensaxe da belixerancia como única saída. E isto implica que en calquera momento pódese converter o conflito entre Ucraína+OTAN nunha guerra europea e mesmo mundial, malia que ese non sexa o obxectivo final dos que aumentan a tensión. O perigo dunha guerra nuclear son evidentes, cando cada día dáse un novo paso no enfrontamento, e ambas partes contan con medios abondo neste aspecto. Daquela non habería triunfadores, xa que ninguén pode garantir que os ataques fosen localizados e moi limitados.

Continue reading →

A trampa da retroalimentación dos inimigos

Que un dos mellores servizos de intelixencia do mundo non fose quen de se decatar da preparación dun ataque militar de Hamas contra as áreas limítrofes de Israel, desperta moitas sospeitas, máxime cando o escenario que crea favorece en gran medida a Netanyahu, moi contestado pola povoación israelí. Outra cousa é que se esperase unha incursión de menos entidade, facilmente controlábel, aínda que se pretendese aproveitar para escenificar unha situación excepcional para tomar decisións que permitisen paralizar a conflitividade interna e, ao mesmo tempo, levar adiante medidas moi fortes contra un Hamás cada vez máis atrevido e cunha importante base social. A rapidez coa que respondeu os Estados Unidos desprazando portaavións, o feito de que seica Exipto informou a Israel dos preparativos dunha operación de Hamás, etc. poden ser desmentidos, mais encadran mellor coa realidade, e amosan ate que punto tanto USA como Israel, e o propio “occidente” ten gravado no seu imaxinario que son o centro do mundo, cun papel determinante para a humanidade.

Continue reading →

Volven os bloques ou imponse o mundo multipolar?

Todas as previsións respecto da evolución da economía da Unión Europa a curto e medio prazo, son negativas, e é especialmente grave cando se trata de Alemaña, Países Baixos, etc. en xa que cumpren o papel de “locomotora”. Como se desenvolveu o proceso é máis que evidente, incidiu facer fronte e recuperarse dos efectos do covid, e sumouse un novo atranco por mor das múltiples sancións contra Rusia, principal subministrador da enerxía á Unión Europea. Foron uns afectos negativos non calculados pola Comisión Europea, que se agravaron a medida que se impuxeron máis sancións, coa escusa de que ao final ían conseguir o obxectivo de paralizar á Federación Rusa.

Continue reading →

Arabia, reunión pola paz na Ucraína

Este fin de semana Arabia Saudita convoca unha reunión pola paz na Ucraína, á que seica van asistir uns 30 países e outros (como USA) enviar observadores. Á xuntanza está convocado Kiev mais non Moscova, que non rexeitou a reunión e seica estará atenta ao que alí se debata e acorde. En principio semella máis unha nova demostración de que, desde distintos sectores non comprometidos coa guerra, estase buscando unha saída ao conflito que confronta á OTAN e Rusia. Ademais, todo indica que o enfrontamento armado non deixa de escalar, con todo o que iso implica na seguridade mundial, ao que se suman os efectos negativos sobre o comercio mundial, como consecuencia das sancións e da demonización do contrario, e da consolidación nesta fase da ruptura en bloques. Ademais, non poucas potencias rexionais e países da periferia manteñen unha política cada vez menos ligada ás partes participantes do conflito.

Continue reading →

En disputa o reparto na cadea de valor

Se hai algo que destaca na Unión Europea nesta conxuntura é o medre da conflitividade laboral e social, como consecuencia da inflación e un menor crecemento do PIB (será no futuro negativo en moitos países?…). Unha crise que ten unha relación coa confrontación e sancións a Rusia por parte do G-7, e a actitude seguidista da UE respecto de Washington, o que puxo en cuestión un proceso produtivo cunha enerxía barata. Unha substitución de petróleo e gas (e outras materias primas) que non é doada e que ademais terá en principio importantes custes, xa que as enerxías alternativas non abranguen todas as necesidades, e a construción de centrais atómicas leva tempo, son caras e constitúen un risco. Afectando á competitividade, e polo tanto ao emprego e aos ingresos salariais, das pensións e prestacións, e das pequenas e medianas empresas.

Continue reading →

Acordos da OTAN, un retrato estratéxico

A reunión do G-7 e posteriormente da OTAN colocan máis unha vez en primeiro plano aos Estados Unidos, e con practicamente todos os aliados (para alén do dobre xogo de Turquía) en ringleira e facendo méritos para seguir seus ditados e mesmo engadirlles un extra. Co agravante de que se trata de botar máis leña ao lume, co perigo que implica unha guerra nuclear. Entre eles está o Estado español que se gastou nada menos que 50 millóns de euros no evento (ademais mercou un extra de 20 avións eurofighter por 2 mil millóns de euros). Iso si, cun Pedro Sánchez amosando a súa ledicia por verse tan preto de Biden, e considerando un éxito unha maior presenza militar desta potencia imperialista no Estado español, malia o que isto implica de dependencia. E aproveitando o momento para anunciar á sociedade (afogada pola perda de poder adquisitivo) un aumento do gasto militar, que seica se xustifica pola invasión rusa da Ucraína (o real xa é hoxe un 50% superior ao que figura nos orzamentos). Esquecendo entre outros feitos, os bombardeos previos sobre o Dombas (14.000 mortes), o incumprimento dos acordos de Minsk, e a negación a dar garantías de que a Ucraína non entraría na OTAN, dado que colocaría en perigo o equilibrio nuclear e a seguridade da Federación Rusa. Ao que se debe engadir as medidas represivas de Kiev sobre toda a oposición política, esencialmente de esquerdas, un tema ignorado nos medios occidentais.

Continue reading →

Ucraína, dialogo ou feitos consumados

Despois dun mes de guerra na Ucraína, como consecuencia da invasión do exército ruso, todo indica que se vai estender máis do esperado por Putin, en boa medida porque os países da OTAN e aliados fornecen ás tropas ucraínas de armamento, voluntarios e mercenarios, e un apoio mediatico inmenso para alentar resistencia e demonizar a Moscova. Ademais, resulta evidente que o avance do exército ruso viuse freado en Kiev, Járcov e outras grandes cidades, nas que os civís están mesturados coas tropas ucraínas, para evitar unha matanza.

Continue reading →

O fin da globalización neoliberal?

A invasión da Ucraína por Rusia implica un salto cualitativo na confrontación entre potencias, e de custe de vidas humanas e destrución. Daquela que as forzas progresistas pidan a paz, que remate a ofensiva rusa, e que vexan como acertadas as reunións que se están a facer na fronteira entre Bielorrusia e a Ucraína as partes directamente involucradas. E, que resulte difícil de entender, para quen non teña en consideración os antecedentes, de meses de negociacións fracasadas entre as grandes potencias e para o cumprimento do acordo de Minsk, que estas xuntanzas non estean alentadas e que non conten coa participación dos Estados Unidos e sobre todo pola Unión Europea e organismos internacionais (entre as potencias só China se ten manifestado a prol dun acordo diplomático). Todo indica que o esforzo fundamental da UE e a OTAN centrase en intervir no conflito facilitando armas a Ucraína (e tamén mercenarios para os batallóns internacionalistas?). Será que as potencias occidentais apostan no esencial por alongar a guerra para desgastar a Rusia, mesmo a costa de estragar a Ucraína? Se fose así a división entre bos e malos neste conflito armado non está tan clara como santifican os partidos políticos e medios sistémicos.

Continue reading →

Visitando un país militarizado: o Curdistan

Hai 25 anos realicei unha viaxe ao Curdistán, controlado por Turquía, como parte dunha delegación europea. Era un intre no que en Europa, e moi especialmente en Alemaña, vivíanse manifestacións e protestas pola cuestión curda. Contaban co apoio de organizacións sociais, sindicais e de dereitos humanos, que pretendían chamar a atención sobre a represión, especialmente no territorio dominado por Ancara, nesta vella nación dividida e sen estado propio. Os feitos eran abraiantes: máis de 900 aldeas destruídas, case 3 millóns de persoas desprazadas, preto dun millón de homes e mulleres interrogadas nos últimos sete anos, uns 20.000 mortos, milleiros de detidos. Era o cru balance da política de asimilación por parte de Turqía, negando até a propia existencia do povo curdo, da súa lingua e das súas tradicións.

Continue reading →

Turquía, Erdogan fai xogo de malabares

O pasado 10 de agosto cumpriuse un século do Tratado de Sévres polo que o Imperio turco, un dos países derrotados na 1ª Guerra Mundial, tivo que pagar un alto prezo perdendo bo parte do seu territorio. Daquela as potencias vencedoras ocuparon grandes áreas: Arabia, Iraq, Siria, Palestina, Líbano… Esta lembranza ten hoxe unha enorme importancia porque todo parece indicar que o papel central que xogou o imperio otomán, e as consecuencias da súa derrota e fragmentación, están moi presentes no proxecto do islamismo turco e nas políticas expansivas de Recep Erdogan.

Continue reading →