Discurso de guerra e reaxuste a todos os niveis

Ás declaracións do Primeiro Ministro polaco, respecto de que a Unión Europea está nunha situación de preguerra, súmase a de outros mandatarios europeos, como as de Macron presidente de Francia que anticipa que estaría disposto a enviar tropas á Ucraína, para evitar que venza nesta guerra a Federación Rusa, ou que se asine un pacto de paz que favoreza a Moscova e fortaleza un mundo multipolar. Ou sexa, que na UE sen consultalo coa povoación, nen tratalo nos parlamentos, estase impoñendo desde os executivos e medios de comunicación sistémicos a mensaxe da belixerancia como única saída. E isto implica que en calquera momento pódese converter o conflito entre Ucraína+OTAN nunha guerra europea e mesmo mundial, malia que ese non sexa o obxectivo final dos que aumentan a tensión. O perigo dunha guerra nuclear son evidentes, cando cada día dáse un novo paso no enfrontamento, e ambas partes contan con medios abondo neste aspecto. Daquela non habería triunfadores, xa que ninguén pode garantir que os ataques fosen localizados e moi limitados.

Continue reading →

Un mundo dividido en dous bloques ou multipolar?

A medida que Rusia consolida o territorio conquistado na Ucraína, que pode ir a mais, dado o desgaste humano do exército de Zelenski e que as sancións económicas e a propaganda imperial non dan os resultados esperados por “occidente”, os Estados Unidos (USA) centra cada vez máis o foco no que lles é esencial, no que sempre foi o centro da cuestión: evitar que China se converta na primeira potencia mundial. Non é algo doado, máxime despois de que China chegase a unha asociación estratéxica con Rusia, Iran… (tamén Arabia Saudí?)

Continue reading →

Os Kinzhal

Hai unha semana producíronse varios ataques de tipo terrorista no interior da Federación Rusa, hai que cualificalos así xa que foron dirixidos contra civís, por parte de mercenarios ao servizo do governo ucraíno, aínda que este negou que o promocionase, algo pouco críbel. Polo que Moscova sentiuse lexitimada diante da povoación mundial para utilizar os mísiles hipersónicos Kinzhal (que teñen un alcance de máis de 2.000 quilómetros, e unha velocidade de 10 mach). É unha decisión que implica un salto cualitativo no plano militar, xa que todo reflicte que os Kinzhal empregáronse co obxectivo de marcar liñas vermellas que van para alén dos actos terroristas comentados.

Continue reading →

Só transformando o sistema acadarase paz e progreso

As análises reflicten no futuro próximo un aumento da inflación, a caída do PIB, o medre da conflitividade entre potencias, e unha desigualdade crecente no reparto dos ingresos entre clases sociais, en practicamente todos os países do mundo. Son prognósticos que deixan reflicten unha tendencia preocupante polo que implica de aumento das contradicións (tamén nuclear, aínda que sexa parcial?). Dende as clases dirixentes, das potencias hexemónicas, botáselle a culpa á guerra Rusia e a Ucraína (+OTAN), algúns engaden as sancións impostas ao país eslavo pola invasión, mais en realidade, como antes a pandemia do covid-19 o que fixo este conflito na periferia máis próxima foi deixar en evidencia o esgotamento do capitalismo (potenciando as diverxencias).

Continue reading →

Tambores de guerra para manter a hexemonía

O ataque con drones contra dúas refinerías sauditas, por parte de hutíes do Iemen, dáse como contestación a agresión do primeiro, con múltiples bombardeos, que causaron milleiros de mortos e a destrución dunha parte importante das infraestruturas. A capacidade militar amosada polos hutíes, co apoio doutros sectores da poboación do Iemen, deixa ao descuberto que está guerra non a vai decidir só quen teña máis medios económicos e militares.

Continue reading →

Presentación de armas no Golfo Pérsico

A estratexia dos Estados Unidos para reverter á tendencia actual do desenvolvemento da economía, favorábel a China e outras potencias emerxentes, vaise volvendo máis perigosa. Xa que utiliza cada vez con maior intensidade a presión militar, o bloqueo e as sancións, a especulación financeira, a propaganda nos medios de comunicación, e o control e espionaxe na rede. Causando un recuar da economía e o sufrimento da poboación nos países atacados, especialmente aqueles máis dependente do comercio exterior, ou con economías pequenas e medias, como son Venezuela, Iran, Cuba, Nicaragua, etc. Mentres que China e Rusia teñen que lle adicar inxentes recursos ao ámbito da defensa e das novas tecnoloxías, para garantir un mundo multipolar.

Continue reading →

Un mundo dividido en bloques

Rusia e Iran anunciaron a pasada semana que deixaran de usar o dólar nos intercambios comerciais, utilizando as súas moedas nacionais ou se fose necesario o euro. China farao de vagar, xa que ten un comercio importante cos Estados Unidos, tamén está a facer o propio, mercando cada vez menos débeda do seu principal socio e adversario máis significativo.

Continue reading →

Unha estratexia ameazante. Que terá resposta

A decisión do Governo dos Estados Unidos de bloquear a todos os niveis a Iran, neste caso intervindo no sistema Swift, pra impedir que a nación persa poda realizar transaccións financeiras normais con outros países. Unha decisión que afecta directamente o sector do petróleo e gas, nos que as corporacións estadounidenses teñen grandes intereses. Pra conseguir dobregar ao Swift así como ás empresas occidentais con investimentos en Iran, Washington ameazou con sancións se mantiñan relacións comerciais de calquera tipo (con excepcións conxunturais). A Unión Europea é contraria xa que considera que Iran está a cumprir os pactos respecto da enerxía nuclear, polo que estraría disposta a artellar métodos de comercio e pago alternativos, que aínda non se concretaron. Iran, pola súa banda, afirma ter medios pra canear o bloqueo estadounidense como xa o fixo antes.

Continue reading →

Siria como parte do conflito global

O derribo dun avión ruso, pouco antes de aterrar, cando se estaba aproximando ao territorio sirio, marca un antes e un despois neste conflito. O suceso debeuse a que as baterías do exército de Assad contestaron o ataque de que catro cazas israelís que disparaban mísiles contra Latakia, utilizando ao avión ruso como paraugas “ocasional”, causando este tráxico resultado. O alto mando ruso culpa a Israel do sucedido, e tanto o Líbano como Turquía amosaron o seu rexeitamento polo ataque.

Continue reading →

A UE e os escenarios posíbeis

Estados Unidos desligouse do Tratado de Non Proliferación Nuclear de Iran. Un acordo do que se gababa Obama, e que ademais fora asinado por Rusia, China, Alemaña, Reino Unido e Francia. A escusa foi, que Teherán seica non cumpría o acordo. Un argumento que contradí todos os informes da OIEA, a organización das Nacións Unidas garante do pacto, mediante comprobacións sobre o terreo. A Trump valéronlle máis, a versión interesada de Israel e as proclamas belicosas da monarquía saudita.

Continue reading →