Discurso de guerra e reaxuste a todos os niveis

Ás declaracións do Primeiro Ministro polaco, respecto de que a Unión Europea está nunha situación de preguerra, súmase a de outros mandatarios europeos, como as de Macron presidente de Francia que anticipa que estaría disposto a enviar tropas á Ucraína, para evitar que venza nesta guerra a Federación Rusa, ou que se asine un pacto de paz que favoreza a Moscova e fortaleza un mundo multipolar. Ou sexa, que na UE sen consultalo coa povoación, nen tratalo nos parlamentos, estase impoñendo desde os executivos e medios de comunicación sistémicos a mensaxe da belixerancia como única saída. E isto implica que en calquera momento pódese converter o conflito entre Ucraína+OTAN nunha guerra europea e mesmo mundial, malia que ese non sexa o obxectivo final dos que aumentan a tensión. O perigo dunha guerra nuclear son evidentes, cando cada día dáse un novo paso no enfrontamento, e ambas partes contan con medios abondo neste aspecto. Daquela non habería triunfadores, xa que ninguén pode garantir que os ataques fosen localizados e moi limitados.

Continue reading →

Cando a táctica afoga a estratexia

Como se a situación non estivese abondo inflamada entre “occidente” e as novas potencias en ascenso (Rusia e China…) e países que queren facer valer súa soberanía, a OTAN vai despregar 90.000 efectivos pra realizar exercicios militares na fronteira coa Federación Rusa durante os próximos catro meses. Esta acción, vai pra alén do simbólico cando se lle suma a participación indirecta da OTAN na guerra da Ucraína, a destrución de Gaza por Israel, os bombardeos no Iemen por USA e a Gran Bretaña, a ocupación de facto de partes de Siria por tropas norteamericanas… A estas accións seica “preventivas e a prol da democracia” de “occidente” hai que engadir as sancións e unha campaña nos medios pra crear unha atmosfera na que só hai bos e malos.

Continue reading →

Costa abaixo e sen freo

O informe deste mes do Banco Mundial indica ca economía “vai camiño de rexistrar o peor desempeño das últimas tres décadas”. Os datos así o amosan. A evolución do PIB real da economía mundial pasou dun aumento do 6,2% en 2021 ao 3% en 2022, e o 2,6% en 2023, e cunha previsión do 2,4% en 2024 e do 2,7% en 2025; ou sexa: está estancada e cunha taxa de crecemento moi baixa. Agora ben, o desenvolvemento non foi igual estes anos para todos os países, e todo reflicte que non o será tampouco no futuro inmediato, salientando a zona euro, Estados Unidos e Xapón, como as economías con menos empuxe. As previsións de medre do PIB destes países, definidas como “economías avanzadas”, sería dun crecemento do 1,2% en 2024 e do 1,6% en 2025.

Continue reading →

Cando na guerra dáse prioridade ao espectáculo

Sen dúbida, que o presidente da Ucraína apareza en todos aqueles encontros que realizan seus aliados e promotores (OTAN-G7), e o exército do seu país ligado a todo tipo de ataques a obxectivos simbólicos, é unha proba de que a guerra está cada día máis decidida a prol de Rusia. É así, porque malia que as declaracións do governo de Zelensky e “occidente” ergan cada vez máis o ton para afirmar o contrario, non se pode ignorar o fracaso da actual ofensiva de Kiev, e sobre todo os resultados negativos das sancións a Rusia, especialmente para a Unión Europea.

Continue reading →

Volven os bloques ou imponse o mundo multipolar?

Todas as previsións respecto da evolución da economía da Unión Europa a curto e medio prazo, son negativas, e é especialmente grave cando se trata de Alemaña, Países Baixos, etc. en xa que cumpren o papel de “locomotora”. Como se desenvolveu o proceso é máis que evidente, incidiu facer fronte e recuperarse dos efectos do covid, e sumouse un novo atranco por mor das múltiples sancións contra Rusia, principal subministrador da enerxía á Unión Europea. Foron uns afectos negativos non calculados pola Comisión Europea, que se agravaron a medida que se impuxeron máis sancións, coa escusa de que ao final ían conseguir o obxectivo de paralizar á Federación Rusa.

Continue reading →

Un mundo dividido en dous bloques ou multipolar?

A medida que Rusia consolida o territorio conquistado na Ucraína, que pode ir a mais, dado o desgaste humano do exército de Zelenski e que as sancións económicas e a propaganda imperial non dan os resultados esperados por “occidente”, os Estados Unidos (USA) centra cada vez máis o foco no que lles é esencial, no que sempre foi o centro da cuestión: evitar que China se converta na primeira potencia mundial. Non é algo doado, máxime despois de que China chegase a unha asociación estratéxica con Rusia, Iran… (tamén Arabia Saudí?)

Continue reading →

Un proxecto de país

Segundo unha información deste xornal dos 4.579 millóns de euros adxudicados á provincia de Ourense desde 2012 só se executaron 1.571 millóns, ou sexa só un terzo do total. O deputado do BNG no Congreso español, Nestor Rego, destacaba nunha rolda de prensa que só un 67,2% dos cartos asinados a Galiza nos orzamentos no 2021 polo Estado español foran executados, mentres que en Madrid, que sempre se queixa pola discriminación, a execución foi moi superior á partida asinada, o 184%. E seica esta dinámica é unha constante. Ou sexa, que de pouco valen os pactos e os acordos, mesmo que o governo sexa da dereita ou da esquerda, se ten ámbito estatal, na inmensa maioría dos casos a nación galega ficou relegada nos orzamentos do Estado.

Continue reading →

Pode occidente frear o multilateralismo?

Todo evidencia que a guerra na Ucraína irá para longo, porque aqueles que lle axudan, como a OTAN e países aliados a esta altura poñen o acento nunha saída militar. Todo amosa que buscan, para alén da escusa da invasión rusa, debilitar a esta potencia emerxente e dar unha lección a China e outras nacións que apostan polo multilateralismo. Só así se entende que non tomaran medidas semellantes respecto do Iemen, ou que non apliquen as resolucións da ONU en relación coa autodeterminación do Sáhara Occidental, Palestina, etc.

Continue reading →

Ucraína e a confrontación entre potencias

Dicir que que Estados Unidos, a Unión Europea, e outros países aliados de occidente, non están intervindo directamente na guerra, cando todos os días envíanse armas a Ucraína, asesorase e adestrase ao seu exército, é considerar á sociedade como parva, ou entender que os medios de comunicación dominantes todo o poden vender por bo aínda que sexa mentira. Ademais, aplícanse todo tipo de sancións a Rusia, mesmo conxelando activos do governo e empresas,

Continue reading →

Os avances científicos deben estar ao servizo do povo

Non tivo que pasar moito tempo pra constatar que con Biden non se ían producir grandes cambios. O aumento das sancións contra Rusia e a continuidade das que se aplican a Venezuela e Iran, o bombardeo a Siria e a decisión de manter tropas indefinidamente neste país e Iraq, malia que estes pediron que se retirasen, deixan en evidencia que no esencial a política exterior será idéntica a da etapa de Trump. Algo previsíbel tendo en consideración os antecedentes da lexislatura de Obama, tanto no plano exterior como na expulsión de inmigrantes irregulares.

Continue reading →