Discurso de guerra e reaxuste a todos os niveis

Ás declaracións do Primeiro Ministro polaco, respecto de que a Unión Europea está nunha situación de preguerra, súmase a de outros mandatarios europeos, como as de Macron presidente de Francia que anticipa que estaría disposto a enviar tropas á Ucraína, para evitar que venza nesta guerra a Federación Rusa, ou que se asine un pacto de paz que favoreza a Moscova e fortaleza un mundo multipolar. Ou sexa, que na UE sen consultalo coa povoación, nen tratalo nos parlamentos, estase impoñendo desde os executivos e medios de comunicación sistémicos a mensaxe da belixerancia como única saída. E isto implica que en calquera momento pódese converter o conflito entre Ucraína+OTAN nunha guerra europea e mesmo mundial, malia que ese non sexa o obxectivo final dos que aumentan a tensión. O perigo dunha guerra nuclear son evidentes, cando cada día dáse un novo paso no enfrontamento, e ambas partes contan con medios abondo neste aspecto. Daquela non habería triunfadores, xa que ninguén pode garantir que os ataques fosen localizados e moi limitados.

Continue reading →

Unha estratexia para o reaxuste?

As cousas non van ven para Unión Europea, especialmente nas súas dúas locomotoras, Alemaña e Francia. Daquela a que cada un destes mandatarios deixe en evidencia propostas e actitudes belixerantes, máis emocionais que políticas, a medida que perden apoio social. En termos económicos o medre do PIB na UE está conxelado ou con crecementos mínimos. Por motivo da perda de capacidade competitiva (por un custe da enerxía máis alto), a caída do sector industrial e das exportacións, e unha actitude cada vez máis confrontativa co seu principal socio comercial: China. Ademais, a incapacidade de dobregar a Rusia na guerra na Ucraína, dá azos á soberanía nos países que tiñan un papel subalterno na cadea de valor. Unha tendencia que cuestiona a orde da globalización neoliberal, coa emerxencia de novas potencias, mentres que aumenta a dependencia da UE respecto dos Estados Unidos.

Continue reading →

Dependencia e exportación de recursos

Son preocupantes as análises respecto da crise da industria en Alemaña, a locomotora da UE, tendo en consideración que é un sector central na actividade económica, polo que as eivas que atrancan o desenvolvemento son importantes. Entre os motivos da crise sen dúbida están o aumento do prezo da enerxía e materias primas, tanto sexa pola guerra na Ucraína e as sancións a Rusia, como polo afastamento planificado nas relacións comerciais con China. Unha estratexia coa que se pretende frear e reverter o avance das potencias emerxentes, e impedir a consolidación dun mundo multipolar. Aínda que até agora os maiores custes desta folla de ruta son para a Unión Europea, que pretendía manter con esta estratexia intacto seu papel subimperialista, xa que na práctica fortaleceu a súa dependencia militar e económica de USA e foi perdendo peso internacional en todo os eidos. 

Continue reading →

A UE sen unha alternativa viábel

As cousas non van ven para Unión Europea; aínda que viña de antes, e trátase dunha situación que se consolidou coa guerra na Ucraína. En termos económicos destaca que o PIB está conxelado ou con crecementos mínimos, especialmente nas súas dúas locomotoras, Alemaña e Francia. Así mesmo resulta evidente que se perdeu capacidade competitiva (por un custe da enerxía máis alto), a caída do sector industrial e das exportacións, polos cativos avances en tecnolóxica e innovacións, e unha actitude belixerante co principal socio comercial: China. Ademais, o rol desempeñado no plano internacional reflexa a incapacidade de dobregar a Rusia na guerra na Ucraína, o que dá forza en materia de soberanía aos países que tiñan un papel subalterno na cadea de valor, así como ás potencias emerxentes: E, o máis grave, aumenta a dependencia da UE respecto dos Estados Unidos, un papel secundario, por debaixo da dinámica de aliados e un rol subimperialista que viña cumprindo con anterioridade.

Continue reading →

O agro toma as rúas

As protestas do sector agrario estendese por toda a Unión Europea. Hai razóns de moito peso, como o aumento do prezo do gasóleo e da enerxía en xeral, as caídas de produción por cambios climáticos cada vez máis intensos, un posíbel acordo co Merco Sur e a UE que sería unha competencia directa en sectores claves, como o cárnico, cereais, etc. Na práctica implica un trato desigual por parte da UE que impón condicións ecolóxicas para os produtos cultivados ou o gando que se cría na Unión que non esixe ás importacións foráneas, como as da Ucraína, Marrocos,… poñendo por diante intereses económicos en beneficio doutros sectores, ou xeo-estratéxicos.

Continue reading →

O agro esperta

Durante os últimos meses as protestas no agro son cada vez máis fortes. Estas encetaron nos países do leste da Unión Europea fronteirizos coa Ucraína, por mor da entrada da produtos agrarios libres de calquera taxa coa escusa da guerra con Rusia, aos que ademais non se lle exixían os mesmos requisitos de calidade que aos producidos dentro da Unión. O corte de estradas dos agricultores contou cun gran apoio social, aínda que desde organismos executivos da UE houbo máis sensibilidade en relación co conflito na Ucraína que preocupación pola situación do agro.

Continue reading →

A lei do máis forte

Durante as últimas semanas houbo masivas protestas de labregos/as en Alemaña, por exemplo: cinco mil de tractores e unhas trinta mil persoas en Berlín o pasado día 15. Unha dinámica que vai a máis, e unha coalición de governo que foi perdendo apoio social. Nas intencións de voto o PSD só atinxe o 15%, os verdes 14%, mentres que o CDU chega ao 31,5% e Alternativa por Alemaña (a ultradereita) ao 21,5%, A Esquerda (Die Linke) o 3,5%…. En poucas palabras, a socialdemocracia neoliberal e as forzas ques e sumaron á coalición, verdes e liberais, están nun retroceso político constante, tanto polo proceso de desindustrialización, por mor do aumento do custe da enerxía pola ruptura con Rusia, como pola intervención na guerra na Ucraína.

Continue reading →

Costa abaixo e sen freo

O informe deste mes do Banco Mundial indica ca economía “vai camiño de rexistrar o peor desempeño das últimas tres décadas”. Os datos así o amosan. A evolución do PIB real da economía mundial pasou dun aumento do 6,2% en 2021 ao 3% en 2022, e o 2,6% en 2023, e cunha previsión do 2,4% en 2024 e do 2,7% en 2025; ou sexa: está estancada e cunha taxa de crecemento moi baixa. Agora ben, o desenvolvemento non foi igual estes anos para todos os países, e todo reflicte que non o será tampouco no futuro inmediato, salientando a zona euro, Estados Unidos e Xapón, como as economías con menos empuxe. As previsións de medre do PIB destes países, definidas como “economías avanzadas”, sería dun crecemento do 1,2% en 2024 e do 1,6% en 2025.

Continue reading →

En crise e alentando a guerra

A economía mundial está marcada pola confrontación entre o bloque histórico imperialista (Estados Unidos e aliados) e o ascenso das potencias emerxentes, que cada vez teñen un papel máis destacado na nova orde mundial, como: China, Rusia, India, Brasil, Indonesia, Iran, Turquía… E todo indica que non son abondo os intentos por mudar esta tendencia por parte de “occidente” malia seu poder militar, desenvolvemento tecnolóxico, control sobre o sistema financeiro e a construción do relato.

Continue reading →

Volven os bloques ou imponse o mundo multipolar?

Todas as previsións respecto da evolución da economía da Unión Europa a curto e medio prazo, son negativas, e é especialmente grave cando se trata de Alemaña, Países Baixos, etc. en xa que cumpren o papel de “locomotora”. Como se desenvolveu o proceso é máis que evidente, incidiu facer fronte e recuperarse dos efectos do covid, e sumouse un novo atranco por mor das múltiples sancións contra Rusia, principal subministrador da enerxía á Unión Europea. Foron uns afectos negativos non calculados pola Comisión Europea, que se agravaron a medida que se impuxeron máis sancións, coa escusa de que ao final ían conseguir o obxectivo de paralizar á Federación Rusa.

Continue reading →