Indonesia, o xenocidio esquecido

Indonesia é hoxe unha das potencias emerxentes de Asía e está asociada aos BRICS. A historia deste país está ateigada de momentos complexos, como durante a etapa da colonización holandesa. E despois da independencia (conseguida en 1949), coa sua participación activa no Movemento de Países Non aliñados, que realizou sua primeira reunión en Bandung no ano 1955. Mais tampouco se debe esquecer como feito significativo a terríbel masacre de 1965-1966. Deste feito cúmprense agora seis décadas, e é un antecedente do xenocidio de Gaza. En ambos casos as potencias occidentais, especialmente os Estados Unidos, xogaron un papel colaborador cunha represión cruel e deshumanizada. Indonesia está integrada por un arquipélago dunhas 3.000 illas, de pouco menos de 2 millóns de quilómetros cadrados, e que en 1960 xa tiña 93 millóns de habitantes, a maioría musulmáns, e unha importante minoría chinesa.

Continue reading →

Rusia e seu grao de desenvolvemento

Os organismos internacionais ofrecen datos sobre o PIB de cada país, tanto na capacidade de merca real (PPA) como no cambio nominal en dólares do produto interior. Normalmente este ultimo é o que se toma como referencia para realizar as comparacións entre eles. Faise mesmo en casos nos que esta valoración distorsiona a produto interno real, por exemplo, cando se trata de países que teñen unha capacidade interna produtiva, de materias primas e produtos elaborados, moi importante e diversa. Unha produción interna que reduce ao esencial as importacións, ou porque existen condicións para poder conseguir este obxectivo en pouco tempo, como se amosou na Federación Rusa (FR); daquela a baixa taxa de desemprego (do 2,3% en outubro de 2024). Consecuencias: o fracaso das sancións impostas polos Estados Unidos e aliados (que participan indirectamente a través da OTAN no conflito armado entre Rusia e a Ucraína). 

Continue reading →

Alentar a guerra… pra gañar tempo?

Hai uns días o Governo español deu un paso máis na súa implicación no conflito armado entre a Federación Rusa (FR) e a Ucraína, asinado acordos que comprometen cada vez máis nesta guerra (na que a OTAN, está metida de xeito indirecto e polo tanto o Estado Español). Todo indica, que tanto as sancións de “occidente” contra a FR como a confrontación sobre o terreo non vai por onde Estados Unidos (USA) e aliados quixeran. A economía Rusa medrou un 3,6% no ano 2023, mentres que por exemplo Alemaña, a locomotora da Unión Europea (UE), recuaba un chisco seu PIB (-03%) e neste ano seica terá un crecemento de só un 0,3%. E no aspecto militar o exército ruso foi tomando cidades claves e avanza de vagar en todas as zonas de liña de fronte, amosando unha superioridade en artillería, control aéreo, tropas e voluntarios, respecto da Ucraína, malia o aumento do apoio da OTAN tanto en armamento como en información dos movementos sobre o terreo ou de obxectivos dentro do territorio da Ucraína e Rusia.

Continue reading →

Seguiranse impoñendo na UE os intereses dunha minoría

Parece evidente que os países que forman a OTAN, especialmente os Estados Unidos (USA) polo seu papel hexemónico, queren impoñer o relato de que entregando máis recursos económicos, así como avións e mísiles de longa distancia á Ucraína, o resultado da guerra pode mudar de orientación, poñendo contra as cordas á Federación Rusa (FR). Polo tanto o cambio estaría garantido polos máis de 60 mil millóns de dólares que vai achegar este ano os USA ao Governo de Zelenski, sumados aos máis de 50 mil millóns que lle entregaría a Unión Europea (UE). As preguntas que non se contestan son: de onde saen hoxe estas achegas e o aumento do gasto militar en cada país? Será en detrimento dos servizos e prestacións básicas?… Está hipotecando Ucraína a sectores claves ou faise por solidariedade?… O certo é que no Estado español EE) pouco se debate no Parlamento destes temas e tampouco se informa abondo á sociedade respecto do aumento dos gastos en defensa e pola participación indirecta na guerra. Son cuestións que se tratan como secretos de Estado, malia ter tanta relevancia pra sociedade.

Continue reading →

A desglobalización colle pulo

Non son poucos os analistas que dan por rematadas as máis de dúas décadas de intenso proceso globalizador sustentado fundamentalmente nas empresas dos Estados Unidos e a Unión Europea (en menor medida Xapón), que saian como grandes triunfadores da caída da Unión Soviética. Un proceso que se completaba con China no papel de industria transformadora e Rusia como produtora de enerxía barata. O aumento constante do comercio internacional confirmaba esta tendencia, que se se ampliou ao control das novas tecnoloxías, o dólar como moeda de cambio e reserva internacional, e centos de bases militares de USA en todo o mundo, que lle daban a esta potencia imperialista un papel cada vez máis hexemónico, e á UE un rol asociado e subimperialista.

Continue reading →

Relacións en pé de igualdade

A guerra na Ucraína, polas súas características e o que está en xogo, foi deixando ao descuberto todas as eivas sobre a que se construíu o modelo da Unión Europea e a nova orde neoliberal establecida coa queda da Unión Soviética. Ou sexa, deixou ao descuberto o capitalismo neoliberal. Por exemplo, na teoría, a UE implicaba unha superación da confrontación entre nacións, un modelo que recollía o mellor de ambos sistemas en disputa (socialismo e capitalismo), primando a xustiza social democracia e solidariedade. Axudaba nesta lectura a descolonización (en moitos casos forzada) e o protagonismo dos Estados Unidos como potencia hexemónica, poñendo en primeiro plano os dereitos individuais, mesmo a costa da igualdade, seu carácter cosmopolita (na realidade tamén racista) seus avances tecnolóxicos, e seu control da información e a cultura de masas.

Continue reading →

Afastando o foco do social

Ninguén ten a esta altura seguridade absoluta de como a guerra na Ucraína pode rematar, especialmente cando o conflito alentase dende moitos países e medios de comunicación, que ven as mortes e a destrución desde o palco. A escusa de que se trata de facer respectar a soberanía carece da mínima argumentación. Máxime cando se interviu para dividir Serbia e crear Kosovo, e os Estados Unidos mantén ocupada parte de Siria con varias bases, e nega retirarse de Iraq malia que llo pide o governo e parlamento daquel país. Desde a caída da Unión Soviética, as regras de xogo acordadas na Segunda Guerra Mundial, son interpretadas en exclusiva polos Estados Unidos a potencia hexemónica.

Continue reading →

Como os sindicatos valoraron a destrución da URSS

No ano 1994, do 21 ao 26 de novembro, celebrouse o XIII Congreso da Federación Sindical Mundial en Damasco, Siria, ao que asistín en representación da CIG. Neste evento os sindicatos da Comunidade de Estados Independentes (11 das repúblicas da ex-URSS, excluíndo a Letonia, Lituania, Estonia e Xeorxia) presentaron un documento, elaborado polo Centro de Estudos Sindicais de Moscova, no que valoraban os erros e acertos da construción da Unión Soviética, e detíñanse como é lóxico naquel intre especialmente na etapa da perestroika, e as perspectivas das modificacións que se estaban a realizando.

Continue reading →

A enerxía, bloques e terceira vía

Como consecuencias das sancións a Rusia por parte do G-7 sobre distintos produtos, servizos e persoas, entre elas a importación de enerxía (gas, petróleo, carbón), e dado que a súa substitución como país produtor non era algo doado, encareceuse o prezo da enerxía, dando folgos á inflación. Todo isto nun contexto no que o comercio internacional aínda non estaba totalmente recuperado dos atrancos provocados pola pandemia do covid-19. Por se non abondase, este ano a seca afectou a produción da enerxía alternativa (que aínda non se pode almacenar abondo). Sen dúbida das máis afectadas por estas sancións e eivas, para alén de Rusia, é a propia UE, xa que a substitución levará tempo, implica grandes investimentos, e manterá alto o custe da enerxía, aínda que non sexa aos valores astronómicos actuais. E isto incidirá nunha perda de competitividade da industria da Unión Europea. Tamén nunha queda das exportacións? En fin, os dados destes meses e as expectativas non son moi positivas neste eido; por vez primeira en décadas Alemaña tivo un saldo exterior negativo.

Continue reading →

Pode occidente frear o multilateralismo?

Todo evidencia que a guerra na Ucraína irá para longo, porque aqueles que lle axudan, como a OTAN e países aliados a esta altura poñen o acento nunha saída militar. Todo amosa que buscan, para alén da escusa da invasión rusa, debilitar a esta potencia emerxente e dar unha lección a China e outras nacións que apostan polo multilateralismo. Só así se entende que non tomaran medidas semellantes respecto do Iemen, ou que non apliquen as resolucións da ONU en relación coa autodeterminación do Sáhara Occidental, Palestina, etc.

Continue reading →