Inmigración: integrar e regular

Que o Congreso español tramitará a iniciativa popular para regularizar a medio millón de persoas que entraron ilegalmente é un paso positivo. Entre os votos favorábeis está o do BNG. Coido que é unha medida correcta, tanto porque permite que estes inmigrantes conten con todos os servizos básicos, así como poder realizar todas as actividades en condicións de legalidade, especialmente con entidades públicas e as sobre todo as de tipo laboral. Fago especial mención a este último aspecto porque o número de regulacións deixa en evidencia a existencia dun importante “mercado negro” de sobre explotación e condicións laborais en precario. E isto non só afecta a este colectivo senón tamén e dun xeito moi negativo ao conxunto da clase traballadora e outros sectores populares, como mínimo en tres aspectos: preme á baixa os salarios e condicións laborais; reduce os ingresos fiscais; e implica un gasto a ter en conta en servizos públicos e axudas sociais.

Continue reading →

A precariedade vai a máis

Segundo Eurostat o desemprego e subemprego no Estado español estaría moi por riba dos dados que nos aportan as estatísticas oficiais. Segundo o Governo o ano 2022 rematou con 3 millóns de persoas en paro, aos que Eurostat suma 1.100.000 subempregadas e 1,07 millóns máis de parados/as que non se contabilizan. Ou sexa, a taxa de desemprego abranguería ao 21,2% da povoación activa, moi lonxe do 12,4% actual da información oficial. Esta tendencia negativa estendese tamén á nación galega, co agravante do rol subalterno na escala de valor que o afecta todo.

Continue reading →

Por unhas condicións laborais dignas

Malia o optimismo do governo e pesimismo da oposición, e mesmo que as diferenzas no programa sexan mínimas, e no esencial ambos sigan as directrices de Bruxelas, que representan os intereses das grandes empresas na UE, mesmo que moitas sexan estadounidenses, e tamén chinas, aínda que nun lugar moi secundario, os datos non son moi optimistas para os vindeiros anos. E isto tanto sucede a nivel da UE, como do Estado español, como da Galiza, que non podía ser unha excepción dado o noso papel subalterno, no político e polo tanto no económico.

Continue reading →

Escravitude e inmigración, man de obra de reserva e integración

Co paso da escravitude ao feudalismo a maior parte da man de obra xa non era escrava. Porén, a escravitude non desapareceu, e seguiu sendo máis ou menos marxinal segundo as zonas ao longo de toda a Idade Media e a Idade Moderna, cun uso masivo perante a colonización de América. Existe unha relación íntima entre a colonización de América, a escravitude de millóns de africanos, e a acumulación de riqueza por parte da nacente burguesía das potencias europeas (así xurdiu o capitalismo globalizado). Isto recreou a dependencia e o atraso, tanto nas colonias americanas como sobre todo nas áreas de África fornecedoras de man de obra escrava.

Continue reading →

Galiza e o tratado de libre comercio cos EE.UU.

A decisión do Governo norteamericano e da Comisión Europea de abrir negociacións pra estabelecer unha zona de libre comercio debería dar lugar a un amplo debate. O argumento, pra dar este paso, máis unha vez, é que permitirá aumentar un 0,5% o PIB. Pouco se di sobre as consecuencias que terá sobre os distintos sectores produtivos, por exemplo o agrícola-gandeiro, xa de por si esmagado pola abertura de mercados e a produción a prezos de dumping (subvencións). Lembremos que os Estados Unidos son unha potencia agrícola, onde se utilizan variedades xeneticamente modificadas na produción, e se abusa dunha man de obra clandestina procedente dos países latinoamericanos. Por non falar das consecuencias sobre as áreas da cultura e información, onde neste intre xa teñen unha clara hexemonía.
Continue reading →