Inmigración: integrar e regular

Que o Congreso español tramitará a iniciativa popular para regularizar a medio millón de persoas que entraron ilegalmente é un paso positivo. Entre os votos favorábeis está o do BNG. Coido que é unha medida correcta, tanto porque permite que estes inmigrantes conten con todos os servizos básicos, así como poder realizar todas as actividades en condicións de legalidade, especialmente con entidades públicas e as sobre todo as de tipo laboral. Fago especial mención a este último aspecto porque o número de regulacións deixa en evidencia a existencia dun importante “mercado negro” de sobre explotación e condicións laborais en precario. E isto non só afecta a este colectivo senón tamén e dun xeito moi negativo ao conxunto da clase traballadora e outros sectores populares, como mínimo en tres aspectos: preme á baixa os salarios e condicións laborais; reduce os ingresos fiscais; e implica un gasto a ter en conta en servizos públicos e axudas sociais.

Continue reading →

Bieito Cupeiro, o Barallobre emigrante

A filla de Bieito Cupeiro reuniuse co concello de Fene para solicitar axuda a fin de que os restos do seu pai puidesen repousar en Barallobre. Os medios salientaban que a sua filla, nacida na Arxentina, falaba correctamente o galego, como é lóxico co acento porteño, o que deixaba constancia, mesmo a este nivel, da coherencia do seu pai. Sería positivo que repousase en Barallobre, non só polo amor á Terra de orixe que profesaba, senón como recoñecemento daqueles que durante a ditadura mantiveron acesas na emigración as reivindicacións democráticas e de xustiza social. A neste aspecto tanto a Irmandade Galega (IG) de Bos Aires, como o Consello de Galiza, entidades nas que el tivo un papel relevante, son lembranza obrigada da loita contra a ditadura e a prol dos dereitos nacionais de Galiza.

Continue reading →

As folgas de marzo e setembro do 72 mudaron miña vida

Despois da folga do mes de marzo de 1972, en Ferrol, hai medio século, Luis Soto escribiume desde México co obxectivo de retornase a Galiza, para me incorporar á loita clandestina contra a ditadura. Eu estaba emigrado na Arxentina na que me criei, estudei e traballei en distintas empresas. Consideraba el que podería axudar no fortalecemento da UPG, organización coa que tomei contacto en 1968, valorando meu activismo na Irmandade Galega e na colectividade emigrada. Mais fundamentalmente niña praxe no movemento estudantil primeiro e na fronte obreira despois, en Vanguardia Comunista, un partido que loitaba na clandestinidade contra as sucesivas ditaduras militares do momento na Arxentina.

Continue reading →

Arxentina, lei de aborto, un dereito e un símbolo

Que a Arxentina se incorpore aos países nos que está legalizado o aborto, e que este teña cobertura da sanidade pública, recupera para as mulleres o dereito a ser plenamente donas do seu corpo. Así debería ser en todo o mundo, sen excepcións. Sen dúbida é un avance importante na rexión, onde son moi poucos os países onde se goza deste dereito, dado o inmensa influencia social e política das organizacións relixiosas, que fan da natalidade unha das súas bandeiras, á marxe da vontade da muller afectada. Pechando os ollos diante dos abortos clandestinos, moitos consecuencia das violacións, e que poñen en perigo a vida das mulleres, ou dos nacementos non desexados forzados pola familia ou entidades relixiosas. Daquela que levase tantos anos, con mobilizacións masivas, e que se debatese varias veces no Congreso arxentino, até conseguir a aprobación.

Continue reading →