Desenvolvemento e soberanía

No período 1732-1768  Galiza tiña o 14% dos habitantes do Estado Español (EE) e producía o 8,3% da renda. Nestes tres séculos, e a bulir dende a Guerra Civil e a ditadura franquista, fomos perdendo renda e poboación. Un proceso que se mantivo malia a conquista de dereitos democráticos básicos e da autonomía coa caída da ditadura, a chamada “transición democrática”. Porque no esencial mantivéronse centralizados, ou cedéronse á Unión Europea, os mecanismos fundamentais de control da economía galega e das relacións laborais, da cultura e dos medios de comunicación… 

Continue reading →

Tan claro como a auga

O pasado fin de semana varios xornais deron a coñecer enquisas sobre as elección do Parlamento galego, nas que con algunhas rectificacións, debido a un recuar da representación do PP, este partido tería garantida a maioría. Con seguridade haberá máis enquisas. Nun mes poden suceder moitas cousas, máxime nunha conxuntura como a actual (que repercusión terá algo tan grave como os pélets). Estas enquisas confirman o actual escenario político, ateigado de incertezas: crise do sistema tanto no estrutural como no ecolóxico; confrontación entre o imperialismo unipolar posterior á caída da Unión Soviética e as potencias emerxentes, no terreo económico, tecnolóxico, militar e do relato en todas as súas vertentes, cun avance destas últimas

Continue reading →

Un imposto que reflicte a dependencia

O imposto temporal sobre as grandes fortunas, aquelas que acumulan un patrimonio de máis de 3 millóns de euros, menos 300.000 da vivenda habitual, terminou sendo un fracaso de recadación aínda que a idea fosa boa. Os ingresos foron 623 millóns de euros, cando se esperaba o dobre. Agora ben o que máis chama a atención é que das 12.010 persoas afectadas polo imposto, nada menos que 10.302 son residentes en Madrid. Ou sexa un 85% da riqueza concentrase na capital do Estado español. No caso da Galiza son 91 persoas que pagaron 9,8 millóns de euros.

Continue reading →

A autorganización e sinónimo de desenvolvemento

Dise que as vindeiras eleccións xerais no Estado español (EE) son decisivas, en realidade sempre se dixo o mesmo de todas as que se fixeron. Aínda que os resultados teñen unha maior relevancia neste intre, nun contexto internacional tan complexo, e cunha disputa tan forte entre as grandes potencias, nas que está en xogo se a hexemonía é unipolar ou se consolida a tendencia a que as relacións de poder teñan un carácter multipolar. E neste aspecto, todo o relativo ao poder e como se exerce, ten importancia como factor determinante cal é o grao de soberanía e dependencia da nación e da clase social que analicemos, por exemplo o país galego e a clase traballadora. E isto resulta máis evidente cando temos en consideración a interrelación entre ambos conceptos e o proceso histórico, tanto na Galiza como noutros países, que hoxe ou/e no pasado estiveron sometidos á colonización, ao neocolonialismo, ou calquera tipo de rol subalterno malia un aparente marco legal común cos territorios que xogan un papel central.

Continue reading →

Uns orzamentos discriminatorios

Vendo o reparto territorial dos orzamentos do Estado nos que a nación galega foi colocada máis unha vez nun plano subalterno. Daquela que o deputado do BNG, Nestor Rego, valorase que: “Galiza estivo ausente na intervención do presidente do Governo español, sendo que abordou medidas para atallar a deriva inflacionaria e as súas consecuencias, anunciando proxectos industriais punteiros, plans de vivendas e infraestruturas con localizacións concretas noutros puntos do Estado, ou PERTEs que moverán millares de millóns, e dos que o noso País, infelizmente, vaise beneficiar máis ben pouco”.

Continue reading →

Xogando co país en “segunda división”

Mais unha vez a nación galega está a xogar na segunda división, o cal amosa o grao de dependencia. Neste caso trátase do reparto territorial pra o ano 2023 dos orzamentos do Estado español. Así o manifestaba o deputado do BNG, Nestor Rego, valorando as intervencións e o debate no Congreso en Madrid: “Galiza estivo ausente na intervención do presidente do Governo español, sendo que abordou medidas pra atallar a deriva inflacionaria e as súas consecuencias, anunciando proxectos industriais punteiros, plans de vivendas e infraestruturas con localizacións concretas noutros puntos do Estado ou PERTEs que moverán millares de millóns e dos que o noso País, infelizmente, vaise beneficiar máis ben pouco”.

Continue reading →

Un proxecto de país

Segundo unha información deste xornal dos 4.579 millóns de euros adxudicados á provincia de Ourense desde 2012 só se executaron 1.571 millóns, ou sexa só un terzo do total. O deputado do BNG no Congreso español, Nestor Rego, destacaba nunha rolda de prensa que só un 67,2% dos cartos asinados a Galiza nos orzamentos no 2021 polo Estado español foran executados, mentres que en Madrid, que sempre se queixa pola discriminación, a execución foi moi superior á partida asinada, o 184%. E seica esta dinámica é unha constante. Ou sexa, que de pouco valen os pactos e os acordos, mesmo que o governo sexa da dereita ou da esquerda, se ten ámbito estatal, na inmensa maioría dos casos a nación galega ficou relegada nos orzamentos do Estado.

Continue reading →

A demografía e o PIB como exemplos

Hai máis de século e medio que o noso país, Galiza, está a perder povoación en relación ao conxunto do Estado español. Concretamente no período 1732-1768 tiñamos o 14% dos habitantes do Estado español e produciamos o 8,3% da renda. Nestes tres séculos, e moi aceleradamente dende a Guerra Civil e ditadura franquista fomos perdendo povoación e renda. É así porque o papel secundario que tiñamos na cadea de valor non obedecía exclusivamente a que unha gran parte da povoación vivía nunha economía agraria de autoconsumo, e a que as conexións coa meseta e Portugal estaban moi por detrás das existentes nos países e rexións da nosa contorna.

Continue reading →

A estratexia da confrontación

O cumio da OTAN realizado en Madrid, no que se xuntaron uns 40 xefes de Estado, entre os que que integran esta organización militar e socios doutros países, optou por botar máis leña ao lume, algo lóxico tendo en consideración que os acordos que tomou na reunión previa o G-7 ían nesta liña. Ademais está é a estratexia histórica dos Estados Unidos que sempre foi a da confrontación. Utilizou a forza ali onde atopou atrancos pra impoñer os seus obxectivos económicos e políticos. Así se reflexa nos tan populares filmes de vaqueiros, na extensión das armas na súa sociedade, que son consideradas parte esencial da liberdade por unha maioría.

Continue reading →

Demografía e dependencia

Se comparamos a evolución demográfica das distintas rexións e nacionalidades do Estado español no último medio século, ou sexa dende o momento de loitas tan transcendentes como as folgas xerais de 1972 en Ferrol e Vigo, ate a situación actual, de impresionantes avances tecnolóxicos, mais tamén de confrontacións, desigualdade e desfeita ecolóxica, vemos reflectida a tendencia dominante na economía. De 1971 ate o ano 2021, segundo datos do INE, a autonomía que máis medrou en termos absolutos foi Madrid, con 3 millóns de habitantes máis, despois veñen Cataluña e Andalucía, con 2,5 millóns cada unha, e logo Valencia con 2 millóns. Estas catro rexións e nacionalidades representan o total do medre de povoación no Estado español neste período.

Continue reading →