O rural rebelde e a unidade obreiro-campesiña

Todo os anos celebrase en Sobredo (Guillarei-Tui) o acto de homenaxe que lembra aos/as mártires desta aldea, cando no ano 1922, hai un século, morreron por tiros da Garda Civil tres labregos, dous homes e unha muller, e foron feridos/as outros dez. Esta represión contra as xentes do rural era daquela unha constante, do que hai moitas testemuñas no século XIX e principios do XX. Deste último período destacan a represión en Oseira (1909, Cea), Nebra (1916, Porto do Son), Sofán (1919, Carballo), etc.

Continue reading →

O primeiro Congreso Agrario Galego

Hai un século realizouse en Tui o primeiro Congreso Agrario de toda a nación galega, os días 28, 29 e 30 de xullo, e foi todo un éxito. Foi promovido pola Federación Provincial Agraria de Ourense, dando continuidade ás sete asembleas agrarias, que comezaron en 1908 en Monforte e remataron en 1919 na Coruña, e das que dúas fixéronse na vila de Ribadavia.

Continue reading →

O rural rebelde

Celebrouse en Sobredo (Guillarei-Tui) o acto homenaxe que lembra aos mártires da represión nesta aldea. Aconteceu no ano 1922, cando ó día 28 de novembro morreron por tiros da Garda Civil dous homes e unha muller, ademais foron feridos/as máis dunha ducia. Este tipo de accións represivas contra as xentes do rural deuse con gran intensidade perante o século XX, como en Oseira (Cea), Nerga (Porto do Son), Sofán (Carballo), etc. Contra a opinión que hoxe moitas veces se ten do mundo rural galego como un verxel carente de conflitividade, agás por cuestións moi especificas, en comparanza coa mobilización ligada ás cidades e grandes vilas nunca foi así. Trátase dunha valoración incorrecta, que esquece que até hai poucas décadas, antes do proceso que baleirou de persoas estas áreas, as xentes do rural tiveron un papel destacado nas loitas reivindicativas e defensivas diante dos múltiples atropelos.

Continue reading →

Sobredo, o rural rebelde

O pasado 28 de novembro celebrouse en Sobredo (Guillarei-Tui) o acto homenaxe que lembra aos mártires desta aldea, cando no ano 1922, ese día morreron por tiros da Garda Civil tres labregos, dous homes e unha muller, e foron feridos/as outros dez. Esta represión contra as xentes do rural repetiuse noutros lugares da Galiza, como en Oseira (Cea), Nerga (Porto do Son), Sofán (Carballo), etc. Eran algo común, non se trata de lembranzas da excepción. Contra a opinión que hoxe se puidera ter do mundo rural galego como un verxel carente de conflitividade social, agás por cuestións moi especificas, en comparanza coa mobilización ligada ás cidades e grandes vilas. Unha valoración incorrecta, que esquece que até hai poucas décadas, antes do proceso que baleirou de xente estas áreas, tiveron un papel destacado nas loitas reivindicativas e defensivas diante dos múltiples atropelos. Como exemplo os sucesos de Sobredo.

Continue reading →

Sangue e bágoas, dignidade e rebeldía na loita contra os foros

Hai agora 110 anos, o 5 de xaneiro de 1908, constituíuse o Directorio Antiforista de Teis. Abríase deste xeito unha nova etapa, máis organizada e menos espontánea, na loita das xentes do rural contra os foros. Estes afogaban o desenvolvemento agrario e da sociedade galega en xeral. A xeneralización dos foros como contrato agrario deuse na Galiza dende a Idade Media, e converteuse en hexemónico entre os labregos e labregas. O pagamento das rendas facíase en especie e en diñeiro, sendo maioritaria a primeira forma (98,3%). Ate a desamortización de 1836, as institucións relixiosas eran as maiores outorgantes de foros. Despois, a maioría deles pasarían a mans de pequenos rendeiros urbanos, aínda que eran os grandes propietarios os que controlaban o rural, os caciques, grazas ao seu peso político e relacións coas estruturas de poder.

Continue reading →

O Primeiro Congreso Agrario na Galiza

Promovido pola Federación Provincial Agraria de Ourense realizouse, hai agora noventa e un anos, o primeiro Congreso Agrario de ámbito galego. Deste xeito dábase continuidade ás sete asembleas agrarias, que comezaron en 1908 en Monforte e remataron en 1919 na Coruña, e das que dúas se fixeron na vila de Ribadavia. Este Congreso Agrario realizouse os días 28, 29 e 30 de xullo de 1922 na cidade de Tui, e foi todo un éxito.
Continue reading →

Axitación obreira no Ourense Republicano

Hai agora pouco máis de oitenta anos vivíronse momentos dunha gran confrontación social por mor da paralización das obras do ferrocarril Zamora-Coruña, que afectaron moi especialmente ao tramo da provincia de Ourense. Un ano antes, en xuño de 1931, xa se fixera unha folga por idéntica razón, que deu lugar á mobilización dos obreiros, protestas institucionais e, ao abeiro do conflito, á declaración do Estado Galego en Ourense e Compostela, por parte de sectores da vangarda política. Neste feito tivo un importante protagonismo Antón Alonso Ríos.

Continue reading →