O rural rebelde e a unidade obreiro-campesiña

Todo os anos celebrase en Sobredo (Guillarei-Tui) o acto de homenaxe que lembra aos/as mártires desta aldea, cando no ano 1922, hai un século, morreron por tiros da Garda Civil tres labregos, dous homes e unha muller, e foron feridos/as outros dez. Esta represión contra as xentes do rural era daquela unha constante, do que hai moitas testemuñas no século XIX e principios do XX. Deste último período destacan a represión en Oseira (1909, Cea), Nebra (1916, Porto do Son), Sofán (1919, Carballo), etc.

Continue reading →

Nebra, a represión como sistema, e a alianza obreira-campesiña

Malia que as autoridades culparon os labregos e labregas de que fose inevitábel a represión do 12 de outubro de 1916 en Nebra, Porto do Son, e así o divulgaron moitos dos xornais da época, resulta evidente que non era certo. As persoas que intentaron evitar o embargo, por non pagar un imposto especial do concello. Este trabuco fora decidido pola corporación municipal, que deste xeito quería saldar o déficit nas contas do Concello de 1915, e que a Deputación da Coruña lle esixía pagar. Os/as concentrados non portaban fouces ou calquera outro trebello de traballo que permitise unha agresión, tal como se evidencia no feito de que só houbo dous gardas civís con contusións leves. Asemade, os labregos/as fixeran previamente xestións, tanto diante do Concello como do Governo civil para evitar o pago do imposto, ou para adialo no tempo, sen ningún resultado positivo.

Continue reading →

O primeiro Congreso Agrario Galego

Hai un século realizouse en Tui o primeiro Congreso Agrario de toda a nación galega, os días 28, 29 e 30 de xullo, e foi todo un éxito. Foi promovido pola Federación Provincial Agraria de Ourense, dando continuidade ás sete asembleas agrarias, que comezaron en 1908 en Monforte e remataron en 1919 na Coruña, e das que dúas fixéronse na vila de Ribadavia.

Continue reading →

O rural rebelde

Celebrouse en Sobredo (Guillarei-Tui) o acto homenaxe que lembra aos mártires da represión nesta aldea. Aconteceu no ano 1922, cando ó día 28 de novembro morreron por tiros da Garda Civil dous homes e unha muller, ademais foron feridos/as máis dunha ducia. Este tipo de accións represivas contra as xentes do rural deuse con gran intensidade perante o século XX, como en Oseira (Cea), Nerga (Porto do Son), Sofán (Carballo), etc. Contra a opinión que hoxe moitas veces se ten do mundo rural galego como un verxel carente de conflitividade, agás por cuestións moi especificas, en comparanza coa mobilización ligada ás cidades e grandes vilas nunca foi así. Trátase dunha valoración incorrecta, que esquece que até hai poucas décadas, antes do proceso que baleirou de persoas estas áreas, as xentes do rural tiveron un papel destacado nas loitas reivindicativas e defensivas diante dos múltiples atropelos.

Continue reading →

Sobredo, o rural rebelde

O pasado 28 de novembro celebrouse en Sobredo (Guillarei-Tui) o acto homenaxe que lembra aos mártires desta aldea, cando no ano 1922, ese día morreron por tiros da Garda Civil tres labregos, dous homes e unha muller, e foron feridos/as outros dez. Esta represión contra as xentes do rural repetiuse noutros lugares da Galiza, como en Oseira (Cea), Nerga (Porto do Son), Sofán (Carballo), etc. Eran algo común, non se trata de lembranzas da excepción. Contra a opinión que hoxe se puidera ter do mundo rural galego como un verxel carente de conflitividade social, agás por cuestións moi especificas, en comparanza coa mobilización ligada ás cidades e grandes vilas. Unha valoración incorrecta, que esquece que até hai poucas décadas, antes do proceso que baleirou de xente estas áreas, tiveron un papel destacado nas loitas reivindicativas e defensivas diante dos múltiples atropelos. Como exemplo os sucesos de Sobredo.

Continue reading →

Nebra, historia dunha infamia

2011-10-12-porto-do-son-praca-mortos-en-nebra-p1340659-4Este foi o título escollido por Xerardo Díaz Fernández para o seu libro sobre os tráxicos acontecementos ocorridos na parroquia de Nebra, no concello de Porto do Son, o 12 de outubro de 1916. Cinco persoas mortas, das cales tres faleceron posteriormente por mor das feridas. Catro das vítimas son mulleres, o que as coloca na primeira liña da confrontación. Os nomes dos mortos/as son os seguintes: Rosa Cadórniga Maneiro, Francisca Carou, Antonio Sobrado Luaces, Ramona Súarez Pouso, e Xenerosa Vidal. Gañaron o dereito a ser lembradas, forman parte dese exército, inmenso na Galiza, de loitadores/as anónimos a prol da xustiza, a dignidade e a liberdade.

Continue reading →

Tractores nas rúas

2015-09-10 P1080323 mani sector lacteo compostelaAs dúas grandes revolucións económicas da Galiza presente foron a pesqueira e a gandeira. A primeira alentada por unha burguesía urbana costeira, progresista. A segunda por milleiros de pequenos propietarios rurais, labregos do interior, moitos retornados da emigración. Porén, nas nacións dependentes, os esforzos do pobo común, cando carecen de poder político, terminan por ser afogados pola cobiza dos donos do poder. Este é o caso do sector leiteiro, como séculos antes pasou coa industria do liño.

Continue reading →

O Primeiro Congreso Agrario na Galiza

Promovido pola Federación Provincial Agraria de Ourense realizouse, hai agora noventa e un anos, o primeiro Congreso Agrario de ámbito galego. Deste xeito dábase continuidade ás sete asembleas agrarias, que comezaron en 1908 en Monforte e remataron en 1919 na Coruña, e das que dúas se fixeron na vila de Ribadavia. Este Congreso Agrario realizouse os días 28, 29 e 30 de xullo de 1922 na cidade de Tui, e foi todo un éxito.
Continue reading →

Traxedia en Oseira

O noso sempre foi un país inquedo e creativo, tanto no cultural como na loita social. A dependencia colonial sen lugar a dúbidas xerou moitas eivas e impuxo atrancos abondo, porén non dobregou a capacidade de loita do noso povo. Por exemplo, o 22 de abril cumpriuse un século dunha deses epopeas que amosan o inconformismo da nosa xente, refírome ao tráxico suceso de Oseira, no concello de Cea, e nos que se verá envolta a garda civil e máis a igrexa.
Continue reading →

A Primeira Asembleia agraria

O vindeiro 15 e 16 de Agosto fará cen anos que se realizou a Asembleia Agraria de Monforte, a primeira xa que se farían tres nesta importante vila da Galiza interior. Non foi un feito máis, especialmente se temos en conta que daquela o campesiñado era a inmensa maioría da povoación activa e desde a metade do século dezanove estaba en permanente axitación, da que hai que destacar dous fitos importantes, un durante o Sexenio e outro a partires de 1885. Nesta segunda etapa houbo algúns motíns graves, como “no ano 1892 en Pontevedra, na zona agraria, en 1894 en Salcedo (perto da mesma cidade) con tres labregos mortos. En 1896 en Toen (Mugares) cando un alguacil é queimado nun forno público. En 1897 hai motíns en Valdeorras…” (Barreiro Fernández, Historia de Galicia, Idade Contemporánea).
Continue reading →