“Xermolos sindicais”, así xurdiu o sindicalismo nacionalista e combativo

Hai medio século, durante os últimos anos do franquismo, a Fronte Obreira (FO) da Unión do Povo Galego (UPG) daba un novo paso na creación dunha estrutura que servise de base para a construción dunha central sindical nacional, democrática e de clase, unha vez lograda a caída da ditadura. A FO obreira constituirase a nivel nacional na primavera de 1973, nunha reunión de media ducia de persoas, de Vigo e Compostela, feita nun prado rente do rio Ulla, preto da ponte do mesmo nome entre a capital de Galiza e a vida da Estrada.

Continue reading →

Dalo todo pola nación galega

A traxedia aconteceu o 12 de agosto de 1975, na rúa da Terra na cidade de Ferrol e a poucos pasos da praza de Armas, cando Xosé Ramón Reboiras Noia, obreiro, enxeñeiro técnico, dirixente da UPG, morría tiroteado pola policía da ditadura franquista. Tiña só 25 anos. Relataba posteriormente un veciño “escoitei tres rafagas de metralladora sobre as tres menos cuarto da mañá… dúas horas despois guindaron unha bomba de gases lacrimóxenos, utilizaron o megáfono para que se rendera… ouviuse un disparo illado e a continuación rematou todo”. Este asasinato coincidía no tempo co despido o día nove de 1.250 operarios das auxiliares en As Pontes, por mor dun conflito laboral, o que nos dá unha fotografa do momento.

Continue reading →

Moncho Reboiras, unha lembranza necesaria

Como pasa o tempo, xa hai case medio século, 48 anos, que Moncho Reboiras foi asasinado en Ferrol pola policía da ditadura, o 12 de agosto de 1975. Reboiras foi unha figura clave no nacemento do sindicalismo nacionalista, tanto da Fronte Obreira da Unión do Povo Galego na primavera de 1973, como posteriormente na constitución do Sindicato Obreiro Galego (SOG) en maio de 1975. Co remate da longa noite de pedra do franquismo, o SOG daría lugar á ING, logo á INTG, despois viría a ruptura en 1985 e posteriormente a unificación da INTG+CXTG na Confederación Intersindical Galega (CIG).

Continue reading →

Reboiras, activista exemplar

Hai 46 anos como consecuencia da represión desapiadada da ditadura franquista era asasinado pola policía o 12 de agosto o dirixente da UPG Ramón (Moncho) Reboiras Noia, na rúa da Terra na cidade de Ferrol. Moncho foi unha figura clave no nacemento do sindicalismo nacionalista, tanto da Fronte Obreira da Unión do Povo Galego, nacida na primavera de 1973, como nos xermolos sindicais que deron corpo ao Sindicato Obreiro Galego en maio de 1975. Co remate da longa noite de pedra do franquismo o SOG e outros sindicatos de sector constituirían a ING, novas integracións deron vida á INTG. Logo viría a ruptura da CXTG en 1985 e en 1994 a unificación na CIG.

Continue reading →

Reboiras, transformar colectivamente

O 12 de agosto de 1972 no Ferrol, a primeira hora, os disparos de metralleta da policía franquista segaron a vida de Xosé Ramón Reboiras Noia, militante da Unión do Povo Galego. Foi un asasinato, como confirmaron os feitos e as testemuñas. A ditadura quería esmagar o rexurdir do nacionalismo galego que loitaba pola democracia, a xustiza social, e o dereito á autodeterminación. Despois seguiron as detencións ou refuxiarse en Portugal, onde a Revolución do Cravos abría unha xeira de liberdade e ilusións, e por parte dos/as activistas no interior a mellorar o traballo político e social clandestino.

Continue reading →

O SOG, cerna do sindicalismo nacionalista.

O 1º de Maio de 1975, hai agora 45 anos, nacía o Sindicato Obreiro Galego (SOG) erguendo as bandeiras da unidade, a democracia, a loita contra a explotación, a soberanía nacional e o internacionalismo. A constitución do SOG era lóxica, xa que a Unión do Povo Galego (UPG), co obxectivo da acadar a liberación nacional e social de Galiza, pretendía organizar as clases populares a todos os niveis, e moi especialmente a clase obreira. O primeiro paso foi a creación da Fronte Obreira pola UPG, na primavera de 1973, e ao ano seguinte xurdirían os “xermolos sindicais” que expresaban o rápido espallamento da iniciativa. Estes últimos terían como voceiros boletíns comarcais, que servían de comunicación directa coa clase operaria, tanto para informar como para formar: Xerme na Coruña, Adiante en Vigo, Galego en Compostela, Ferramenta en Ferrol, e Obradoiro en Ourense. Neste proceso, entre outros/as, tivo un papel relevante Moncho Reboiras, que foi asasinado pola policía franquista no Ferrol o 12 de agosto de 1975.

Continue reading →

Moncho Reboiras na lembranza

Escoitei tres rafagas de metralleta sobre ás tres menos cuarto da mañá… dúas horas despois guindaron unha bomba de gases lacrimóxenos, utilizaron o megáfono para que se rendera… ouviuse un disparo illado e a continuación rematou todo”. Así contaba unha testemuña como hai 43 anos, o 12 de Agosto, a policía da ditadura mataba na rúa da Terra, no Ferrol, a Moncho Reboiras Noia, dirixente da Unión do Povo Galego, persoa chave na construción das “frontes de traballo” cultural e obreira. Ambas “frontes” tiñan o obxectivo de se transformar en organizacións de masas. E así foi, especialmente no ámbito obreiro, onde os xermolos sindicais e o Sindicato Obreiro Galego (SOG) foron alicerces dun proxecto sindical que, despois dunha historia complexa e moita aprendizaxe da práctica, deu como resultado o que hoxe é a CIG.

Continue reading →

Moncho Reboiras: vivir ao servizo do povo

1977 08 12 cartaz upg, moncho reboiras q(ver)Todo aconteceu hai agora 41 anos, o 12 de agosto de 1975, na rúa da Terra da cidade de Ferrol, a poucos pasos da praza de Armas, cando Xosé Ramón Reboiras Noia, obreiro, enxeñeiro técnico, dirixente da UPG, era asasinado pola policía da ditadura franquista. Tiña só 25 anos. Un veciño relataba posteriormente para un xornal: “escoitei tres ráfagas de metralladora sobre as tres menos cuarto da mañá… dúas horas despois guindaron unha bomba de gases lacrimóxenos, utilizaron o megáfono para que se rendera… ouviuse un disparo illado e a continuación rematou todo”. Este tráxico feito, que terminaba coa vida dun dos referentes do nacionalismo galego do momento, coincidía co despido o día nove de 1.250 operarios das auxiliares nas Pontes, por mor dun conflito laboral.

Continue reading →

Moncho Reboiras, morto porque Galiza viva

1977 08 12 cartaz upg, moncho reboiras q(ver)Moncho Reboiras Noia criárase en Teis, un dos barrios máis populares de Vigo, moi preto da factoría Vulcano. Polo seu traballo de electricista, durante a década dos 70 viviu tamén noutras cidades galegas. O 12 de Agosto de 1975, foi asasinado pola policía franquista nun portal da rúa da Terra en Ferrol, a poucos metros do edificio do Concello, despois dunha persecución polos tellados de varios edificios. Reboiras era unha persoa nova, tiña 25 anos, de face sorrinte, cun engado persoal evidente, sempre disposto a traballar polo país, a escoitar máis que falar, e que sabía o que quería.

Continue reading →

A Revolución dos Caraveis e a UPG

A Revolución dos Caraveis foi un berro de liberdade que se escoitou moi forte desta banda do Miño, na Galiza, e que deu máis folgos aos partidos políticos e organizacións sociais que loitaban dende a clandestinidade contra a ditadura franquista. Por pór exemplo, no voceiro da Unión do Povo Galego (UPG) baixo o título “Carta ao movemento militar” dicíase: “Todo o povo galego vibra de solidariedade e entusiasmo. Os muros das nosas aldeas e cidades énchense de letreiros nos que se le ¡Viva Portugal! Xamais a conciencia da antiga unidade cultural galego-portuguesa foi tan lúcida no corazón das masas oprimidas da nación galega… E si a vosa liberdade é tamén a nosa liberdade, a UPG quere facer chegar ao Movemento Militar (que fixo posíbel a actual conxuntura co seu valor, co seu patriotismo e a súa impecábel técnica profesional) a testemuña da súa admiración e o desexo de que as persoas que participaron e participan nel manteñan con firmeza o camiño que conduce á liberación do pobo portugués, liberación sen dúbida inseparábel da liberación dos territorios oprimidos de Angola, Mozambique, Guine e Cavo Verde…”. (Terra e Tempo, maio de 1974). Remataba este texto coas seguintes consignas: Viva a unidade de Galiza e Portugal! Viva a democracia popular!
Continue reading →