Cambio climático

Pra tratar a desfeita ecolóxica e neste caso poñer o acento nas axudas aos países  cun baixo nivel de desenvolvemento que están a sufrir máis duramente seus efectos, realizarase entre o 6 e 18 de novembro en Exipto a 27ª Conferencia da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP27). Terán como base as conclusións da COP26 e as medidas esenciais tomadas pra abordar a emerxencia climática. Iniciativas que van desde a redución urxente das emisións de gases de efecto invernadoiro, á creación de resiliencia e a adaptación ás inevitábeis consecuencias do cambio climático, así como o relativo aos compromisos de financiar axudas neste tema pra os países en desenvolvemento. 
Continue reading →

Ecosistema: cambios parciais ou sistémicos?

O informe da ONU, respecto da gravidade da situación climática e ecolóxica en xeral, amosa ate que punto o modelo económico e social imperante non deu resolto o necesario equilibrio entre o ser humano e a natureza. E todo indica que a globalización neoliberal, malia os seus inmensos avances científico e técnicos non fixo máis que agravar o problema. É moito ten que ver coa economía de escala, o desequilibrio demográfico, o amoreamento urbano, a estrema mobilidade de bens e persoas, as guerras interminábeis e destrutivas, a cobiza…

Continue reading →